7. FORTALECEMENTO DO PODER REAL

Que cosa es rey, et cómo es puesto en lugar de Dios.

Vicarios de Dios son los reyes cada uno en su regno puestos sobre las gentes para mantenerlas en justicia et en verdad quanto en lo temporal, bien así como el emperador en su imperio.

(Afonso X o Sabio, S XIII )

https://i0.wp.com/www.cervantesvirtual.com/bib/bib_autor/alfonsoelsabio/graf/fotos/alfonso/34918_00065_s.jpg

Coa monarquía medieval deixou de haber vacío de poder unha vez que o rei morría: «¡Morreu o rei, viva o rei!»: a morte do monarca significaba de xeito inmediato a coroación do seu sucesor, normalmente o fillo primoxénito .

 Co sistema feudal e a vasalaxe, os monarcas perderon parte dos seus poderes sobre o reino. Agora, os reis queren recuperar ese poder e entran en loita contra o poder dos señores feudais.

 Nese enfrontamento van ser elementos de gran importancia:

 –  O apoio nas renacidas cidades, burgos e vilas. Os seus habitantes – a burguesía que se adica á artesanía e comercio – e os campesiños que van xurdindo arredor delas están libres do poder dos señores.  Os servos que poideran probar que permaneceron un ano e un día nunha cidade sen ser reclamados polo seu señor, convertíanse en homes libres.

O rei, para gañar o seu apoio, concede ás cidades e vilas privilexios económicos e políticos. Así, por exemplo concede unha carta de poboamento dun lugar: carta pobra ( p.ex. de aí o nome de A Pobra )  ou un propio goberno independente do señor feudal: o municipio ou concello ( concejo en castelá), que elixe aos seus propios gobernantes.

https://i0.wp.com/1.bp.blogspot.com/-q6ScfAapQM4/TzY_lFjuPuI/AAAAAAAADEQ/2DmGbNpgs48/s1600/ciudad+mmedieval+4.jpg

 –  Os Parlamentos ou Cortes: asembleas convocadas polo rei e nas que se reunían os nobres, o alto clero e os burgueses. A función principal era aprobar novos impostos e axudas ao reino. Segundo os países recibían diferentes nomes: Cortes en España, Estados Xerais en Francia, Dieta no Sacro Imperio Xermánico ( Alemaña ) ou Parlamento en Inglaterra. Con estas convocatorias, os reis pretendían rabaixar o poder dos nobres ao contar co apoio dos burgueses.

Parlamento medieval

Parlamento medieval

 –  Outros elementos que fortalecen o poder real: exército propio ( sen ter que contar co exército dos nobres), corpo de funcionarios ás ordes do monarca, sometemento da nobreza pola forza, …

MAPA EUROPA S XIV

Posted on 1 de Decembro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: