Arquivo do blog

5. A HIDROGRAFÍA EN MAPAS

OS GRANDES RÍOS DO MUNDO

OS RÍOS DE EUROPA

OS RÍOS DA PENÍNSULA IBÉRICA

* Ríos da vertente cantábrica: proveñen na súa maioría da Cordilleira Cantábrica, polo que son moi curtos, salvan unha gran pendente nun curto espazo ( son moi erosivos ) e son moi caudalosos.

Río da vertente atlántica: Na súa maioría discorren pola Meseta, son longos e cun caudal irregular ( no verán disminúen moito o seu caudal)

* Ríos da vertente mediterránea: son curtos, con irregular  caudal, moi escaso nos meses do verán.

OS RÍOS DE GALICIA

O relevo  galego, xunto coa abundacia de precipitacións, favorece a existencia dun elevado número de ríos, curtos, caudalosos e regulares. En Galicia temos 2 vertentes:

Cantábrica: moi curtos e con pendentes fortes.

Atlántica: son máis longos e caudalosos, pero con pendentes máis suaves.

 

Advertisements

3. AS AUGAS MARIÑAS

Fonte: Wikipedia

Fonte: Wikipedia

As augas mariñas teñen a característica principal de que son salinas, ainda que presentan diferente salinidade segundo sexan océanos e mares abertos, coma o Cantábrico, ou  pechados coma o Mediterráneo ou o mar Morto. Por exemplo, neste último a salinidade é  10 veces máis ca un océano : as augas do mar Morto conteñen 35 gramos por litro.

A temperatura pode variar ente -2oC das augas polares e 36 oC do Golfo Pérsico, ainda que o promedio é duns 17 oC

A pesares do que podes pensar, as mareas e as ondas non son os únicos movementos das augas mariñas. As correntes mariñas son verdadeiros ríos nos océanos.

A auga dos océanos móvese constantemente en grandes círculos: son as correntes mariñas, que poden chegar a ter miles de quilómetros e que están gobernadas ou son provocadas por 3 causas principais:

O vento, o movemento de rotación terrestre e a corrente termohalina.

Fonte: ClimaEuCambio ( Climántica )

Así créase un sistema de grandes correntes, que ten a súa orixe na zona ecuatorial. As correntes ecuatoriais cálidas vanse desprazando cara ao oeste e ao chocar cun continente desvíanse cara ao norte e ao sur. Son:

  • a corrente nor e sur–ecuatorial

  • a corrente do Golfo (Gulf Stream)

  • a corrente de Kuro-Chivo

Ao moverse atraen cara á zona intertropical augas frías dos fondos ou das zonas polares. Son as correntes frías de:

  • Groenlandia e Labrador

  • Canarias

  • Benguela

  • California

  • Humbolt ou de Perú

  • Malvinas (ou Falkland)

  • Oya-Chivo

As correntes mariñas teñen moita influencia sobre os climas da Terra, aspecto que analizaremos no seu momento.

E non podemos esquecer que nas correntes frías existen ricos caladoiros de peixe que fan que a frota pesqueira galega percorrera máis de medio mundo: Terranova, Malvinas ou Namibia, por poñer tres claros exemplos.