Arquivo do blog

Grandes unidades do relevo continental

Advertisements

O RELEVO DE GALICIA

O territorio galego, cunha superficie de 29.574 km2, sitúase na zona NO da Península Ibérica tendo coma límites terrestres Asturias, Castela-León ( León e Zamora ) e Portugal, e marítimos o O. Atlántico e o Mar Cantábrico.

O conxunto da paisaxe galega está constituida por un macizo constituido por rochas antigas e moi erosionadas. Podemos dividir o relevo galego nas seguintes unidades:

1.- Chairas litorais: estreitas chairas que se extenden por toda a costa de Galicia.

2.- Serras litorias: pequenas serras de pouca altitude ( uns 500 m ) coma a do Barbanza.

3.- Escalón de Santiago: ascensión do terreo cara o interior desde as costas.

4.-  Serras Centrais e Septentrionais: tamén chamadas Dorsal galega, constituida por pequenas serras de non moita altitude ( 1000 m ):

  • Xistral

  • Serra Faladoira

  • Serra da Loba

  • Serra Cova da Serpe

  • Serra do Faro

  • Serra do Suido

5.- Terra Chá lucense: meseta duns 400 m de altitude situada ao norte, na provincia de Lugo.

6.- Depresións de Ourense, percorrida polo río Miño

7.-Serras Orientais: as montañas máis altas do país:

  • Serra de Meira

  • Ancares ( Penarrubia, 1822 m )

  • Courel

  • Serra do Eixe ( Pena Trevinca , 2.127 m )

  • Serra de Queixa ( Cabeza de Manzaneda, 1778 m )

Galicia ten unha costa duns 1.500 km temos que destacar as rías e os cabos. As rías podemos dividilas en:

  1. Rías Altas: Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro, Ortigueira.

  2. Rías do Golfo Ártabro: Ferrol, Betanzos, A Coruña.

  3. Rías da Costa da Morte: Corme e Laxe, Camariñas, Corcubión

  4. Rías Baixas: Muros e Noia, Arousa, Pontivedra, Vigo.

Os cabos máis salientabeis son: Punta Estaca de Bares ( marca o comenzo do Mar cantábrico e é o punto máis septentrional da Península Ibérica), Ortegal, Prior, Vilán, Touriñán, Fisterra, Corrubedo e Silleiro.

O RELEVO DA PENÍNSULA IBÉRICA

A Península Ibérica está localizada no extremo SO de Europa. A maior parte da súa superficie corresponde a territorio español ( 504.782 km2), pertencendo o resto a Portugal ( 92.072 km2) e Andorra ( 468 km2).

Os seus límites terrestre están marcados polos Pirineos e os marítimos polo Océnao Atlántico, o Mar Cantábrico, o Mar Mediterráneo e o Estreito de Xibraltar.

En España, saíndo do territorio peninsular podemos destacar as Illas Baleares no Mediterráneo e as Canarias no O. Atlántico frente ás costas do Sáhara, así coma as cidades de Ceuta e Melilla no Norte de África. Asi mesmo, en Portugal destacan no O. Atlántico as Illas Azores e as Madeira.

O relevo peninsular ten unha altitude media de 660 m, sendo o segundo país máis alto de Europa despois de Suiza ( situada nos Alpes cunha altitude media de máis de 1.300 m ).

Podemos dividir o relevo peninsular en 4 bloques:

1.- Meseta Central ( entre 600 e 700 m de altiude media ). Abarca unha gran parte da superficie peninsular e podemos dividila en:

  • Meseta Norte, percorrida polo río Douro.

  • Sistema Central, cadea montañosa que divide a meseta en dúas partes. Destaca o pico Almanzor ( 2.592 m )

  • Meseta Sur, dividida  en dúas partes polos Montes de Toledo, cada unha delas percorridas polos ríos:

    • o Texo
    • o Guadiana

2.- Rebordos montañosos da Meseta: cadeas montañosasa que rodean a meseta :

  • Macizo Galego ( Pena Trevinca, 2.127 m ) e Montes de León ( Teleno, 2.188 m )

  • Cordilleira Cantábrica, na que destacan os Picos de Europa e o pico Torre Cerredo ( 2.648 m )

  • Sistema Ibérico, destacando o Moncaio ( 2.213 m )

  • Serra Morena

 3.-Undidades exteriores á Meseta:

  • Montes Vascos

  • Pireneos, co Aneto coma cumbre máis alta ( 3.404 m )

  • Cordilleira Costeira Catalá

  • Cordilleira Béticas, con dúas cimas en Serra Nevada ( Granada ): Mulhacén ( 3.478 m ) e Veleta ( 3.392 m )

 4.-  Grandes depresións exteriores:

  • Depresión do Ebro

  • Depresión do Guadalquivir

 Mención aparte require o relevo insular canario, de orixe volcánica. Destaca sobre todo o Teide, a montaña máis alta de España con 3.718 m . Tamén podemos mencionar lugares coma o Parque do Timanfaya en Lanzarote ou as erupcións volcánicas submariñas do ano 2011 na illa do Hierro.

O RELEVO DE EUROPA

O continente europeo ten unha superficie de 10.510.546 km2, atópase na súa maior parte ( excepto o extremo norte ) nas latitudes medias e só ten límites terrestres con Asia ao Leste ( Cáucaso, Urais, así coma os mares Negro e Caspio ). O resto está rodeada polo Océano Atlántico ( Oeste ) e Ártico ( Norte ), así como polo Mediterráneo ( Sur ), estando separado de África polo Estreito de Xibraltar.

 Podemos dividir o relevo do continente es tres tipos de unidades:

  • Macizos ou montañas vellas: ao Norte ( Montes Escandinavos ), Centro ( Macizo Central Francés ) ou Leste ( Urais )

  • Chairas, dominadas pola Gran Chaira Central europea, desde a costa atlántica ata os Urais.

  • Cordilleiras ao Sur, xurdidas polo choque coa placa africana. Son toda unha liña de cadeas montañosas novas e altas que se extenden polo sur do continente:  Pireneos, Alpes, Apeninos, Alpes Dináricos, Blacáns , Cárpatos e Cáucaso. Nestas cordilleiras atópanse as dúas maiores cumbres: o Mont Blanc (  4.807 m ) nos Alpes e o Elbrus ( 5.642 m ) no Cáucaso.

Fóra do espazo continental, destacan as illas coma Islandia, Gran Bretaña, Irlanda, Córsega, Sardeña, Chipre ou Malta.

Tamén podemos destacar as penínsulas: Escandinava, de Iutlandia, Ibérica, Itálica e Balcánica.4

O RELEVO DE OCEANÍA

Con case 9 millóns de km2 e situada ao sur de Asia, dividida en dúas metade polo Trópico de Capricornio, Oceanía está formada por máis de 25.000 illas, polo que se denomina continente insular. As máis importantes desas illas son Nova Guinea, Nova Zelandia, Tasmania e, coma non, Australia.

 Oceanía, coma o seu nome indica, está rodeada polos océanos Pacífico, Anatártico e Índico, así coma polo Mar de Coral. Neste mar está a coñecida Gran Barreira de Coral, de máis de 2000 km de longo.

 Destacan a Gran Cordilleira Divisoria, os desertos Simpson , Gran Deserto de Area e Vitoria, así coma os montes MacDonnel e Hamersley en Australia.

 

O RELEVO DE AMÉRICA DO SUR

Con case 18 millóns de km2 , o continente sudamericano limita con 3 océanos ( Antártico, Pacífico e Atlántico ), uníndose a América do Norte polo istmo centroamericano. A maior parte do continente localízase entre o Ecuador e o C.P. Antártico.

 A placa tectónica sudamericana segue un mevemento cara o oeste, o que provocou a choque coas placas de Nazca e Pacífica. Este choque orixinou un relevo, que coma o norteamricano, podemos dividir en 3 zonas:

  • Oeste: Andes, cordilleira que recorre o continente de Norte a Sur ao longo de máis de 7.000 km cunha altitude media duns 4.000 m. Aquí atópase a cumbre máis alta do continente: o Aconcagua ( 6.959 m )

  • Centro: Conca do Amazonas e chaira da Pampa arxentina.

  • Leste:  Mesetas brasileira e do Mato Grosso, así coma o macizo das Güianas ao Norte

O RELEVO DE AMÉRICA DO NORTE

Con máis de 24 millóns de km2, América do Norte limita con tres océanos ( Glacial Ártico, Pacífico e Atlántico ) e con Sudamérica a través do istmo centroamericano. Sepárao de Asia o Estreito de Bering. Localizamos a maior parte de Norteamérica entre o Trópico de Cáncer e o C.P. Ártico.

Provén este continente do primixenio Panxea, desprazándose cara o oeste e chocando coa placa tectónica Pacífica.

Continente compacto a excepción das illas do Norte ( Groenlandia entre elas) e do Caribe ( Cuba, Xamaica, Porto Rico,…)

Podemos dividir o relevo norteamericano en tres liñas Norte – Sur:

  • Oeste: Montañas Rochosas, cordilleira que ese extende por toda a costa pacífica, e que continúa polas Serras Madres e Meseta mexicanas.

  • Centro: Grandes Chairas, percorridas polos ríos Mississippi – Misouri.

  • Leste: Apalaches, macizo na costa  atlántica.

Desraca tamén as penínsulas de Labrador, California, Florida e Iucatán, así como a baía de Hudson e o Golfo de México.

 

O RELEVO DE ÁFRICA

África é un continente macizo e compacto ( realmente só ten unha gran illa – Madagascar – e  unha península destacable – Somalia ), cunha superficie de 30.284.631 km2 ( o terceiro continente máis grande ) e perfectamente delimitado polos Océanos Atlantico e Índico, os mares Mediterráneo e Vermello, e pola canle de Suez, que o separa da Península Arábiga ( Asia ). Case todo o continente localízase na zona tropical.

Ten unha altitude media de máis de 650 m., nun relevo no que destacan as chairas e depresións xunto coas mesetas. O continente reaccionou ao movemento das placas tectónicas con enormes roturas, que fixeron que se separaran a illa de Madagascar e a Península Arábiga ( que pertence a Asia ), ou que se producira unha enorme falla denominada Rift Valley ao longo da cal podemos atopar os lagos Vitoria, Tanganika e Malawi, e os volcáns xa inactivos Kilimanxaro e Kenia.

Podemos resumir o relevo africano, polo tanto en:

  • Chairas e Depresións: percorridas por ríos coma a Depresión do  Chad,a do Congo e a do Níxer.

  • Tamén desertos coma o Sahara, Kalahari e Namibia.

  • Mesetas: Katanga.

  • Macizos: Ahaggar, Tibesti, Marra, Etiopía

  • Cordileiras: o Atlas ao Norte e os Montes Drakensberg ao sur.

  • Os picos máis altos son o Kilimanxaro ( 5895 m ) e o Kenia ( 5199 ).

O RELEVO DE ASIA

O continente asiático ten unha superficie de 43.748.627 km2, o que o convirte no maior do planeta.

Case todo o continente está entre o Ecuador e o Círculo Polar Ártico. Limita con tres océanos: o O.Glacial Ártico ao Norte, o O. Índico polo Sur e o O. Pacífico polo Leste. Polo Oeste, está separado de Europa polos Montes Urais , o mar Caspio, o Cáucaso e o Mar Negro ( o estreito do Bósforo separa estes dous continentes ). Os límites con África son o mar Vermello e a Canle de Suez. Polo que respecta aos límites entre Asia e Oceanía, son máis complicados de delimitar, pero poderiamos situalos ao sur das illas de Indonesia, Borneo e Filipinas.

O choque das placas Arábiga, Iránica, Indoautraliana e Pacífica contra a Euroasiática, orixinou toda unha liña Oeste – Leste de cadeas montañosas, ao mesmo tempo que fai que en todo o Sur e Leste de Asia sexan comúns os movementos sísmicos ( terremotos ) acompañados, si ocorren na costa ( Xapón, Indonesia,…), por tsunamis.

Entre estes sistemas montañosos, en Asia atópase a cordilleira que conta con máis altitude do planeta: O Himalaia. Alí podemos atopar os “ 14 oitomiles”, as únicas cumbres que superan os 8.000 m de altitude, entre a que está a de máis altitude do planeta: o Everest ( 8.848 m. ). Pero tamén conta con cordilleiras coma os Montes Zagros, o Hindu Kush ou os Montes Altai.  

As mesetas so moi numerosas ( Deccán na India, Anatolia en Turquía, Irán, Siberia, Arabia, ….) destacando sobre todas elas a Meseta do Tíbet. Para que te deas conta das súas dimensións, fíxate:

  • A súa superficie ( 1.000 km x 2.500 km = 2.500.000 km2) , é coma 5 veces máis grande que toda a Península Ibérica e máis de ¡ 80 veces maior que Galicia!

  • A súa altitude media ( 4.500 m. ) é ¡case 8 veces maior ca de España e máis de 9 veces a de Galicia!

Outras mesetas son as de Pamir ou o altiplano de Mongolia, cera dos cales atopamos o Deserto do Gobi.

Por outra parte, o continente asiático ten enormes extensións de chairas e depresións que se extenden desde as cadeas montañosas ata o mar, percorridas por  ríos que soen ser longos e moi caudalosos. Destaca a Gran Chaira de Siberia (ríos Obi, Ienisei,…) ao Norte ou as de Mesopotamia (ríos Tigris, Éufrates) India ( ríos Ganxes e Indo ), Indochina ( río Mekong ) e China (ríos  Hoang-Ho e Iangtse – Kiang ).

Ás veces, as depresións están ocupadas por mares interiores, coma o Mar Morto, o Caspio ou o Aral.

Podemos distinguir tamén en Asia penínsulas coma as de Anatolia, Arábiga, Indostán, Indochina, Corea ou Kamchatka, entre as máis importantes.

5. AS FORMAS O RELEVO

AS FORMAS DO RELEVO

O relevo continental. O relevo costeiro. O relevo submariño

♦ FORMAS DO RELEVO CONTINENTAL

♦   Chairas: áreas planas ou suavemente onduladas de menos de 200 m de altitude.

♦  Mesetas: chairas elevadas de máis de 200 m de altitude. Si se atopan entre cadeas montañosas a unha gran altitude, tamén reciben o nome de altiplanos. Exemplos: Meseta Central  Española, Meseta do Tíbet, Altiplano boliviano.

 ♦  Montañas: elevacións do terreo con forte pendente, que normalmente se  presentan formando conxuntos de:

 ♦ Serras: pequenos grupos de montañas, xeralmente  pertencentes a un grupo maior, dun macizo ou unha cordilleira. Por exemplo, a Serra do Barbanza, Serra de Gredos, …

♦ Macizos (fomados por montañas vellas, desgastadas pola erosión, de formas redondeadas) P.ex.: Macizo galego, Apalaches,…

♦ Cordilleiras ( formadas por montañas novas e altas ). P.ex: Alpes, Himalaia, Pirineos,…

 ♦ Depresións: zonas a menor altitudeque as terras que a rodean. Normalmente están percorridas por ríos, sendo así vales fluviais ou concas hidrográficas. P.ex.: val do Ebro, conca do Amazonas, …

 ♦  FORMAS DO RELEVO COSTEIRO 🙂

 A costa ou litoral é aquela zona das terras emerxidas ( dos continentes ou das illas ) que está en contacto co mar.

 Pode prersentar moi diversas formas:

 ♦ Praias: áreas normalmente recubertas de sedimentos ( normalmente area, pero poden ser pedras ) que proveñen da erosión das zonas costeiras.

♦ Cantís: terreos rochosos e escarpados, con fortes pendentes.

♦ Cabos: áreas da terra que penetran  no mar en forma de lingua.

♦ Golfos: ó contrario que os cabos, son entrantes do mar na costa. Si son pequenos e ben resgardados, chámanse baías.

♦ Rías: vales fluviais inundados polo mar

♦ Fiordes: vales glaciares inundados polo mar

♦ Penínsulas: extensións de terreo rodeadas polo mar por todas partes menos por unha, chamada istmo

 ♦  FORMAS DO RELEVO SUBMARIÑO 🙂

♦ Plataforma continental: suave pendente situada entre o bordo do continente ( a costa ) e os 200m de profundidade

 ♦ Noiro continental: brusco chanzo entre a plataforma continental e o fondo mariño

 ♦ Chairas abisais: chairas situadas entre 4.000 – 5.000 m de profundidade. Nelas temos:

 ♦ Dorsais ou cordilleiras oceánicas.

 ♦  Fosas oceánicas: profundas fendas nos fondos oceánicos. Poden ser moi profundas, como a de Challenger ( 11.033 m ) na fosa das Marianas ( Océano pacífico )