Arquivo do blog

3º elemento: A humidade. As precipitacións

A HUMIDADE . AS PRECIPITACIÓNS

  • A humidade do aire.

O aire contén sempre unha cantidade de vapor de auga, maior ou menor, procedente da evaporación da auga dos mares, das terras húmidas e da transpiración dos vexetais,  e que representa menos do 0,001% da auga que temos en todo o planeta Terra.

Cando o aire contén a máxima cantidade de vapor de auga que pode manter ( aire  saturado), e se a temperatura baixa máis, condensa formando nubes e empeza a precipitar en forma de :

Para medir a cantidade de precipitacións (normalmente auga en forma de chuvia) usamos un aparello chamado pluviómetro que nos indica a cantidade de litros de auga caídos por metro cadrado (l/m2).

  • Tipos de chuvias.

  • Chuvias por Convección (ou Ascensión)


 Prodúcense cando unha parcela de aire, en contacto co chan requentado, se requenta á súa vez, sobe (ascende),arrefríase, satúrase, condensa e precipita (chove). É o caso, por exemplo, das tormentas estivais ( do verán ) de zonas do interior ou das chuvias das selvas ecuatoriais.

  • Chuvias orográficas


                O aire húmido que se despraza pola superficie do océano vese obrigado a ascender cando se atopa con montañas,o que provoca a disminución de temperatura e a precipitación na cara das montañas que mira ao océano ( barlovento )

Na  cara oposta o aire descende, aumentando a súa temperatura o que fai que as precipitacións nestas caras opostas ao océano ( sotavento ) sexan menores.

                En casos extremos pode chegar a formarse na vertente de sotavento, un deserto chamado de “barreira” (a que forma a cadea montañosa). É o caso do deserto do oeste de norteamérica (neste caso a barreira son as Montañas Rochosas).

  • Chuvias por frontes

Cando dúas masas de aire de diferente temperatura e humidade entran en contacto, establécese unha superficie frontal de contacto. O aire quente máis lixeiro ascende sobre o frío máis denso, formándose unha fronte . Ese aire quente arrefría a medida que sobe, satura, condensa en njubes e produce precipitacións ( ver ciclo da auga no tema da hidrsofera)

As chuvias por frentes son as máis frecuentes en Galicia.