Arquivo do blog

3. Os axentes internos: A formación do relevo.

A litosfera. As placas tectónicas.A deriva continental

As Placas tectónicas ou litosféricas 🙂 son fragmentos  da litosfera 🙂 :

Desprázanse a razón de 2 a 20 cm por ano, debido a que “flotan” sobre as correntes de convección que existen na parte superior do manto ( na astenosfera). A isto chamamos Deriva continental 🙂  , teoría que di que os continentes non sempre estiveron separados, senon que proveñen do orixinario Panxea ( que significa “ toda a terra “). Fíxate:

 As placas teñen diversos comportamentos:

  • Unhas placas chocan entre sí .  ← Cando isto ocorre, unha das placas introdúcese baixo a outra ( subducción ), levantándose o borde desta e formando cadeas montañosas ( Himalaia, Andes, Alpes,… )

  • Outras placas, sepáranse . →Soe ocorrer baixo os fondos oceánicos, formando as dorsais grazas á saída continua de magma do interior da Terra.

  • Outras móvense lonxitudinalmemnte, deslízanse unha con respecto á outra. D Estas producen enormes fallas, roturas da corteza terrestre, como a de San Andrés en Norteamérica.

Os movementos das placas litosféricas provocan sismos ( terremotos ) 🙂  ,Tsunamis 🙂  e volcáns 🙂 , sobre todo nos seus bordes.

E agora, divírtete vendo isto.

Advertisements

2. A estrutura interna da Terra.

Se cortaramos a esfera terrestre coma se fora unha laranxa, tería aproximadamente este aspecto no que distinguiriamos as seguintes partes:

Pensa sobre a imaxe: ¿Onde hai máis temperatura: na parte máis interior ou na máis externa?¿Que consecuencia pensas que terá isto sobre as rochas? 🙂

A nós interésanos sobre todo as partes superiores: o manto superior e a codia. Entre estas dúas sitúase a litosfera (do grego  litos, “pedra”  e “sphaira, “esfera”), que xunto a hidrosfera ( do grego “hidros”, auga ) e a atmosfera ( do grego”atmos”, aire ) forman a biosfera ( do grego “bios”, vida ). 🙂

A litosfera “flota” sobre a astenosfera, constituida por material fluido a altas temperaturas que se move en movementos de convección :

Agora veremos como a litosfera se “rompe” en diferentes fragmentos ( placas tectónicas )que se moven sen cesar ( deriva continental ) formando o relevo ( oroxénese), sismos ( terremotos ) e volcáns.

Formas do relevo terrestre

FORMAS DO RELEVO TERRESTRE

Poño á vosa disposición a primeira parte do Tema 2. O relevo, onde falamos de: