Arquivo do blog

2º elemento: A pesión. Os ventos

  • Pesa o aire?

O aire pesa sobre a superficie terrestre exercendo presión sobre ela.

  • A presión atmosférica.

Cantidade de forza que o aire da atmosfera exerce sobre unidade de  superficie. Medimos a presión atmosférica en mm de mercurio ou en bares utilizando un barómetro.

  • Os centros de acción: Circulación atmosférica.

    • Anticiclóns. Centro de altas presións: máis de 760 mm de mercurio ou 1.013 mb. O seu aire xira en sentido descendente seguindo as agullas do reloxo no hemisferio norte e ao revés no hemisferio austral,diverxendo ou afastándose do seu punto central.

  •  Depresións ou borrascas. Centro de baixas presións (menos de 760 mm de mercurio ou de 1013 mb). Xiran en sentido ascendente en contra das agullas do reloxo no hemisferio norte e ao revés no sur, Converxendo  no seu punto central.


  • Circulación atmosférica

                    As áreas de baixa presión (borrascas) atraen cara a elas o aire das rexións próximas onde a presión é máis alta (anticiclóns), que son áreas que o lanzan ao seu arredor. Polo efecto de rotación da terra xira cara á dereita no hemisferio norte e cara á esquerda no sur.

     Polo tanto o aire sempre se move seguindo a dirección:

Anticiclón   →   Depresión

É o vento, é dicir, o movemento do aire, que terá máis forza canto maior sexa a diferenza de presión entre os centros de acción.

A velocidade do vento mídese cun anemómetro.

 A presión atmosférica represéntase nos mapas do tempo mediante isobaras ( liñas que unen puntos coa mesma presión atmosférica ). Un exemplo telo neste mapa da Axencia Estatal de Meteoroloxía.


Advertisements