Arquivo do blog

ÁFRICA

AFRICA

RECURSOS

Mapas de África

 

Mapas de África en d-maps

 

Relevo de África

 

África en Wikipedia

 

África na Guía 2000

 

África.com

 

Lugares que non podes deixar de visitar en África

 

As 10 paisaxes máis belos de África que descubriu Livingstone

 

Lugares incribles de África

Advertisements

MAPAS ÁFRICA

O RELEVO DE ÁFRICA

África é un continente macizo e compacto ( realmente só ten unha gran illa – Madagascar – e  unha península destacable – Somalia ), cunha superficie de 30.284.631 km2 ( o terceiro continente máis grande ) e perfectamente delimitado polos Océanos Atlantico e Índico, os mares Mediterráneo e Vermello, e pola canle de Suez, que o separa da Península Arábiga ( Asia ). Case todo o continente localízase na zona tropical.

Ten unha altitude media de máis de 650 m., nun relevo no que destacan as chairas e depresións xunto coas mesetas. O continente reaccionou ao movemento das placas tectónicas con enormes roturas, que fixeron que se separaran a illa de Madagascar e a Península Arábiga ( que pertence a Asia ), ou que se producira unha enorme falla denominada Rift Valley ao longo da cal podemos atopar os lagos Vitoria, Tanganika e Malawi, e os volcáns xa inactivos Kilimanxaro e Kenia.

Podemos resumir o relevo africano, polo tanto en:

  • Chairas e Depresións: percorridas por ríos coma a Depresión do  Chad,a do Congo e a do Níxer.

  • Tamén desertos coma o Sahara, Kalahari e Namibia.

  • Mesetas: Katanga.

  • Macizos: Ahaggar, Tibesti, Marra, Etiopía

  • Cordileiras: o Atlas ao Norte e os Montes Drakensberg ao sur.

  • Os picos máis altos son o Kilimanxaro ( 5895 m ) e o Kenia ( 5199 ).