Arquivo do blog

5. GALICIA NO S XVII

MILLO

Galicia comenzou o S XVII coa mesma situación que no resto de España e Europa: malas colleitas, fame, peste, guerras ( ataque francés á Coruña e inlgés a Vigo, p.ex. ). Pero a partir de 1630 ocorreu un feito que sacaría a Galicia da crise e a levaría a unha época de prosperidade: a introdución do cultivo do millo ( cereal de orixe americana ) e a súa posterior extensión ,sobre todo pola costa. O millo tiña unhas vantaxes fundamentais para o campesiñado: elimina o barbeito e ten ata 10 veces máis rendemento que o centeo, polo que a produción aumenta.

Grazas a este novo cultivo e outro, a pataca, que se xeralizará no S XVIII, a poboación galega se duplica:  desde un 650.000 habitantes en 1600 ata 1.300.000 a mediados do S XVIII.HORREO

Outra característica da Galicia do S XVII é a existencia dun grupo social ( os fidalgos) que se beneficia das rendas agrarias que os campesiños pagan polos foros.  A fidalguía consegue que nobres e igrexa lle cedan grandes cantidades de terras arrendadas aos campesiños desde a Idade Media ( foros ). Convértense así en intermediarios: arrendan ( aforan ) esas terra e quédanse cunha boa parte das rendas que os campesiños pagan. Por riba, coma xa dixemos,  a introdución do millo fixo subir a produción e polo tanto os ingresos. Calcúlase que preto dunha terceira parte da riqueza que producía o campo galego ía parar a mans dos fidalgos, que invertían na construción de pazos. Pola súa parte a Igrexa tamén se beneficiou desta prosperidade: construción de mosteiros, igrexas … Pensa que, por exemplo, a praza e a fachada do Obradoiro na catedral de Santiago son do S XVII.

Fachada do Obradoiro

Fachada do Obradoiro

Advertisements

3. A ERA COMPOSTELÁ: O CAMIÑO DE SANTIAGO.

catedral santiago3

Catedral de Santiago

No proceso da integración de Galicia no Reino Astur, ocorre un feito  de moita importancia para a cristiandade e decisivo para Galicia: a “invención” do sartego do Apóstolo Santiago ( ano 813 )

 “ A mea noite se vieron as santas luces, (…) e pola mañá cantou misa o Santo Bispo en Solobio, e se foi a aquel lugar (…) Chegaron onde estaba a Santa Coba, e entrou dentro (…) E viron ser o Corpo do Apóstolo, o que tiña a cabeza courtada e o Bordón dentro cun letreiro que decía:

Aquí jaz Jacobo, Filho do Cebedeo e de Salomé, irmán de San Juan, que matou Herodes en Jerusalén, e veo por Mar co os seus discípulos hastra Iria Flavia de Galicia, e veo nun carro e Bois de Lupa, señora deste campo, e deiquí non quiseron pasar máis adiante…”.

Do prólogo do Libro de la “ Cofradía de Cambeadores “ ( S XIV )

Este relato recolle unha lenda popular que narra o descubremento do suposto sepulcro do Apóstolo Santiago nun bosque preto de iria Flavia ( Padrón ), no que un ermitaño de nome Pelaio foi testemuña da aparición de unhas estranas luces e dun cantos de anxos.

Segundo a tradición popular, ao lugar chamóuselle “CAMPUS STELLAE” ( campo da estrela )  e logo SANT-IAGO, e de aí deriva o nome actual da cidade: Santiago de Compostela.

cam santiago

Este acontecemento dará lugar a toda unha serie de peregrinacións a Compostela desde toda Europa a través do CAMIÑO DE SANTIAGO ( Ruta Xacobea pou Camiño Francés )e que terá consecuencias importantísimas a nivel social, económico e cultural:

 

  • A nivel económico: durante os S XII-XIII xurde o proceso de urbanización en toda Europa. En España, e sobre todo en Galicia, comenza a crearse núcleos urbanos ( burgos ou cidades ) a carón do Camiño de Santiago grazas ao xurdimento de hospederías, mercados e hospitais para atender aos peregrinos que se dirixen a Santiago. Así, desenvólvense toda unha actividade artesanal e comercial, que á súa vez, axudan a crecer ás cidades atraendo poboación cara elas.

 

  • A nivel social: Aparece, como consecuencia das novas actividades económicas, unha nova clase social:a burguesía, que se opoñerá ós privilexios dos nobles e eclesiásticos, causándose así revoltas contra os señores para obter unha maior autonomía das cidades, como en Santiago, onde no S XII houbo unha revolta contra Dona Urraca e o arcebispo Xelmírez.

 

  • A nivel cultural: O Camiño de Santiago fixo de vehículo de espallamento da cultura medieval europea, como p.ex., a arte románica.

catedral santiago2

MAPAS DE GALICIA

O RELEVO DE GALICIA

O territorio galego, cunha superficie de 29.574 km2, sitúase na zona NO da Península Ibérica tendo coma límites terrestres Asturias, Castela-León ( León e Zamora ) e Portugal, e marítimos o O. Atlántico e o Mar Cantábrico.

O conxunto da paisaxe galega está constituida por un macizo constituido por rochas antigas e moi erosionadas. Podemos dividir o relevo galego nas seguintes unidades:

1.- Chairas litorais: estreitas chairas que se extenden por toda a costa de Galicia.

2.- Serras litorias: pequenas serras de pouca altitude ( uns 500 m ) coma a do Barbanza.

3.- Escalón de Santiago: ascensión do terreo cara o interior desde as costas.

4.-  Serras Centrais e Septentrionais: tamén chamadas Dorsal galega, constituida por pequenas serras de non moita altitude ( 1000 m ):

  • Xistral

  • Serra Faladoira

  • Serra da Loba

  • Serra Cova da Serpe

  • Serra do Faro

  • Serra do Suido

5.- Terra Chá lucense: meseta duns 400 m de altitude situada ao norte, na provincia de Lugo.

6.- Depresións de Ourense, percorrida polo río Miño

7.-Serras Orientais: as montañas máis altas do país:

  • Serra de Meira

  • Ancares ( Penarrubia, 1822 m )

  • Courel

  • Serra do Eixe ( Pena Trevinca , 2.127 m )

  • Serra de Queixa ( Cabeza de Manzaneda, 1778 m )

Galicia ten unha costa duns 1.500 km temos que destacar as rías e os cabos. As rías podemos dividilas en:

  1. Rías Altas: Ribadeo, Foz, Viveiro, Barqueiro, Ortigueira.

  2. Rías do Golfo Ártabro: Ferrol, Betanzos, A Coruña.

  3. Rías da Costa da Morte: Corme e Laxe, Camariñas, Corcubión

  4. Rías Baixas: Muros e Noia, Arousa, Pontivedra, Vigo.

Os cabos máis salientabeis son: Punta Estaca de Bares ( marca o comenzo do Mar cantábrico e é o punto máis septentrional da Península Ibérica), Ortegal, Prior, Vilán, Touriñán, Fisterra, Corrubedo e Silleiro.