Arquivo do blog

4. OCCIDENTE: REINOS BÁRBAROS.

Despois da división do imperio e as conseguintes  invasións dos bárbaro, no imperio romano de occidente formáronse reinos xermánicos ( ou bárbaros ), entre os que destacamos o Reino Franco, o vándalo,  o ostrogodo, o lombardo, o anglo, o saxón …. O espazo deixado por todos este pobos bárbaros en Europa central e do leste  foi ocupado polos pobos eslavos.

 No ano 409 , suevos, vándalos e alanos entran en Hispania. Os romanos, no 415, buscan a axuda so visigodos . Estes vencen a vándalos e alanos, e  acurrunchan na Gallaecia aos suevos.

  • O reino suevo ( 411 – 585 ). Os suevos asentáronse na Gallaecia. Desde alí, con reis coma Requila ou Requiario loitaron contra os visigodos, ampliando os seus territorios cara Lusitania e Baetica. Os visigodos , co rei Teodorico II, venceron na batalla do Órbigo ( ano 456 ) e no 585, co rei Leovixildo, invadiron o territorio suevo.

  • O reino visigodo ( 507 – 711 ). Os visigodos instauran unha monarquía na Península que se integrou cos hispanos, romanizándose: recopilan as leis no Liber Iudicorum ( 654, Recesvinto ) ou convértense ao cristianismo ( 589, Recaredo ). No 711, os musulmás vencen na batalla de Guadalete e acaban co dominio visigodona antiga Hispania.

 Unha das consecuencias máis importantes da entrada dos pobos bárbaros nos territorios do imperio romano foi a ruralización da sociedade.

  • Os campesiños necesitan paz e seguridade para cultivar os campos. Sen elas, só queda a fame.

  •  As cidades necesitan subministro continuo de produtos alimenticios. Ante a inseguridade provocada polas invasións e polas guerras entre os reinos bárbaros, a xente abandonou as  cidades: Roma pasou de ter 1 millón de habitantes a só ¡ 10 mil !

  • As xentes perifrían vivir coma colonos ao amparo dun gran propietario de terras que vivía nas antigas vilas romanas.  Traballaban esas terras a cambio do pago dunha renda. A economía vaise reducindo case e exclusivamente á práctica da agricultura e gandería  para o autoconsumo, sen case comercio, industria e uso da moeda.

 Así ocorreu no destacado reino franco: Un dato pode darnos idea da situación: a Galia romana contaba cuns 10 millóns de habitantes; no S VII só tiña 3.

Coronación como Emperador de Carlomagno ( ano 800 )

 Na época da disnatía carolinxia. Carlomagno ( 742-814 ) intentou restablecer o antigo imperio romano de occidente conquistando territorios en Italia, norte da Península Ibérica e centro de Europa. Chegou a ser nomeado emperador no ano 800, con capital en Aquisgrán. Realmente, o imperio só durou ata o 843, ano do Tratado de Verdún, no que se reparte o imperio entre os tres fillos do sucesor de Carlomagno.Este tratado é a base do nacemento de Alemaña, Francia e Italia )

No goberno e administración deste imperio está a base do que será o futuro feudalismo. Carlomagono dividiu o imperio en:

  • Territorios: Condados , gobernados por un conde

  • Marcas: zonas frontreirizas que servían de defensa, dirixidas por un marqués. Un exemplo é a Marca Hispánica ( Navarra, Aragón e Cataluña ), fronteira co Islam.

    Condados da Marca Hispánica, fronteira con Al-Ándalus

 O emperador, así,  cedía territorios e poder a cambio de manter controlar o o imperio. Para manter o contacto con todos os territorios creou a figura do missi dominici: unha especie de que facía informes sobre a situación nos diferentes condados e marcas do imperio.

O missi dominici preséntase ante Carlomagno

As terras do imperio traballánse en grandes latifundios, moitas veces posesións dispersas polo territorio, que se dividían en :

  • Reserva señorial: terras do señor

  • Mansos: pequeñas leiras ( unidades de explotación familiar ) traballadas por campesinos ( libres ou servos ) que pagaban unha renda ( en produtos da colleita e traballo persoal ) ao señor.

    As terras señoriais

A situación no S IX empeorou debido a novas invasións ( normandos ou vikingos, desde o norte; búlgaros e húngaros polo leste ). A inseguridade aumentou e foi aproveitada por condes e marqueses para aumentar o seu poder. O feudalismo está a nacer.

Os normandos ou vikingos volven a traer a inseguridade á Europa Occidental no S IX