Arquivo do blog

A ENERXÍA AO LONGO DA HISTORIA

CONSUMO DE ENERXÍA Ó LONGO DA HISTORIA

O home sempre tivo a necesidade de utilizar fontes de enerxía para xerar traballo e así dominar a natureza. Pero non sempre o consumo de enerxia foi a mesma, nin do mesmo xeito. A civilización foi volvéndose máis complexa, a tecnoloxía foi mudando, utilizando diferentes fontes enerxéticas, producindo e consumindo distintas cantidades de enerxía. Nesta gráfica podemos observar claramente o consumo de enerxía por parte do home ó longo a historia.

EVOLUCION DO CONSUMO ENERXETICO INDIVIDUAL

Segundo Estefanía Caamaño Martín ( Instituto de Enerxía Solar, Univ. Politécnica de Madrid ) ( ver gráfica anterior):

 “…pódese falar de catro etapas  no uso da enerxía ó longo da historia, característicos de distintos tipos de sociedades e culturas:

 1 Sociedades recolectoras: usos enerxéticos para alimentación (subsistencia), construción e acondicionamiento básico do lugar de asentamento.

 2 Culturas antigas (Exipto, India, China, etc.): usos anteriores ampliados mediante a produción de bens e o seu transporte.

3 Primeiras sociedades industriais: duplican o consumo de enerxía con respecto a las sociedades anteriores, fundamentalmente debido á utilización de carbón mineral para a industria e o transporte.

 4 Sociedades postindustriais, con economías orientadas ó sector servicios: gran disparidade no uso (cantidade e eficiencia) da enerxía.”

PRIMEIRAS FONTES DE ENERXIA APROVEITADAS POLO HOME

A enerxía na Prehistoria.

Ata fai aproximadamente uns 350.000 anos o home recurría á caza ( xunto coa recolección )coma case e exclusivamente única fonte de enerxía. Isto obrigaba a practicar o nomadismo, a vivir en grupos reducidos ( cantas menos bocas que alimentar, máis carne para cada individuo ). Polo tanto, o home consumía moi pouca cantidade de enerxía e os residuos tamén eran escasos, … e biodegradables.

O homo sapiens comenzou a extenderse polo mundo e a colonizar novos territorios. De África pasou a Oriente Próximo, Asia, Europa e ata Astralia e América. E multiplica a súa propia enerxía animal gracias ó uso de instrumentos concebidos e feitos de forma artificial ( coma poden ser arco e flecha), gracias ós cales vai superando na natural competición contra animais físicamente máis fortes e rápidos, levando a cabo unha forte presión sobre eles, chegandose á extinción de moitas especies. A búsqueda de enerxía empezaba a ter os seu impacto negativo no medio ambiente.

Un recurso enrxético vai ser vital para o home: o lume. A mitoloxía grega escenificou perfectamenmte a importancia que para o home e a súa supervivencia ten o dominio desta fonte enerxética: o mito de Prometeo.

“Pometeo, de natureza titánca, é de espíritu rebelde, astuto e indisciplinado, matendo unha relacion de complicidade cos homes.

Deuses e homes están reunidos. Zeus encarga a Prometeo que sacrifique e reparta unha enorme res.Descuartiza o animal, e presenta un reparto desigual: a un lado un apetitose touciño cubre unicamente ósos mondos e lirondos, e a outro, unha panza pouco apetitosa que leva no seu interior todo o que é bo para comer.

Prometeo ofrece a Zeus os dou lotes, e o deus escolle sen pensalo o que á vista é mais atractivo, o primeiro. Cando lle quita a capa de graxa, dase conta do engano e monta en ira contra aquel que pretendia enganalo, Prometeo.

Está claro que os homes reciben a parte comestible do animal sacrificado, pero é que os homes necesitan comer.Os homes non son autosuficientes, necesitan buscar recursos enerxéticos no mundo que os rodea. A natureza humana é enerxía perecedeira. Necesita alimentala continuamente.

Zeus decide un castigo: negar ós homes o lume, do cal dispoñía ata o de agora en forma de raio que caía sobre ás árbores. Quedarse sen el é unha catástrofe para eles Pero Prometeo inventa outra argucia e rouba a semente do lume ( sperma pyrós) a Zeus, entregándolla ós homes. Xa poden encender os seus fogares e cocer a carne.

O lume convértese nuna marca da cultura humana. É un lume ”técnico”, un procedemento intelectual, que diferencia ós homes das bestias e conságraos como criaturas civilizadas”

( Elaborado a partires de : J.P. Vernant: El universo, los dioses, los hombres. El relato de los mitos griegos , Edit. Anagrama, Barcelona, 2000)

Paso do lume controlado polos deuses ( o raio ) a lume controlado polo home, a un uso consciente e intelixente. Pero ó deixar de ser un lume divino e inmortal ( o mito ) e pasar a convertirse nun lume humano e mortal ( o logos ), o home vese obrigado a alimentalo continuamente, a buscar recursos para mantelo vivo. É a historia do home e a enerxía.

PENSEMOS:

  • LUME DIVINO:

    • Na etapa na que o ser humano no é capaz de controlar o lume, ¿ cales son os recursos que cubren as necesidades enerxéticas do home?.

  • LUME HUMANO:

    • A partir do control do lume polo home, o lume prometeico e humano, comenza unha búsqueda continua de novos recursos para mantelo vivo, para conseguir enerxía. ¿ cales serán eses recursos ó longo da historia humana?

    • O home conoce a agricultura e a ganderia, co cal o lume vai ter cambios no seu uso. ¿ Poderías precisar algúns deles?

    Desde hai uns 400.000 anos o home fai unha utilización consciente do lume ( como calefacción e iluminación das cavernas, para cociñar, endurecer instrumentos coma lanzas, frechas,… ), pero non é quen de producir lume por si só ( sin esperar a un raio ou un incendio ) ata hai uns 10.000 anos.  A produción  ( e paralelamente o consumo ) de enexía experimentou un aumento, que deu un salto cuantitativo e cualitativo coa aparición da agricultura e gandería, co que se da un cambio no sistema de producción: dunha economía depredadora pásase a unha economía productiva. E niso tivo moito que ver a finalización da última glaciación, cun aumento de 5ºC ó longo de 6.000 anos e unha subida do nivel do mar de 200 m.O clima cambia, fai que en algumhas zonas coma Mesopotamia ou Exipto aumenten as tempeaturas e dismimnuan as precipitacións. Así,o home busca zonas cunha irrigación suficiente para cultivar : Nilo, Tigris e Eufrates, Indo, Yang Tse,… Algunhas das consecuencias do cambio no sistema de producción podémolas resumir en:

    • Cambio tecnolóxico: aumenta a variedade de instrumental utilizado, cambia a tecnoloxía ( da pedra tallada pásase á pedra pulimenada ), empezase a usar outro tipo de materiais: inicio da era dos metais coma cobre,broce e ferro ( ata o de agora eran  a pedra, a madeira e materiais de orixe vexetal, os de orixe animal coma tendóns para arcos, ósos,peles, marfil, …)

    • Paso o nomadismo ó sedentarismo: aparición das primeiras poboados e aldeas, ata o nacemento das primeiras cidades.

    • Por primeira vez na historia hai excedente, o que á súa vez vai ter consecuencias socio-economicas e politicas:

    • Primeira revolución demográfica: Aumento significativo a poboación, coa conseguinte necesidade de organización

    • Aparición das clases sociais e a riqueza.

    • División do traballo, non por habilidades, forza física, sexo… senon por sectores: primario, secundario e terciario, coa conseguinte aparición da artesanía e comercio.

    • Aparecen as clases dirixentes : politico-sacerdotais e militares (¡ as guerras ¡).

evoucionl poboacion prehistoria

– Pensemos: analiza a evolución da poboación ó longo da prehistoria:

  • ¿ En que época se produce a 1ª revolución demográfica da historia?

  • Razóns .

  A enerxía na Antigüedade

Todos os cambios que se produciron no Neolítico, fixeron que na Antigüedade o consumo de enerxía aumentara: a poboación e as súas necesiades de enerxía aumentan ( pásase de 15 a 200 millóns de habitantes durante a antigüidade ). As fontes de enerxía principais eran 3 ( que , por certo, producían residuos reciclables):

  1. Carbón vexetal e sobe todo a madeira ( para fornos alfareiros, para fundidión de metais,… aparte de construcción de naves, vivenda, calefacción , cociña, etc ). Consecuencia primeira: deforestacións en masa.

  • Exemplo de crise enerxética polo uso excesivo dos recursos:

“El auge de Atenas en tiempos de Pericles, en el siglo V a.C., disparó el consumo de madera a consecuencia de varios factores derivados de su supremacía militar en el Mediterráneo, adquirida cuando la flota de Temístocles venció a los persas de Jerjes en la renombrada batalla de Salamina (480 a.C.): la construcción naval asociada al mantenimiento de la flota (un contemporáneo dijo que “ningún poder en la Tierra, ni el rey de Persia ni ninguna persona bajo el Sol, podía impedirles navegar por donde querían”); la construcción civil asociada al crecimiento de la población (numerosos inmigrantes acudían atraídos por la fama de la ciudad vencedora); la demanda de leña y carbón vegetal para cocinar y calentar las casas; el carbón vegetal que consumían los hornos de la potente industria vidriera y alfarera, cuyos productos representaban la alta tecnología de aquel entonces y que Atenas intercambiaba por materias primas de otros lugares (trigo de Egipto, estaño de España, etc.); y el carbón vegetal que consumían los hornos de las minas de plata de Laurion, con la que la ciudad financiaba su continua expansión. Con tanta prosperidad, el consumo de madera se hizo muy superior a la capacidad de producción de los bosques que rodeaban a la ciudad, acarreando su deforestación y la necesidad de importar madera desde lugares muy lejanos. El consecuente incremento de los precios originó una importante “crisis energética”, en la que es fácil reconocer muchos paralelismos con la situación actual. La necesidad de madera hizo que los atenienses enviaron 10.000 colonos a establecerse en Anfípolis (la antigua capital de Macedonia), para garantizar el suministro permanente de pinos y abetos. También les llevó a desarrollar las primeras viviendas bioclimáticas, constituidas por un patio orientado al Sur, al que dan las habitaciones, que cierran sus paredes por el Norte. Este tipo de viviendas exigía una inversión inicial mayor que las convencionales, pero permitía aprovechar el calor del Sol para calefacción, ahorrando madera o carbón vegetal. Como se ve, la ocupación de territorios extranjeros, productores de recursos energéticos, y la utilización de la energía solar para ahorrar energía en los edificios no constituyen una novedad asociada a los avatares del petróleo”.

(Mohedano Córdoba)

  1. Man de oba esclava.

    • Sobre este tipo de fonte enerxetica podemos facer unha sinxela reflexión sobre a relación entre necesidade e cambio, entre tecnoloxía  estrutura socio-económica:

      • A aparición do muiño de auga posiblemente tivo a súa aparición antes da era cristiana: unha máquina sorprendene e de moita utilidade…. Que case on despertou ningún interés. ¿Por que ? A resposta é simple: no había necesidad dela, xa tiñan unha fonte de enerxía abundante e barata, os esclavos, para moer os cereais. A estructura socio-económica resultou determinante para que así ocurira. Pero a esclavitude desapareceu e os muiños de auga multiplcáronse.

 “ A difusión final do muiño pode aparecer coma mero resultado racional e recoñecer pouco a pouco a superioridade técnia. Pero fixo falta nada menos que a decadencia dun imperio, o cristianismoe a nova estructura feudal para implantar a máquina. Vemos así enretecerse sempre, no telar da historia, esas dúas clases de forzas, técnicas e sociais.”

 ( Sic., J.L. Sampedro: Las fuerzas económicas de nuestro tiempo, edit. Guadarrama )

Documento orixinal onde se relexiona sobre as causas da baixa productividade da terra no Imperio romano. Podería relacionarse co mal uso da enerxía ( ainda que ésta sexa o esclavo) e facer que o lector lle dea voltas á idea de que a Terra non é inesgotable:

“… non é licito considerar á Natureza, á que o primeiro creador do mundo dotou dunha fecundidade perpetua, como afectada por algún tipo de enfermidade; por outra parte, tampouco é razonable crer que a Terra envelleceu coma o hom, sendo así que lle tocou en sorte unha xuventude divina e eterna e e chamada nai común de tódalas cousas por ter parido todo e porque o parrá en diante. Por ilo, sosteño que nos sucede isto non polo mal tempo, senon máis ben pola nosa culpa, xa que enregamos o cultivo dos nosos campos, coma castigados a un verdugo, ós peores dos nosos esclavos mentres que os nosos antergos os trataron co máis exquisito coidado.”

( Columela, “Sobre a agricultura”, I, Prefacio 1-6 )

  1. Animal. O seu uso permitiu o home aumentar a productividade agrícola en relación tempo – forza – superficie. O can xa se domestoicou en China e SO de Asia cara o 10.000 a.C, porcos, ovellas e cabras no 8.000a.C, e cabalos e burros no 6.000 a.C

 Curioso este documento do S I d.C. que fala das excelencias do asno no traballo do agro romano:

                 “ Emprégase para moitos traballos (…), rompe a terra blanda, como a da Bética e a do Norte de África, cun arado lixeiro(…) O conductor dun borrico cárgao de calquera tipo de froitos e, á súa volta da cidade, leva nos seus lombos unha pedra de muiño ou unha carga de pez negra.Pero o traballo máis habitual deste animal consiste en dar voltas ás pedras do miño para triturar o trigo. Por isto, toda explotación rústica debe ter un borrico coma instrumento máis necesario”

( Columela, “Sobre a agricultura”, VII,I )

 Na agricultura romana foi case inexistente a búsqueda de novas máquinas máis alá do arado romano, que aforraran enerxía, animal ou humana, pero si se realizou un grande esforzo para acadar o máximo aproveitamento racional dos recursos. Exemplo, o tratdo de agricultura de Cogumela ó que pertencen os dous documentos anteriores , no que se di que a producción de  4 ou 5 modios de trigo ( entre 35 e 45 kg ) necesitan de dez xornadas e media e traballo.

 A enerxía na Idade Media

Durante a Idade Media, acentuouse a tendencia á ruralización das actividades económicas, camiñando cara unha economía “natural” máis atrasada que a do mundo romano. As paisaxes rurais, ante a debilidade demográfica, estaban dominadas polo bosque ( saltus), que tiña unha gran extensión, e que non empezou a perder terreno ata as roturacións a partires do S XI. Antes desta ata, a falta de recursos humanos e técnicos foron un obstáculo para as roturacións, xunto co feito de que o bosque estaba integado na paisaxe e no aproveitamento rural, integrado este pola intensa relación entre territorio cultivado ( ager), gandería e bosque ( saltus ).

 

As xentes estaban a merced do medio físico:

  • ¿ Como enforntarse por exemplo ó frío ou á calor? A arma contra o frío invernal, só ausente na zona mediterránea, eran uns ineficaces sistemas de calefación ( chimeneas qu evacuaban ó exterior a maior parte do calor ) nos que para facer lume se usaban  madeira dos bosques (deforestación ) e carbon vexetal coma combustibles.

  • A noite era tempo de inactividade. Á escasa luz que daban as candeas , o que impedía realizar calquera traballo, p.ex. artesanal en boas condicións ( os gremios prohibían expresamente trabalar os seus membros d noite ), uniase o enorme perigo de incendios. Estes eran un elemento cotidiano na vida do home medieval; a abundancia da madeira ( outra  vez deforestación ) como material de construcción era a principal causa..

 Un fito crucial na idade media ven sendo a “revolución” agrícola e demográfica que se produce nos S XII – XIII:

 

“ O gran aumento da poboación, perceptible xa no S XI (…) foi tanto causa coma conscuencia do crecemento económico.

Causa, porque a maior disponibilidade de man de obra permitía unha división do traballo, emprender novas actividades productivas, sobe todo n sector agrario, ou adicar máis homes ós sectores manfactureiros e mercantil, o que estimulaba á súa vez a producción e distribución de bens e facilitaba, nuns séculos de renacemento monetario, a a cumulación de capitais para invetir en meloras técnicas e en ovas empresas.

Causa, tamén, porque o incremento da demanda, provocado, en parte, polo o da poboación, requería maior producción ou oferta, so pena de empobrecemento ou de inversiónda tendencia poboacional (..)

Consecuencia, porque o aumento a poboación non se consolidaría nin tería continuidade durante varios séculos se non se deran unhas condicións de crecemento ecnómico e cambio social ( …)

Estímase que que a poboación se multiplicou por tres “ entre os S IX e comenzos so XIV, ata acadar posiblemente os setenta ou setena e cinco millóns de seres(…)”

 ( Migel A. Ladero Quesada: Historia Universal Vol. II, Edada Media , Vicens Universidad,Barcelona 1987, pp. 383-384)

evolución  poboación idade media

Este aumento de poboación realizouse sen grandes avances tecnolóxicos, o que naqueles tempos chamaban “artes mecánicas “,  e cuna baixa disponibilidade de enerxía : 10.000 calorias habitante/día. Enerxía propocionada fundamentalmente por dúas fontes: homes e animais.

 

Nada era posible sen man de obra ( por certo, mal alimentada na súa maioría), axudada , iso sí, pola enerxía animal ( cabalos, mulos, bois e asnos). Houbo melloras na utilizacion desta forza animal: o xugo frontal nos bois,o colar ríxido nos cabalos ( de orixe centroasiático ), o estribo ( nacido na India no S II a.c.) ,o aparello en hilera ou atelaxe para aproveitar máis a forza de tracción, a herraxe para protexer os cascos.

Si antes un cabalo non podía con mais de 500 Kg, cos avances técnicos pode arrastrar agora 2.500 ( e ata 5.000 si conta cun vehículo). A “revolución tecnolóxica “ a partires do S X, con elementos como a ferradura ou o colar ríxido, pasou de proporcionar 200 a 735 watios de potencia ( o que centos de anos depois se deu en chamar “cabalo de vapor” = 735 WATIOS). Este animal, o cabalo, foi substituindo paulatinamene ós bois desde mediados do S XII ( sobre todo na Europa Atlántica), o que conleva cambios ( cultivo de forraxes como a avea que , a sua vez, provoca o aumento das terras cultivadas – a deforestación sempre presente, xunto coa queima de matorrais, seca de pantanos e formación de polders, coma en Fandes )  pero tamén melloras: cecemento da producción e mellora na explotación das terras ( o cabalo traballa 1,5 veces máis rápido co boi, e dúas horas diarias máis ).

 

O nivel tecnolóxico era mi pobre. Os romanos do S I comprenderían perfectamente a ciencia do S XVI , ainda que podemos decir que houbo importantes melloras no transcurso da dade Media, sobre todo entre os S XII e XIII. Por exemplo no transcurso do S XI difundiuse o uso de un novo tipo de arado, chamado de rodas e vertedera, que viña a substiuir ó arado romano ou lixeiro( excepto no mundo mediterraneo). Tiña unha reixa para cortar o chan, unha vertedeira para voltear a terra e unhas roda dianteiras. Así podíase penetrar a maior profundidade no solo, podendo limpar, humidificar, airear e recuperar a fertilidade. Todo isto, unido ó maior aproveitamento a enerxía animal, da que xa falamos, e os novos sistemas de rotacións de cultivos.

 

Por outra parte, o muiño movido por enerxía natural permite aforrar unha gran cantidade de traballo humano ( un muiño hidráulico equivale ó traballo de 40 homes). En primeiro lugar os muiños de auga, xeralizados a partir do S XI ( ainda que coñecidos xa a patires do S II a.c.), e logo os de vento.

En canto ós primeiros, adicábanse a diversos usos: batáns para paños, papeleiros para a pulpa, cerveceiros,de carballo para obter o tanino para curtir as peles,… e sobe todo muiños cerealisticos. Un muiño fariñeiro podía moer 1,5 Tm de trigo en 10 horas ( o equivalente ó traballo de 40 homes )

 

Polo que respecta ós muiños de vento, empezaronse a introducir a partires do S XII ( a 1 noticia dun muiño de vento cons aspas xirando e torno a un eixe horizontal data do ano 1.185 9, aumentando as posibilidades de moer cereal a zonas de pouca auga ou moi chas ( p.ex. Holanda, onde tivo un gran difusión ). Tiñan unha plataforma xiratoria, o que faciltaba o aproveitamento dos ventos de diferente dirección.

 

A forza da auga da auga tamén se usaba para mover reloxios ( S XIII), aserrar troncos, serras mecánicas para cortar pedras e mármore, nos martinetes de forxas e ferrerias para cortar o ferro, para machacar vexetais na producción de mostos e cervexas, norias,…

Como coresponde a unha época pre-industrial, predominan na idade media as ferramentas sobre as máquinas. De tódolos xeitos, non se deixa de buscar un movemento rotatorio continuo e autoxenerado, e a súa transformación en movemento lineal, o que acabou coa aparición do sistema biela-manivela a finais do S XIV.

 

O tear de pedal xa se coñecia desde fins do S XII e o torno de fiar comenzouse a usar cara 1280.Con respecto á industria textil a Idade Media, podems analizar este exto extraido de “ La baja Edad Media, del S XII al  XV “ ( M. Riu, Monesinos ditor, Bacelona, 1986 ):

 

“Para preparar a lana ( lavala, cardala e fiala) destinada  a tecer un pano precísanse de 10 a 12 días de traballo , para tecer  a devandita peza de 6 a 7 días, e outra semana para batanalo e darlle acabado. A producción mensual dun taller de varios teares podía acadar as 12 pezas, dunhas 40 alnas por 3 de anchua. Tecíase unha 10 horas diarias, estando prohibido facelo á luz das velas ou lámadas de aceite, e calculouse que un bo tecedor podía facer uns 3,50 metros de tela  ó día, e unhas 30 ou 40 pezas ó ano, estimando a alna en 0,70 m(…) Así, non era moi raro que as pezas acadaran prezos moi altos.

 En Holanda, a mediados do S XIV, unha peza de tela de boa calidade dunas 30 alnas custaba o mesmo que uns 950 litros de viño. Unha tela fina de Bruselas podía custar uns 800 gramos de ouro, ou o equivalente a un diamante, cinco rubíes e cinco esmeraldas, ou uns 30 kg de pimenta. (…) Un carpinteiro precisaria o salario de 3 meses para mercar unha peza de tela de mediana calidade e o dun ano para unha tela de scarlet.”

 ( escarlet ou escarlat: a mellor e máis cara peza de lá)

 

“A Idade Media  é o mundo da madeira” ( Jacques le Goff), utilizada coma combustible e material de construcción. O crecemento económico tivo un soporte fundamental nos enormes recusos forestais da Europa central e atlántica. A serrería, a forxa e o muiñ eran res elementos básicos na vida campesiña. A deforestación , consecuencia das roturacións, chegou a ser un problema serio, co cal se empazaron a tomar medidas no S XIII, coma regulacion de talas, protección de especies, prohibición de entrada indiscriminada no bosque,…. Para darse conta da dimensión do problema, basta con saber que no norte de Francia, no S XIII,os pobres alugaban o féretro para os enterros debido ná carestía da madeira !!

 

 Debido á falta de madeira en lugares como as illas británicas, comenzouse a utilizar o carbón mineral.O Papa Pío II ( S XV ), fala da súa visita a escocia facendo mención dunha “pedra negra” que recibían como limosna as xentes ás portas da igrexa para queimala en lugar de madeira “ da cal os eu pais está desprovisto”.

 

Por primeira vez na historia, e debido ó uso do carbón mineral,temos referencias á contaminación atmosférica, cando nun escrito inglés de 1307 se di que “ o uso de carbón produce un irrespirable olor que se extende por todos lados, e contamina o aire causando amplo decontento e afectando ó benestar físico”.

O ferro comenzouse a utilizar moito máis que en épocas anteriores: arados, gadañas, fouces, ferraduras, armaduras, cadeas,…. Contrapartida ecolóxica: eran necesarios 25 m3de madeira para obter 50 kg de ferro a partires de 200  de mineral, polo que era un proceso moi costoso e deforestador.

 

Polo que respecta á navegación marítima, no S VIII no Mediterráneo triunfou a vela latina ou triangular que mellorou o aproveitamento dos ventos ( polo menos ata 1300, que foron sunbstituidas polas cadradas). A galera era nese mar o barco máis común, con dous mástiles e 2 ringleras de remos ( 120 remeiros), e , pese a desplazar máis de 100 Tm , a súa carga útili non superaba as 20. Podemos pensar na cantidade enorme de enerxía necesaria para tan pouco rendemento.

No Atlántico o barco post-vikngo era o máis común, cun desplazamento de 30 Tm, pero no S XIII foi desplazado pola coca, con posibilidade de transporte de de 200 a  máis de 500 Tm, movida a vela e cos remos coma lementos de apoio á navegación. Estase a anunciar o gran desenrolo do ráfico oceánico da baixa idade media.

A mezcla de nirato de potasio con carbón molido e azufre, inventada polos chinos arredor do S IX, puxo a enerxía química ó servizo do home, ou máis ben da guerra. 

Como ejemplo temos a narración sobre o sitio de Algeciras en 1343 ( Crónica de Alfonso XI):

 

        Los moros tiraban muchas pellas de fierro que las lanzaban con truenos, de que los cristianos habían muy grande espanto, ca en cualquier miembro de ome que diese levábalo a cercén como si se lo cortasen con un cuchiello; e quiera que ome fuese ferido della, luego era muerto, e non avía cerugía ninguna que le pudiese aprovechar; lo uno porque venía ardiendo como fuego, e lo otro porque los polvos con que le lanzaban eran de tal natura que cualquier llaga que ficieses, luego era el ome muerto”.

 

A pólvora, usada nos primitivos cañóns turcos, permitiu conquistar Bizancio, derribando no só as súas murallas, senon os últimos vestixios do que fora o imperio romano de Oriente. A Idade Media pecha as súas portas.

 

Durante a Idade Moderna , Europa ábrese definitivamente ó mundo. Primeiro Portugal ( Enrique o Navegante), logo España ( un imperio onde o sol nunca se poñía) e despois potencias coma Holanda ou Inglaterra, desenvolveron unhas enormes e potentes flotas – comerciais  e de guerra- … e os barcos estaban feitos de madeira. ¡Cantos anos levamos limpando o planeta de árbores!

Pero tamén se necesitaba ferro ( e carbón ), tanto para construir barcos, como para manter uns enormes imperios, uns potentes exércitos  que loitaron en innumerables guerras ó longo de máis de 200 anos.

O imperio español, as guerras entre as potencias europeas, as armas necesarias para elas, a inxentes flotas ultramarinas, a explotación das colonias ( americanas, asiáticas, africanas ), tódalas industrias artesanais necesarias para manter todo isto,… Unha enorme cantidade de enerxía necesaria, un bo feixe de recursos consumidos.

 

Enerxía e Revolución industrial 

 

A Revolución industrial  supón un fito sen precedentes na utilización da enexía. Ata de o de entón as fontes enexéticas eran a madeira, a auga, o vento e a enerxía aimal e humana. As novas fontes enerxéticas serán o carbón, o petróleo e o gas natural. Ata o S XVII, na historia da humanidade a tecnoloxía usada polo ser humano non variou moito. Neste século, e coa invención da máquina de vapor, o home viu coma o ritmo de evolución tecnolóxica é frenético, así como a substitución do que viñan sendo as fontes enerxéticas primarias ( a madeira, a esclavitude, a enerxía de orixe animal, as enerxías renovables coma a eólica e hidráulica, a propia forza humana ). A máquina de vapor vai dar un xiro radical á siderurxia, a industria téxtil e ós medios de transporte ( sobre todo co ferrocarril ).

 

Os avances científicos e técnolóxicos son cada vez máis rápidos, tanto coma nunca o foron en toda a historia da humanidade. O acaecida durante a revolución industrial, vai ter efectos inmediatos, xa non tan só no sistema económico ( e político ), senon no social: Aparecen as clases sociais. E nelas, no sistema e modos de vida das persoas, vai influindo todos e cada un dos avances científico-técnolóxicos.

EVOLUCION NO USO DAS FONTES DE ENERXIA COMBUSTIBLE

Se hai unha conclusión que podemos extraer do consumo enerxético desde o S XIX é a absoluta dependencia dos hidrocarburos e da biomasa tradicional, ricos en carbono. A súa combustión expulsa á atmósfera inxentes cantidades de dióxido de carbono e outros gases de efecto invernadoiro.

 A este  respecto son moi intresantes as ideas de Mariano Marzo  na revista Barcelona Metropolis Mediterranea nº 67(Catedrático de estratigrafia e profesor de Recursos enerxéticos da UB):

 “¿Qué eninanzas podemos extraer ó analisar o uso da enerxía desde unha perspectiva histórica?

 Ó meu xuizo (…) revela tres tendencias importantes.

 A primeira é que a historia da enerxía é realmente a historia do noso desarrollo material. O home soubo construir máquinas cada vez máis sofisticadas para aproveitar a enerxía e multiplicar a sua capacidade para realizar o traballo útil.(….) Co transcurso do tempo, o ser humano non só avanzou no deseño de mellores máquinas, senon na utilización de formas de enerxía cada vez máis efeicientes, concentradas, transportables e cómodas.(…)

 A segunda é que nos últimos 200 anos  o ser humano efectuou máis descubrementos e invencións que durante milenios. Sen dúbida,este feito é consecuencia de que calqueira achádego científico ou invento conduce a outro, de xeito de que a innovación resultante acum´lase de xeito acelerado. Pero con toda probabilidade, o factor determinante foi a transformación política cara formas de maior liberdade persoal experimentada polas sociedades humanas. O individuo  que se sinte libre para actuar e  poder disfrutar do resultado dos deus actos ten un maior incentivo para inventar ferramentas que lle axuden a incrementar a súa productividade e benestar. Os escravos e os servos no teñen ese incentivo. Creatividade e liberdade van intimamente ligadas.

 A terceira é que o ser humano ten unha enorme capacidade inventiva.(…)Isto é así poruqe no seu devenir histórico o home tivo que enarar numerosos e importantes desafíos e atopar as solucións pertinentes. A miudo tales solicións permitíronlle lograr unha posición máiss ventaxosa da que tiña antes de que aparecera o problema. Certamente, o vigor, resistencia e inxenio do ser humano fórxanse na adversidade.Esta tendencia insufla unha boa dose de optimsmo para afrotar o desafío enerxético que a humanidade ten actualmnte plantexado. Éste non é outro que a urxente necesidade de concretar un novo mdelo que saiba compaxinar o vello paradigma da disponiibilidade de enerxía abundante e barata coas irrenunciables e acuciantes esixencias de sostibilidade e respecto ó medio ambiente. Un desafío que pasa,unha vez máis,por unha revolución tecnolóxica que nos libere da dependencia dos combustibles fósiles ou que, como mínimo, nos permita seguir utilizandoos de xeito “ limpo “

EVOLUCION DA ENERXIA DISPOÑIBLE 1700 2000

Enerxía e poboación.

“Á humanidade custoulle miles de anos chegar ó primeiro millón de persoas, 123 anos ó segundo, 33 ó terceiro, 14 ó cuarto e 13 ó quinto; en 1999 alcanzáronse xa os 6000 millóns, e a última prospección de Nacións Unidas (1998) indica unha estabilización en torno ós 10.000 millóns para o ano 2100.(…)

A pregunta que podemos formularnos é: ¿en qué :medida pode influir o uso da enerxía na transición demográfica? Pero observemos antes cómo viven 2 familias típicas, unha rural no sur da India e outra de clase media nos Estados Unidos, cuxas necesidades e actividades eonómicas principais se resumen en(…):

necesidades

(…)Non cabe dúbida de que no control voluntario da natalidade inflúen multitude de factores culturais, económicos, políticos e tecnolóxicos, pero tamén a maior ou menor facilidade coa que unha familia consigue satisfacer o que considera −ou o que se ve obrigada a considerar− as súas necesidades diarias. Aspectos como o do papel da muller na familia e a sociedade, as expectativas de supervivencia infantil e a importancia do traballo dos nenos para a economía doméstica van a ser igualmente importantes.

Polo tanto, pódese decir que a energía ten un peso significativo na evolución demográfica ou, dito noutras palabras, que determinadas “imposicións” no uso da enerxía pueden constituir un auténtico lastre para a consecución da esperada transición demográfica. Transición que é tanto máis desexada, convén non esquecer, canto máis comprometidos se ven os recursos ante o ritmo consumidor da minoría rica da población mundial. (…)

 

¿CARA ONDE IMOS?

 

Ou dito noutras palabras: ¿ata cándo este imperativo enerxético? Desgraciadamente a humanidade non ten, hoxe por hoxe, unha resposta. Moitos falamos e desexeamos oír falar dun modelo de sostibilidade mundial, crer na idea de que é posible satisfacer as necesidades presentes sen comprometer idéntico dereito ás xenacións futuras. Sei que algúns pensan que esta idea é más unha declaración de intencións ca un proxecto realmente viable. Pero creo que existen evidencias suficientes de que o modelo enerxético que os privilexiados estamos inventando é causa de maiores problemas cada día; que é unha construción teórica cuxa realización práctica presupón unha idea profundamente errónea, a saber, a dunha ilimitada disponibilidade de enerxía; que se trata, ademáis, dun modelo irresponsable na medida na que se impón sen preocuparse dos custos. Debemos aspirar a encontrar un modelo enerxético xusto en todos os seus termos e matizacións posibles, un modelo pensado por e para a maioría dea humanidade no que a responsabilidade interxeracional sexa universalmente asumida. É unha esixencia, na miña opinión, irrenunciable.”

 

(Fonte: Estefanía Caamaño Martín ( Instituto de Enerxía Solar, Univ. Politécnica de Madrid )”Otras caras de la energía “)