Arquivo do blog

1. O REXURDIR URBANO

O  feudalismo favorece que co paso do tempo se volva a unha situación de seguridade ,chegado o ano 1.000. Os campesiños poden traballar con tranquilidade, máis e mellor. Os comerciantes poden comerciar e os artesáns levar adiante os seus obradoiros. Deste xeito, cara o ano 1000, os «tempos bárbaros» chegaron ao seu fin… despois de  cinco séculos!!

 As vellas cidades rexurden, reviven. E moitas novas “ven a luz”. Urbes reais ou eclesiásticas coma París, Londres, Viena, Roma, ou grandes cidades comerciais coma Xénova ou Venecia superan os cen mil habitantes.

 Esta nova época de prosperidade ( S XI,XII e XIII ) mellorou as condicións de vida da xente. As súas causas foron principalmente estas catro:

 1)       A seguridade recuperada que ofrece o sistema feudal ( os señores defenden e protexen ao pobo ), favorece o desenvolvemento das actividades económicas : agricultura, artesanía  e comercio.

2)      A expansión agraria. A produción agrícola aumentou en toda Europa, debido a:

– O chamado «óptimo climático medieval»: un período cálido en Europa  que chegará ata finais do S XIII.

– Os avances na agricultura fan que aumente o rendemento das terras: prodúcese máis e mellor.

  • Inventouse o arado de rodas e vertedeira ( ou veso ) ,que labraba as terras a maior profundidad, xa que tiña unha peza de ferro.

  • A coleira ( colar de coiro recheo de palla ) e a ferradura permite utilizar a forza dos cabalos ( antes enganchaban ao pescozo estrangulando aos animais ). Si antes un cabalo non podía con mais de 500 Kg, cos avances técnicos pode arrastrar agora 2.500 ( e ata 5.000 si conta cun vehículo).

arado vertedera

  • As ferramentas de ferro son máis comúns e fan o traballo máis levadeiro e rendible: gadañas, picos e pás, aixadas, restrelos …

  • Aumentan as terras cultivadas: a costa do bosque, de desecar terras pantanosas ou de utilizar terras ata entón sen traballar.

  • Inventouse a rotación de cultivos: dividen as parcelas de terra e van alternando os cultivos. Fíxate nestas imaxes:

rotacion bienal TRIENAL

Así, a agricultura é máis produtiva.  Hai máis alimento, si, pero sempre coa auga ao pescozo: seguía a haber crises periódicas. Calquera sequía ou enchenta, unha praga , etc. Podía provocar  épocas de fame, enfermidades e morte.

 3)      Hai unha explosión demográfica global: o aumento e mellora da alimentación fai que a poboación aumente. Xa falamos que hai cidades que chegan aos cen mil habitantes.Outro exemplo:  Lembra que temos falado que no S VII a Galia romana pasara de 10 a 3 millóns de hebitantes. A Francia medieval conta con entre 10 e 15 millóns de habitantes.

evolución  poboación idade media

4)      Aumentan as actividades comerciais. Bo exemplo son as feiras  e mercados das aldeas, vilas e cidades. Os artesáns venden os seus produtos cara ao público, os comerciantes levan e traen produtos dun lugar a outro, e os campesiños acuden á cidade ou vila a vender o excedente da súa produción agrícola.

Advertisements