Arquivo do blog

Filipe II

487px-Portrait_of_Philip_II_of_Spain_by_Sofonisba_Anguissola_-_002b

Filipe II ( Imaxe Wikipedia )

En 1556 recibiu a coroa ao abdicar o seu pai Carlos I e en 1580 anexiou Portugal, reino recibido en herdanza ( lembra a política matrimonial dos Reis Católicos ).

Filipe II loitou por dous obxectivos:

1. A defensa do catolicismo en Europa contra o protestantismo, xudaísmo e islamismo. Levou isto á rebelión dos Países Baixos ( en 1581 a parte norte protestante conseguiu a independencia ) e dos moriscos de Granada ( 1567-70).

2. Manter a hexemonía da monarquía hispánica en Europa, loitando contra Francia ( vitoria nas batallas de San Quintín ), contra o imperio turco ( vitoria na batalla de Lepanto ) e Inglaterra ( fracaso da Armada Invencible no seu intento de conquista de Inglaterra ). Como represalia por este intento de conquista, os ingleses ao mando de Francis Drake atacaron A Coruña, ataque no cal destacou a defensa que da cidade fixo María Pita.

IMPERIO DE FILIPE II SXVI

 

Advertisements

Carlos I

Carlos I ( Imaxe Wikipedia )

Carlos I ( Imaxe Wikipedia )

O monarca máis poderoso de Europa grazas a herdar un inmenso imperio, foi elexido emperador do Sacro Imperio Romano xermánico en 1519, que quería converter no Imperio cristián universal ( Universitas Christiana ).

 Problemas internos: revoltas contra a política do rei ( comunidades de castela ) e contra os abusos señoriais ( xermanías ne Valencia e Mallorca )

  • Guerras: contra Francia ( pola hexemonía en Europa ), contra os protestantes no Imperio alemán e contra os turcos.

  • No seu reinado levouse a cabo a conquista dunha enorme extensión de territorios en América.

Os Reis Católicos

reis catolicos

A unión matrimomial de Sabela I de Castela e Fernando II de Aragón, supuxo o comenzo da integración territorial dos diferentes territorios e reinos peninsulares baixo unha única autoridade:

– 1479: co seu casamento uniron …

…. a Coroa de Castela,centro da monarquía hispánica, na que estaban integrados os reinos de Galicia e León,

… coa Coroa de Aragón, con Cataluña e os reinos de Valencia, Mallorca e Nápoles

– 1492: Conquista do Reino de Granada

– 1512: incorporación por conquista do Reino de Navarra

Para impoñer a súa autoridade en todos estes territorios, os reis Católicos levaron unha política de reforzo da autoridade monárquica ( autoritarismo ) e de formación dun Estado moderno, na liña do que xa vimos. Por exemplo, en Galicia, despois das revoltas irmandiñas, impuxeron a súa autoridade coa figura do Xustiza maior do Reino, co Tribunal da Real Audiencia, co Capitán Xeral, coa Xuntas do Reino, ou co castigo aos nobres galegos que non obedecían a a súa autoridade ( p.ex. O axustizamento do mariscal Pardo de Cela en Mondoñedo no 1483 )

7 provincias de galicia s xvi

Por outra parte, os reis Católicos levan a cabo unha política de alianzas matrimoniais con países coma Portugal, Inglaterra ou Austria.

monarquia hispanica s xvi

6. O DESCUBREMENTO DE AMÉRICA

Imaxe: educared

Imaxe: educared

No seu intento de circunvalar a Terra para chegar ás Indias Orientais ( Asia ), Cristóbal Colón partiu de Palo de Moguer ( Huelva ) ao mando dunha flota formada por dúas carabelas ( a Pinta e a Niña ) e unha nao ou carraca (a Santa María ) que o 12 de outubro de 1492 chegou ao que eles pensaban que era Cipango ( Xapón ) pero, en realidade,  era a Illa Guanahaní . Tes que saber que Colón tivo un erro de cálculo : pensaba que a Terra tiña uns 30.000 km no Ecuador, cando na realidade ten 40.000.

Christopher_Columbus

Cristóbal Colón ( Imaxe Wikipedia )

A primeira nova do novo decubremento chegou coa nave de Martiño Alonso Pinzón a Baiona ( Pontevedra ) en marzo de 1493. Colón orrería sen saber que as terras ás que el chegara non eran Asia, senon un “novo” continente, que recibiría o nome de Américo ( en honor ao navegante e cartógrafo Americo Vespucio ).

 A Conquista e Colonización de América.

Unha vez chegaron os españois aos novos territorios comenzou a súa conquista e colonización, proceso que se levou a cabo de xeito relativamente sinxelo e rápido grazas á superioridade militar española. Nun primeiro momento concentrouse nas chamadas Antillas ( Mar Caribe ) con contactos nas zonas de México e Florida, ata que chega a época dos grandes conquistadores  (1519 – 40)  , destacando sobre todos:

  • Hernán Cortés: imperio Azteca ( México )

  • Francisco Pizarro: imperio Inca

CONQUISTADORES

Nos seguintes anos, rematouse a conquista co que hoxe en día é Hispanoamérica ( excepto Brasil que será portugués ) e zonas da actual EE.UU.

As consecuencias da conquista son moitas, variadas e non sempre positivas. Podemos destacar:

  • Europeización do mundo: os europeos levan a súa civilización ( idioma, cultura, costumes, relixión … ) a amplos territorios antes descoñecidos. Isto conleva a desaparición das culturas tradicionais dos pobos indíxenas, así como a disminución da súa poboación debido ás guerras e a novas enfermidades que os europeos levaron ás novas terras ( a gripe, p.ex., diezmou a boa parte da poboación das illas caribeñas en poucos anos ).

  • Época de prosperidade económica para Europa : desenvolvemento comercial e artesanal debido aos intercambios entre Europa e América. De alí traían sobre todo metais preciosos ( ouro e prata ) e Europa exportaba produtos manufacturados ( artesanais ). Unha boa cantidade de produtos agrícolas americanos eran descoñecidos para nós: pataca, millo, cacao, tabaco, tomate, pemento e cacahuete, entre outros.

O comercio con América era un monopolio da Coroa de Castela a través da chamada Casa de, que só usaba o porto de Sevilla coma porta de entrada dos produtos americanos ( Pensa o porqué: a Coroa quedábase coa quinta parte de todo, incluidos os cargamentos de ouro e prata )

  • Mistura de razas: euopeos, indíxenas e negros traidos de África como man escrava

Batalla entre españoles e indios en una edición española de la conquista del Peru de Prescott.

Imaxe da conquista e explotación dos indíxenas que o frai Bartolomé de las Casas describe en 1552 no seu libro “ Brevísima relación de la destrucción de las Indias “:

“La causa por que han muerto y destruído tantas y tales e tan infinito número de ánimas los cristianos ha sido solamente por tener por su fin último el oro y henchirse de riquezas en muy breves días ( … ) por ser aquellas tierras tan felices e tan ricas, e las gentes tan humildes, tan pacientes y tan fáciles a sujetarlas; a las cuales no han tenido más respecto ni dellas han hecho más cuenta ni estima(…)no digo que de bestias (porque pluguiera a Dios que como a bestias las hubieran tractado y estimado), pero como y menos que estiércol de las plazas.(…)”

5. DESCUBREMENTOS XEOGRÁFICOS

DESCUBREMENTOS XEOGRAFICOS

Os descubrementos xeográficos de finais do S XVI e, sobre todo do S XVI, non serían posibles se non se xuntaran unha serie de causas:

◦   Búsqueda de novas rutas cara Oriente  (comercio de especias – pementa, canela, azafrán … –  e produtos de luxo como a seda da  India e China ) ¿Por que ? En 1453 os turcos otomanos toman Constantinopla: pechan a ruta cara Asia. Só quedan dúas solucións: rodear África ( o que fan os portugueses ) ou cruzar o Atlántico ( Cristóbal Colón descubre América )

◦   A idea de que a Terra era esférica ( “redonda” ).

◦   Avances técnicos: cartografía, instrumentos de navegación ( brúxula, astrolabio, cadrante ), novos barcos máis veloces e con maior capacidade de carga ( exemplo: carabela, nao ). A navegación pasa a ser de cabotaxe ( coa costa sempre á vista ) a ser de altura grazas a estes avances.

◦   O afán de riquezas da burguesía leva a buscar produtos noutros terras.

avances tecnicos

As viaxes e descubrementos mías importantes son realizados por Portugal e  Castela:

  • Portugueses: buscan a nova ruta cara as Indias ( Asia ) bordeando África. Internáronse no Atlántico descubrindo as illas Azores e as Madeira, para logo costear África. En 1488 Bartolomé Días chega ao cabo de Boas Esperanza e no 1498 Vasco de Gama chega ás Indias Orientais

  • Casteláns: buscan esa nova ruta navegando cara ao oeste, cruzando o O. Atlántico, o que  levou a Cristóbal Colón a descubrir América, e máis tarde a primeira circumnavegación ( volta ) do mundo ( Fernando de Magallanes e Juan Sebastián Elcano entre 1519 e 1522 )

800px-A_chegada_de_Vasco_da_Gama_a_Calicute_em_1498 wikipedia

Vasco da Gama chega a Calcuta en 1498 ( Imaxe Wikipedia )

 

4. REFORMA E CONTRARREFORMA

reforma

O Humanismo propón un novo xeito de relixiosidade. Erasmo de Rotterdam, desde os seus estudios sobre a Biblia e co espíritu crítico do Humanismo, fai unha censura  da igrexa católica, sobre todo da corrupción e os aspectos exteriores da relixiosidade medieval. Aspectos coma a simonía ( venda de cargos eclesiásticos ), nepotismo (favoritismo polos familiares para ocupar eses cargos ) ou o  nicolaísmo ( matrimonio ou amancebamento dos cregos) foron moi criticados.  Avoga por unha reforma da Igrexa católica, pero sen ruptura.      

En 1517, Martiño Lutero, un monxe alemán, rechaza ( Protesta, de aí o nome de protestantes que se lle dá os seguidores de Lutero ) duramente a venta de indulxencias ( perdón dos pecados ), o luxo e riqueza que rodeaba ao clero, e o poder político do Papa. Propón unha reforma da Igrexa católica. Publica as 95 teses, entre as que resaltan:

A salvación pola fe, non polas obras

Relación directa con Deus:  lectura individual da Biblia e relixiosidade interior.

Negación da autoridade papal.

Só hai 2 sacramentos: bautismo e eucaristía

Esta proposta de reforma ten 3 consecuencias:

 

  1. A ruptura da Igrexa cristiá católica europea: Norte Protestante, Sur Católico. Á reforma luterana seguiulle a Calvinista ( de Jean Calvino ) e a Anglicana ( o rei Inglés negou obediencia ao Papa ao negarse este a concederlle o divorcio da súa muller Catalina de Aragón )

  2. Guerras de relixión

  3. Contrarreforma Católica: o Papa pon en marcha unha Contrarreforma convocando o Concilio de Trento, para evitar a extensión do protestantismo e reformar a igrexa católica. As conclusións máis importantes son:

 • Reafirmar a autoridade do Papa

• Conséguese a salvación non só pola fe, senon tamén polas obras.

• A lectura e explicación da Biblia debe estar a cargo dos sacerdotes.

• Propón unha maior austeridade e formación do clero.

 Feito salientable foi a fundación da Compañía de Xesús ( por San Ignacio de Loyola en 1540 ), cuxos compoñente facían xuramento de obediencia ao Papa e se adicaron a predicar  a doutrina católica da Contrarreforma ( usando a educación: colexios dos xesuítas ).

3. RENACEMENTO E HUMANISMO

A escola de Atenas ( pintura de Rafael) amosa claramente o interés dos humanistas pola antigüedade clásica

A escola de Atenas ( pintura de Rafael) amosa claramente o interés dos humanistas pola antigüedade clásica ( Imaxe Wikipedia )

 

O Renacemento é un movemento cultural, artístico e científico que se iniciou na Italia do  S XV e se espallou por Europa no S XVI, baseado na nova visión que o Humanismo ten do home e do mundo:

  • Botan a mirada á antigüidade clásica: Grecia e Roma son tomadas coma modelo.

  • Cando falabamos de Grecia deciamos:

O home é a medida de todas as cousas “, decía o filósofo Protágoras na Grecia do S V a.C. Esta frase fainos ver a importancia do humanismo que está marcado a lume na cultura e civilizacións gregas e que vai chegar ata os nosos tempo. Os ideais de proporción, equilibrio, harmonía, beleza nacen aquí, na Hélade, hai máis de 2.500 anos. 

Si durante a Idade Media, Deus era o centro da vida, da arte, do pensamento ( teocentrismo ), no S XVI os humanistas poñen ao home coma “ medida de todas as cousas “ ( antropocentrismo ):

  • O invento da imprenta por Gütenberg ( a mediados do S XV  imprímese o primeiro libro, a Biblia ) facilitou a divulgación por toda Europa das ideas humanistas , a maioría das veces en linguas “vulgares” ( de procedencia latina: galego, castelán, catalán, francés, italiano, …)

  • O home achégase á natureza a través da experimentación e o sentido crítico, intentando comprendela e explicala: nace a ciencia moderna. Copérnico (1473-1543) formulou a teoría heliocéntrica: por primeira vez se establecía que era o Sol, e non a Terra, o centro do Universo. Esta teoría foi apoiada experimentalmente por Galileo (1564-1642) e as súas observacións co telescopio: a terra móvese arredor do Sol e non ao contraio; foi xuzgado pola Inquisición por isto e tivo que abxurar da súa teoría, ainda que despois do xuizo dixo: “ E sen embargo móvese “. Kepler (1571-1630) formulou as leis do movemento dos planetas arredor do Sol. Outro exemplo de ciencia moderna é o aragonés Miguel Servet, que destacou polo seus estudios sobre a circulación sanguínea.

  • e sen embargo se moveEntre Humanistas coma Lorenzo Valla, Nicolás Maquiavelo, Xoán Luis Vives ou Tomás Moro, destaca Erasmo de Rotterdam .     Quizáis se tivéramos que escoller a unha figura que representase o espírito humanismta e renacentista, esa sería Leonardo Da Vinci:  artista, inventor, matemático, científico, músico, enxenieiro …

Leonardo da Vinci (exemplo claro de humanista e renacentista) e o seu debuxo O home de Vitruvio ( o home coma “medida de todas as cousas “)

Leonardo da Vinci (exemplo claro de humanista e renacentista) e o seu debuxo O home de Vitruvio ( o home coma “medida de todas as cousas “)

2. FORMACIÓN DO ESTADO MODERNO: A MONARQUÍA AUTORITARIA

monarquia autoritaria

Xa sabemos que nos últimos tempos da Idade Media, as monarquías intentan fortalecer o seu poder a costa da nobreza e do clero. Realmente intentan acabar coa perda de poder que supoñía o sistema feudal. ¿Cales foron as súas armas para adacar este obxectivo? En resume:

  • • Exército: Formar un exército real forte: é a fin dos exércitos señoriais

  • • Burocracia: Crear unha administración con funcionarios que seguían as ordes do monarca.

  • • Unifican o territorio da coroa.

  • • Someten á nobreza que non apoia ao monarca e limitan o poder  dos concellos burgueses.

  • • Diplomacia: Relaciónanse  política e economicamenmte cos outros países a través da diplomacia ( embaixadores )

  • • Aumentan os impostos que poidan financiar á monarquía.

As primeiras monarquías autoritarias implantáronse en países coma Francia, Inglaterra ( Enrique VIII ) ou España ( Reis Católicos ).

As vilas do Caramiñal e o Deán

A actividade económica das vilas da Pobra do Deán e do Caramiñal no S XVI estaba directamente relacionada coas actividades pesqueiras, sobre todo coa pesca da sardiña, organizada en compañías con ata vinte embarcacións cada unha e un centenar de mariñeiros.

A actividade pesqueira completábase cunha agricultura adicada a cereais ( trigo e centeo, xa que o millo era unha especie descoñecida polo momento ao ser un produto de procedencia americana ). Tamén tiveron importancia os cítricos. Jerónimo del Hoyo, arcebispo de Santiago, escribe en referencia ao Deán: “…Tiene buenas casas y algunas huertas con naranxas y limones, e las naranxas son las mexores de Galicia…”.

A actividade comercial tomou un importante papel na economía do S XVI, con figuras tan importantes coma o señor de Xunqueiras Diego de Mariñas, mercaderes profesionais ou simplemente mariñeiros, xa que o comercio se realizaba fundamentalmente por vía marítima ( as comunicacións terrestres eran pobres, lentas e caras ). Produtos importantes era a sardiña en salgadura e outros peixes ( polbo,pescada,badeixo …),  o viño branco ourensá ou os cítricos ( Un mercader francés, Guillaume Bior, adquiriu 105 millóns de laranxas e limóns ).

Os campesiños só participaban en feiras e  mercados locais vendendo os seus produtos. 

A prosperidade do S XVI veuse reflexada na arquitectura das vilas do Deán e Caramiñal, como na Torre Bermúdez ( actual Museo Valle Inclán, na imaxe )

torre bermudez

1. ECONOMÍA E SOCIEDADE

Despois da terrible crise do S XIV ( Lembra aquela oración: “Da fame, a guerra e a peste, líbranos Señor ), o S.XV supuxo unha recuperación e no S XVI a poboación creceu considerablemente.

Esta poboación en crecemento, demandaba máis alimento e produtos dos artesáns. Polo tanto, afectou positivamente á economía. Ademáis, os novos descubrementos xeográficos aumentarán a actividade comercial. É unha época de prosperidade xeral. Exemplo dilo é a actividade das cidades italianas ( Xénova,Venecia ), da Hansa no Norte de Europa , ou Lisboa e Sevilla no Sur de Europa.

Na sociedade segue a ser estamental, con privilexiados ( nobreza e clero ) e non privilexiados ( o pobo ). Pero a burguesía xorde coma un grupo social con máis e máis poder económico: grandes comerciantes e banqueiros que pouco a pouco se van facendo con máis riquezas 

En Galicia, o S XVI supón o mantemento da economía agraria tradicional, con frecuentes crises de subsistencias ( malas colleitas e fame, acompañadas de epidemias e peste ).

A prosperidade económica vese reflexada no aumento demográfico e das actividades comerciais. Exemplo é o porto da cidade de Lisboa

A prosperidade económica vese reflexada no aumento demográfico e das actividades comerciais. Exemplo é o porto da cidade de Lisboa