Arquivo do blog

3. MESOPOTAMIA

CIDADE MESOPOTÁMICA DE BABILONIA

Na zona de Oriente Próximo comprendida entre os ríos Tigris e Éufrates, o que sería o actual Irak, desenvoloveuse a civilización mesopotámica ( “ terra entre ríos” ) entre o 3.500 a.C. e o 539 a.C., ano en que os persas conquistaron este territorio.

Podemos dividir a historia mespotámica en 2 grandes etapas:

  • As cidades- estado: Sumeria ( 3.500 – 2.300 a.C.). O gran desenvolvemento agrícola e comercial orixinaron a creación das primeiras cidades: Ur, Uruk, Lagash e Eridú. Eran ciudades verdadeiramente independentes ( moitas veces rivais entre si ), rodeadas de murallas defensivas e que estaban rodeadas por un territorio rural con terras de cultivo. En Sumer podemos decir que naceu a Historia, xa que foron os primeiros en usar a escritura ( escritura cuneiforme, en forma de cuña ).

  • Os imperios. Algunhas destas ciudades-estado chegaron a conquistar e dominar militarmente territorios más amplos, creando así imperios:

  • Imperio Acadio ( 2.350 – 2.220 a.C. ) , creado polo rei Sargón con capital na cidade de Acad.

  • Imperio Babilonio ( 1.800 – 1.600 a.C. ). A cidade de Babilonia creou un imperio que tivo gran esplendor en tempos de Hammurabi ( 1.792 – 1.750 a.c. ?). Este rei unificou todas as leis das ciudades mesopotámicas nun só código ( Código de Hammurabi ) para así evitar que cada un “ tomara a xustiza pola súa man “

  • Imperio Asirio ( 1.530 – 625 a.C.), pobo guerreiro do norte, chegou ata o Mediterráneo en tempos de Asurnasirpal II ( 883 – 859 a.C.)

  • Imperio persa ( 539 a.C. – 332 a.C.). No 539 a.C. o imperio persa conquistou, dirixido por Ciro o Grande, Mesopotamia. Este imperio mantívose ata a chegada de Alexandre Magno no 332 a.C.

A relixión en Mesopotamia era politeísta ( varios deuses e deusas: Ishtar, deusa da guerra; Marduk, deus da creación; Anu, deus do ceo, …). O templo era o centro da cidade e tiñan no seu recinto sagrado un cigurat ou montaña de deus ( torre escalonada, con rampas e escalinatas, rematando nun altar e un observatorio astronómico.)

Este tipo de edificio – o cigurat – era un dos exemplos da arquitectura mesopotámica, que fixo dúas achegas moi importantes: o arco e a bóveda. Construían pazos e templos en materiais pouco duradeiros: adobe ( mistura de barro e palla secado ao sol ) e ladrillo.

En canto á escultura, destacan:

  • Estatuas: figuras sedentes ( sentadas ) ou en pé de reis, sacerdotes ou deuses (Gudea de Lagash), ou touros alados asirios

  • Relevos ( figuras esculpidas sobre unha superficie plana ) que representan escenas de caza ou guerra (P.ex: relevos do pazo de Asurbanipal na cidade de Nínive no S VI a.C.),  ou mesmo o Código de Hammurabi ou os azulexos esmaltados (como se pode ver na porta de Ishtar en Babilonia)


Outras aportacións da cultura mesopotámica son o calendario ( 12 meses lunares de 30 días cun  día máis cada 6 anos ) ou os estudos de astronomía.

Kudurru onde se poden ver representacións dos astros

Máis sobre Mesopotamia:

Civilización mesopotámica

Asiria

Imperio Persa

Israel e Fenicia