Arquivo do blog

GALERÍA ARTE CRISTIÁ DA IDADE MEDIA

PINTURA GÓTICA

  • Soporte:

    • Os muros van desaparecendo e son substituídos polas vidrieras policromadas ( de cores ).

    • Xorde a pintura sobre lenzo e táboa.

  • Técnica do óleo: As cores disólvense en aceites, tardando máis en secar polo que se poden levar a cabo retoques, pintar con máis calma, obter efectos variados … Esta técnica revoluciona a pintura.

  • Temas: sen deixar de representarse temas relixiosos, toman maior importancia os temas profanos, urbanos e burgueses.

  • Caracteristicas xerais similares á escultura: Gáñase en naturalidade e expresividade. Búscase a perspectiva e profundidade.

  • Por outra parte, os autores das obras son recoñecidos como artistas: os flamencos Van Eyck e Van der Weiden, o italiano Giotto ou o holandés O Bosco.

pintura gotico

ESCULTURA GÓTICA

As esculturas góticas …

  • … vanse liberando do marco arquitectónico e humanízanse. É unha escultura máis naturalista e expresiva, perde frontalidade e rixidez. O exemplo mías claro témolo no sorriso do profeta Daniel no Pórtico da Gloria da catedral de Santiago.

  • … seguen a facerse co mesmo material  do Románico: pedra e madeira.

  • … localízanse nas portadas ou fachadas dos templos, e nas columnas, pero vanse liberando e tendo máis volume ( “sáense” dos elementos arquitextónicos e collen aire )

  • … os temas seguen a ser  relixiosos, ainda que collen importancia os temas funerarios ( escultura en sepulcros )

escultura gotico

ARQUITECTURA GÓTICA

O rexurdir das cidades e o ascenso dun novo grupo social cada vez máis poderoso – a burguesía – ten a súa manifestación nas catedrais e edificios civís ( sobre todo os pazos ), así como por temas profanos ( non relixiosos ). Por outra parte, se no Románico se tiña e transmitía a idea dun Deus xusticieiro e todopoderoso frente ao pecado, no Gótico vaise dar unha imaxe dun Deus máis humano e misericordioso. Así, vai ser unha arte máis naturalista e realista.

Na arquitectura gótica destaca por riba de todo a ansia de elevar os edificios, de verticalidade ( ansia de Deus, de tocar o ceo ) e o afán pola luz. Así os muros perden a función de soporte e son reemprazados por vidireiras.

A Saint Chapelle en 3D

  • Os edificios máis representativos son relixiosos( a catedral por riba de todo, símbolo da cidade ), pero tamén civís: pazos, casas do concello, lonxas, hospitais, universidades …

  • Elementos de soporte:

  • Muros de pedra lixeiros e reemprazados por vidrieiras. Dan aos edificios unha imaxe de lixeireza, ademáis de facer que nos interiores reine a luz.

  • Os piares e columnas adelgazan.

  • Os contrafortes sepáranse dos muros e sobre eles se apoian os arcobotantes .

  • Elementos soportados:

  • Arco apuntados ou oxivais.

  • Bóveda de crucería, formada polo cruce de varios arcos apuntados e que descansan sobra finascolumnas, que transmiten o peso das cubertas aos arcobotantes e contrafortes.

  • Planta de cruz latina coa nave central moi elevada e coa cabeceira moi desenvolvida ( deambulatorio ) polo que o transepto nos sobresae tanto coma no Románico. Pode chegar a ter ata 5 naves ou máis.

elementos arquitectura gotico

arq relixiosa gotico

arq gotico cicivl

PINTURA ROMÁNICA

Igual que na escultura, a pintura románica está presente na arquitectura:

  • Soporte: os muros do interior das igrexas. A pintura era parte integrante da arquitectura, de xeito similar á escultura.

  • Técnica do fresco: Sobre un muro cuberto de cal, se pintaba con cores diluidos en agua e cal. Tamén temos os exemplos das miniaturas dos libros e códices medievais.

  • Temas: representábanse figuras e temas relixiosos, relacionados coa Biblia.

  • Caracteristicas xerais similares á escultura: esquematismo, frontalidade, simetría ….

pintura románico

ESCULTURA ROMÁNICA

As esculturas están pensadas para decorar os edificios relixiosos achegando as crenzas cristiás ás xentes.Tiñan, xá que logo, unha función educativa ( Pensa que a inmensa maioria da poboación non sabía ler )

Isto vai facer que…

 

  • … estea adaptada á arquitectura, o que fará á súa vez que sexan figuras esquemáticas, ríxidas, simétricas, frontais, inexpresivas …

 

  • … o material sexa a pedra ( A madeira será para as escultura exentas, que tamén as hai: A Virxe vo Neno e Xesús Crucificado )

 

  • … a súa localización sexan as portadas ou fachadas dos templos, e os capiteis das columnas.

 

  • os temas sexan relixiosos: sóese decir que a escultura dos templos románicos son os “Evanxeos en pedra” xa que representan personaxes ( Xesucristo, apóstolos, a Virxe … ) e esceas da Biblia.

escultura do romanico

ARQUITECTURA ROMÁNICA

  • Os edificios máis representativos son relixiosos: templos ( igrexas e catedrais)  e mosteiros.

  • Elementos de soporte:

    • Muros de pedra grosos con escasas ventás e aberturas. Dan aos edificios unha imaxe pesada e robusta, ademáis de facer que nos interiores teñan unha escasa iluminación.

    • Piares e columnas con capiteis decorados.

    • Contrafortes: piares adosados ao exterior dos muros para axudar a soportar o peso das cubertas.

  • Elementos soportados:

    • Arco de medio punto.

    • Bóveda de canón, formada pola prolongación do arco de medio punto.

  • Planta:

    • Planta de cruz latina: brazo lonxitudinal máis longo que o transversal, chamado transepto. Normalmente ten tres naves: unha central máis alta que as dúas laterais.

    • Planta basilical: dun só brazo, lembrando ás basílicas romanas.

    elementos arquitectura romanico

arq romanico

2. O ROMÁNICO ( S XI – XII )

A presenxa da igrexa cristiá na vida da Idade Media ten a súa parte máis visible na arte románica. O Románico ( S XI –XII )- chamado así porque recorda a arte romana – pretende achegar aos crentes a Deus. Esta influencia da relixión na arte déixase sentir na arquitectura, escultura e pintura.

A vida nestes séculos da Idade Media está centrada no campo, polo que vai ser unha arte eminentemente rural.

A arte románica consegue uniformidade de estilo por toda Europa. En todos os currunchos do continente podemos apreciar un estilo recoñecible. Isto débese a dous motivos principais:

  • As ordes monásticas: a reforma da Orde de San Benito ( dos monxes beneditinos, cluniacenses ou tamén chamados Monxes Negros pola cor dos seus hábitos ) ten lugar no S X no mosteiro ou abadía de Cluny. Desde alí, esténdese o modelo  a máis dun milleiro de abadías por toda Europa. O seu lema era : Ora et labora.

  • A seguridade que impón o sistema feudal favorece as peregrinacións a dous lugares de culto cristián: Roma e Santiago de Compostela. Deste xeito tamén se internacionaliza o Románico

Abadía Beneditina de Cluny: berce do Románico Imaxe: Wikipedia

Abadía Beneditina de Cluny: berce do Románico Imaxe: Wikipedia

1. IGREXA E CRISTIANDADE

Na Europa medieval estaban presentes tres relixións: cristiá, xudea e musulmá. Pero destas tres, a maioritaria e­ a que máis influencia tivo foi a cristiá. A igrexa  estaba presente en todas as ordes da vida:

  • O alto clero formaba parte do grupo social privilexiado e comportábase coma un señor medieval máis.

  • Foi acumulando enormes riquezas ( terras, pazos, o dezmo – recibían a décima parte das colleitas -, rendas dos seus servos , donacións …)

  • Papa e alto clero interviñan  na política  dos reinos cristiáns. Exemplo claros son:A relixión cristián xustificaba a organización social e política. A Igrexa refírese ao mundo terrenal coma a “ Cidade de Deus “, na que o poder dos monarcas e privilexiados ven directamente de Deus, lle é otorgado a eles por Deus. Pólo tanto,  non se pode discutir.

    • A Guerra das Investiduras ( 1073-1122) entre Papado e Imperio polo nombramento de cargos eclesiásticos ( bispos, abades … )

    • As Cruzadas: guerras dos exércitos critiáns contra o Islam para  conquistar Terra Santa ( Xerusalén )

  • A Igrexa xogaba un importante papel na cultura medieval. Podemos afirmar que os monxes dos mosteiros eran os verdadeiros  gardiáns da cultura. Nas súas bibliotecas, os monxes copistas copiaban textos relixiosos, científicos, filosóficos … Eran os Códices. Moi coñecido é o Codice Calixtino da Catedral de Santiago, que inclúe unha especie de guía de viaxe para o peregrino.

  • Por outra parte, os numerosos mosteiros europeos estenderon a arte medieval. Desde a Abadía de Cluny ( Francia ) partiu a difusión da arte románica; desde o mosteiro de Citeaux ( Francia ), os monxes cistercienses expandiron a arte gótica. Polo tanto, a arte da Idade Media ten unha moticavión profundamente relixiosa e cristiá.

o papel d aigrexa cristia na idade media

4. A PENÍNSULA IBÉRICA: ENCONTRO DE CULTURAS.

Durante a Idade Media, convivían na Península Ibérica tres culturas: a cristiá, a musulmá e a xudea. As tres mantiveron a súa cultura e incluso vivían incluso en barrios separados ( xudarías ou alxamas, e mourarías ). Polo tanto, convivían 3 grupos:

 

  • Os cristiáns: grupo dominante. Chamados mozárabes nos territorios musulmáns.

  • Mudéxares: musulmás que vivían en territorio cristián, ás veces en moi malas condicións polo que moitos emigraron ao único territorio musulmá que quedaba na Península Ibérica: o Reino de Granada.

  • Xudeos:  adicábanse a actividades comerciais e eran prestamistas. Foron moi perseguidos  e no ano 1492 foron expulsados do territorio español polos Reis Católicos.

Esta diversidade de xentes, xunto co camiño de Santiago, favoreceu o enriquecemento cultural.

encontro de culturas