Arquivo do blog

A SOCIEDADE DA ANTIGA GRECIA

Podemos facer dúas clases de división na sociedade grega: libre/escravos e cidadáns/non didadáns:

  • Libres: homes libres que non pertencían a ninguén. Podían ser:

  • Cidadáns: homes libres nacidos na polis e que tiñan dereitos políticos; podías participar nas decisión de goberno. Eran unha minoría ( un de cada dez habitantes das polis ) na que destacaban os grandes propietarios de terras e os ricos comerciantes. No S Va.C. de preto de medio millón de habitantes, en Atenas só había 40.000 cidadáns.

  • Non cidadáns: Chamados metecos en Atenas e periecos en Esparta, eran inmigrantes ( estranxeiros ) que non tiñan dereitos políticos, ainda que podían chegar a ser ricos artesáns ou mercaderes.

  • Escravos ( ilotas en Esparta ): non tiñan ningún dereito e eran considerados como meras mercadorías.

Xogo: Unha casa grega

Advertisements

5. ARTE

“O home é a medida de todas as cousas “, decía o filósofo Protágoras na Grecia do S V a.C. Esta frase fainos ver a importancia do humanismo que está marcado a lume na cultura e civilizacións gregas e que vai chegar ata os nosos tempo. Os ideais de proporción, equilibrio, harmonía, beleza nacen aquí, na Hélade, hai máis de 2.500 anos.

  • ARQUITECTURA.

Xa falamos de que a arquitectura mesopotámica tivo dúas grandes aportacións: o arco e a bóveda. Sen embargo, a arquitectura grega vai ser adintelada ( non usa nin arco nin bóveda ), empregando coma elemento sustentante a columna.

Para ver unha explicación das orde gregas preme aquí

O edificio máis representativo é o templo, entendido como a casa dos deuses: de aí que a función principal do templo era albergar a estatua do deus ou deusa ao que estaba adicado.

O exemplo máis destacado de templo grego é o Partenón, na Acrópole de Atenas, adicado a Atenea

  • ESCULTURA.

Como xa dixemos, os gregos danlle moito protagonismo ao ser humano, buscando no caso da escultura o ideal de proporción e beleza. En materiais coma o mármore ou bronce representan a deuses e deusas, atletas, héroes … evolucionando desde a influencia da frontalidade exipcia na época arcaica ata os magníficos exemplos de escultura clásica de Fidias, Mirón, Policleto ou Praxíteles

4. ÉPOCA CLÁSICA ( S. V -IV a.C. : 498-338 a. C. )

Imaxe: El periódico de Grecia ( Power e Steele )

Esta é a etapa de esplendor das dúas polis máis importantes da Grecia Clásica: Atenas e Esparta.

A primeiros do S V a.C. o imperio dos persas ( tamén chamados medos ) que tiña a súa orixe nas lonxanas e antigas terras de Mesopotamia, intentou conquistar o territorio da Hélade. Son as Guerras Médicas ( 500 – 479 a.C.) As polis uníronse e venceron nas batallas de Maratón (490 a.C.) e Salamina ( 480 a.C.): XOGO. Atenas está no seu apoxeo, Esparta é o seu rival.

Arredor delas, as demáis polis formaron alianzas , enfrontándose  na Guerra do Peloponeso (431 – 404 a.C.) Esparta saiu vencedora, pero a Hélade quedou debilitada, o que foi aproveitado polo rei Filipo de Macedonia, que no 338 a.C. acabou coa súa independencia.

A batalla de Maratón ( 490 a.C.)

A SOCIEDADE

ATENAS. A DEMOCRACIA

ESPARTA. A OLIGARQUÍA

3. ÉPOCA ARCAICA ( S. VIII – VI a.C. )

  • As polis: cidades-estado independentes cuxo centro era a cidade, que estaba rodeadas por un territorio rural (aldeas, campos de cultivo, bosques, …). Chegou a haber máis de 200 polis, ainda que as máis coñecidas e importantes eran Atenas e Esparta. Nesta época o gobernó das polis estaba en mans da oligarquía ( unha minoría privilexiada: a aristocracia), pero a finais desta etapa xurdiron revoltas sociais contra este sistema de goberno. Figuras de tiranos coma Pisístrato ou de lexisladores coma Solón ou Clístenes levan a cabo reformas neste tipo de goberno e poñen as primeiras pedras do camino cara a democracia ateniense.

Atenas, unha das máis de 200 polis grega

  • As colonizacións: o aumento da poboación xunto cun desigual reparto das terras ( a oligarquía tiña nas súas mans a mayoría ) levou aos gregos a fundar colonias: cidade fóra do territorio grego ( no Mar Negro e no Mediterráneo, ata a Magna Grecia en Italia o una Península Ibérica) que tiñan carácter comercial. As colonias seguían en contacto coa metrópole ( polis de orixe ). As colonizacións contribuiron a un gran desenvolvemento económico e a espallar a cultura grega por todo o Mediterráneo ( a moeda, a arte, o alfabeto …. ) Ademáis, os grupos que sairon favorecidos polo auxe económico, pediron máis participación no goberno: pedían a democracia.

Ampurias, antiga colonia grega na Península Ibérica ( na actual Girona )

2. CANDO ?

Neste marco territorial foise desenvolvendo pouco a pouco, con influencias orientais ( das antigas civilizacións mesopotámicas e exipcia ), a civilización minoica na illa de Creta e a micénica ( con centro en Micenas ).

Pazo de Cnosos. Civilización minoica ( Creta )

Os helenos nunca tiveron un Estado unificado, pero si un idioma, unha relixión, unha cultura e unha historia comúns das polis. Esta podemos dividila en tres etapas:

  • Época arcaica ( S. VIII – VI a.C. ): as polis e as colonizacións

  • Época Clásica ( S. V -IV a.C. : 498-338 a. C. ): a etapa de maior esplendor das polis: Atenas e Esparta.

  • Época helenística ( S. IV – III a.C.: 338 – 30 a.C. ): época do imperio de Alexandre Magno e dos reinos helenísticos.

Prema na imaxe para ver un flash sobre Alexandre Magno

Mosaico de Alexandre Magno


1. ONDE?

Introducción á Grecia Clásica: preme aquí

O relevo de Grecia

No Mediterráneo Occidental atopamos o territorio que os antigos gregos chamaron Hélade: o sur da Península Balcánica, as illas dos mares Xónico e Exeo e as costas da Península de Anatolia ( a actual Turquía) vaise desenvolver a civilización grega, berce da civilización occidental.  Este territorio ten unha serie de características que van influir na civilización grega clásica:

  • Un clima seco e caluroso e un relevo con montañoso, con pequenos vales e chairas que separan as cadeas de montañas. Isto vai dificultar o desenvolvemento da agricultura e as comunicacións, favorecendo o nacemento das polis.

  • A importancia que ten o mar: todos os puntos do territorio grego están preto da costa, o que vai favorecer a navegación e o comercio marítimo con outros pobos do Mediterráneo.