Arquivo do blog

GALERÍA ARTE CRISTIÁ DA IDADE MEDIA

PINTURA ROMÁNICA

Igual que na escultura, a pintura románica está presente na arquitectura:

  • Soporte: os muros do interior das igrexas. A pintura era parte integrante da arquitectura, de xeito similar á escultura.

  • Técnica do fresco: Sobre un muro cuberto de cal, se pintaba con cores diluidos en agua e cal. Tamén temos os exemplos das miniaturas dos libros e códices medievais.

  • Temas: representábanse figuras e temas relixiosos, relacionados coa Biblia.

  • Caracteristicas xerais similares á escultura: esquematismo, frontalidade, simetría ….

pintura románico

ARQUITECTURA ROMÁNICA

  • Os edificios máis representativos son relixiosos: templos ( igrexas e catedrais)  e mosteiros.

  • Elementos de soporte:

    • Muros de pedra grosos con escasas ventás e aberturas. Dan aos edificios unha imaxe pesada e robusta, ademáis de facer que nos interiores teñan unha escasa iluminación.

    • Piares e columnas con capiteis decorados.

    • Contrafortes: piares adosados ao exterior dos muros para axudar a soportar o peso das cubertas.

  • Elementos soportados:

    • Arco de medio punto.

    • Bóveda de canón, formada pola prolongación do arco de medio punto.

  • Planta:

    • Planta de cruz latina: brazo lonxitudinal máis longo que o transversal, chamado transepto. Normalmente ten tres naves: unha central máis alta que as dúas laterais.

    • Planta basilical: dun só brazo, lembrando ás basílicas romanas.

    elementos arquitectura romanico

arq romanico

2. O ROMÁNICO ( S XI – XII )

A presenxa da igrexa cristiá na vida da Idade Media ten a súa parte máis visible na arte románica. O Románico ( S XI –XII )- chamado así porque recorda a arte romana – pretende achegar aos crentes a Deus. Esta influencia da relixión na arte déixase sentir na arquitectura, escultura e pintura.

A vida nestes séculos da Idade Media está centrada no campo, polo que vai ser unha arte eminentemente rural.

A arte románica consegue uniformidade de estilo por toda Europa. En todos os currunchos do continente podemos apreciar un estilo recoñecible. Isto débese a dous motivos principais:

  • As ordes monásticas: a reforma da Orde de San Benito ( dos monxes beneditinos, cluniacenses ou tamén chamados Monxes Negros pola cor dos seus hábitos ) ten lugar no S X no mosteiro ou abadía de Cluny. Desde alí, esténdese o modelo  a máis dun milleiro de abadías por toda Europa. O seu lema era : Ora et labora.

  • A seguridade que impón o sistema feudal favorece as peregrinacións a dous lugares de culto cristián: Roma e Santiago de Compostela. Deste xeito tamén se internacionaliza o Románico

Abadía Beneditina de Cluny: berce do Románico Imaxe: Wikipedia

Abadía Beneditina de Cluny: berce do Románico Imaxe: Wikipedia