Arquivo do blog

1. CRISE DO IMPERIO ROMANO. DIVISIÓN E CAÍDA.

No S III d.C. o Imperio Romano sufriu unha profunda crise:

  • Económica: Redución do número de escravos ( nos que se sustentaba o sistema económico ) e tamén de ingresos, aumentando asi os impostos: a poboación ,tanto urbana como rural, empobreceuse.

  • Social: Isto provocou o abandono das ciudades ( ruralización ) para convertérense en colonos ( pagaban unha renda por traballar a terra )

    A ENCOMENDACIÓN CAMPESIÑA
     “ Os campesiños pobres entréganse a outros máis poderosos que eles para que os defendan e protexan. Eu alabaría máis esta grandeza de ánimo dos poderosos ós que se encomendan os pobres se non fora porque o que eles chaman defender é expoliar ós pobres. A seguridade dos pais cómprase coa mirseria dos seus descendentes.”
    (Silviano: De gubernatione Dei; ano 440 )
  • Política: Corrupción, inseguridade, guerras civís provocadas polos xenerais do exército que utilizaban este en beneficio propio, ataque dos pobos bárbaros xermánicos …

  • Relixiosa: Por riba, a expansión do cristianismo a partires do 313 d.C. ( Edicto de Milán polo emperador Constantino que daba liberdade de culto aos cristiáns ) tamén influiu na crise do imperio xa que se negaba tanto o poder do emperador coma os deuses da relixión romana. O cristianismo foi relixión oficial  a partires do 380 d.C. ( Edicto de Tesalónica por Teodosio I )

No ano 395 d.C., Teodosio I dividiu o Imperio en dous: Occidente ( capital en Roma ) e Oriente ( capital en Constantinopla: nacemento do Imperio Bizantino ). Os pobos xermánicos foron atacando progresivamente o imperio ata que Odoacro, o caudillo dos hérulos,destrona ao último emperador Rómulo Augusto no ano 476 d.C.

Roma foi quen de conter  a esas tribos xermánicas durante séculos. Eses bárbaros estaban fascinados con ela. Non a podían conquistar, pero sí emigraban alí. No S IV formaban incluso parte do exército romano: ¡ Os bárbaros eran defensores do Imperio!. ¿Por que entón veu a catástrofe ? A superioridade romana debíase fundamentalmente ás súa organización e disciplina; en realidade, romanos e bárbaros usaban as mesmas armas. Coa crise, apareceu a anarquía e a desorde no imperio.

 O antigo imperio romano quedará dividido realmente en tres grandes espazos políticos e culturais: os reinos bárbaros ( Occidente ), o imperio bizantino ( Oriente ) e o Islam (Península arábiga e norte de África ). Observa o seguinte mapa: