AS FORMAS DO RELEVO
O relevo continental. O relevo costeiro. O relevo submariño

♦ FORMAS DO RELEVO CONTINENTAL
♦ Chairas: áreas planas ou suavemente onduladas de menos de 200 m de altitude.
♦ Mesetas: chairas elevadas de máis de 200 m de altitude. Si se atopan entre cadeas montañosas a unha gran altitude, tamén reciben o nome de altiplanos. Exemplos: Meseta Central Española, Meseta do Tíbet, Altiplano boliviano.
♦ Montañas: elevacións do terreo con forte pendente, que normalmente se presentan formando conxuntos de:
♦ Serras: pequenos grupos de montañas, xeralmente pertencentes a un grupo maior, dun macizo ou unha cordilleira. Por exemplo, a Serra do Barbanza, Serra de Gredos, …
♦ Macizos (fomados por montañas vellas, desgastadas pola erosión, de formas redondeadas) P.ex.: Macizo galego, Apalaches,…
♦ Cordilleiras ( formadas por montañas novas e altas ). P.ex: Alpes, Himalaia, Pirineos,…
♦ Depresións: zonas a menor altitudeque as terras que a rodean. Normalmente están percorridas por ríos, sendo así vales fluviais ou concas hidrográficas. P.ex.: val do Ebro, conca do Amazonas, …
♦ FORMAS DO RELEVO COSTEIRO 🙂
A costa ou litoral é aquela zona das terras emerxidas ( dos continentes ou das illas ) que está en contacto co mar.
Pode prersentar moi diversas formas:
♦ Praias: áreas normalmente recubertas de sedimentos ( normalmente area, pero poden ser pedras ) que proveñen da erosión das zonas costeiras.
♦ Cantís: terreos rochosos e escarpados, con fortes pendentes.
♦ Cabos: áreas da terra que penetran no mar en forma de lingua.
♦ Golfos: ó contrario que os cabos, son entrantes do mar na costa. Si son pequenos e ben resgardados, chámanse baías.
♦ Rías: vales fluviais inundados polo mar
♦ Fiordes: vales glaciares inundados polo mar
♦ Penínsulas: extensións de terreo rodeadas polo mar por todas partes menos por unha, chamada istmo
♦ FORMAS DO RELEVO SUBMARIÑO 🙂

♦ Plataforma continental: suave pendente situada entre o bordo do continente ( a costa ) e os 200m de profundidade
♦ Noiro continental: brusco chanzo entre a plataforma continental e o fondo mariño
♦ Chairas abisais: chairas situadas entre 4.000 – 5.000 m de profundidade. Nelas temos:
♦ Dorsais ou cordilleiras oceánicas.
♦ Fosas oceánicas: profundas fendas nos fondos oceánicos. Poden ser moi profundas, como a de Challenger ( 11.033 m ) na fosa das Marianas ( Océano pacífico )
