Arquivo do blog

O DESPIADADO TEST DA CAPACIDADE CRANEAL

PROBA   DA   CAPACIDADE   CRANEAL ( ¡¡¡  DA   TÚA  !!! )

Ó  mellor, pode ser que  o teu profe pareza  un Home de Neanderthal ( aínda que o disimule ó afeitarse a barba ) ou quizáis un Australopithecus boisei (  daqueles que decían que podían partir unha noz coa mandíbula ). Pero seguro que non o é, porque esas especies xa están extinguidas e – ¿ por desgracia ?– os profes aínda non.            

Pero si podes poñer a proba a túa capacidade craneal ( en teoría duns 1.600 cm3 ) e tamén a dos teus pais, co seguinte despiadado test. :

1. ¿Cal destes grupo  de obxectos é o que verdadeiramente se podía atopar nunha tumba dun home ou muller  prehistóricos ?

A. Os dentes que se lle caeran durante a súa vida; un brazo arrancado,un can morto, cordas para atar os brazos e as pernas.
B. Flores, caracolas, un gato vivo ( ….. bueno xa morto, pero cando o enterraron estaba vivo).
C. Alimentos , un bebé morto e un reproductor de mp3 sen pilas.

Read the rest of this entry