Arquivo do blog
6. ACTIVIDADES ECONÓMICAS URBANAS
A mediados do S XII, un escritor francés, Chrétien de Troyes, describe no poema Perceval a impresión que lle causa a actividade da cidade:
Chea de xente distinguida
E as mesas dos banqueiros
Todas cubertas de moedas.
Veu as prazas e as rúas
cheas de artesáns
que exercían distintos oficios :
Aqueles pulían as espadas,
os uns batanaban teas, outros tecían,
aqueles as peinaban, estes as tundían.
Outros fundían ouro e prata
e facían boas e bonitas obras,
facían copas e bandexas
e xoias esmaltadas,
aneis,cinturóns e broches.
Poderiase pensar e decir
que na cidade sempre había mercado
tan cheo de riquezas estaba:
cera, púrpura, pementa,
pequenas peles grises
e toda clase de mercadorías.
Citado por J. Le Goff:
Hisatoria Universal S XXI, vol 11
A figura do burgúes – artesán e mercader – fai que as actividades artesanais e comerciais vaian en aumento desde o renacer das cidades nos S X e XI.
– O comercio: Vanse formando mercados e feiras nas vilas e cidades. Nelas os artesáns venden os seus propios produtos e os mercaderes os que traen doutros lugares ( especias, teas, peles … ). Pero tamén acuden os campesiños a vender os excedentes das súas producións ( animais, cereais, produtos de horta …)
Do comercio dentro da propia cidade pásase ao comercio entre diferentes cidades de moi diversos lugares. Nacen así as rutas comerciais. as caravanas de mercaderes por terra e grandes rutas marítimas entre Norte e Sur de Europa, entre Oriente e Occidente. De todos son coñecidas as viaxes do mercader veneciano Marco Polo ata a China. Eran longas e perigosas viaxes, polo que necesitaban ir armados. Pensa que na Idade Media podían facer xornadas de entre 30 km e, como máximo 50-60 km por camiños que non tiñan nada que ver coas calzadas romanas.
Para que o comercio se poidera desenvolver era necesario que a moeda volvera a circular. E para iso nace a figura do cambista e banqueiro.

Cambista medieval Fonte: wikipedia