6. ACTIVIDADES ECONÓMICAS URBANAS

A mediados do S XII, un escritor francés, Chrétien de Troyes, describe no poema Perceval a impresión que lle causa  a actividade da cidade:

                                              

Chea de xente distinguida

 E as mesas dos banqueiros

 Todas cubertas de moedas.

Veu as prazas e as rúas

cheas de artesáns

que exercían distintos oficios :

Aqueles pulían as espadas,

os uns batanaban teas, outros tecían,

aqueles as peinaban, estes as tundían.

Outros fundían ouro e prata

e facían boas e bonitas obras,

facían copas e bandexas

 e xoias esmaltadas,

aneis,cinturóns e broches.

Poderiase pensar e decir

 que na cidade sempre había mercado

 tan cheo de riquezas estaba:

cera, púrpura, pementa,

pequenas peles grises

e toda clase de mercadorías.

                                                              Citado por J. Le Goff:

                                                              Hisatoria Universal S XXI, vol 11

A figura do burgúes – artesán e mercader  – fai que as actividades artesanais e comerciais vaian en aumento desde o renacer das cidades nos S X e XI.

O comercio: Vanse formando mercados e feiras nas vilas e cidades. Nelas os artesáns venden os seus propios  produtos  e os mercaderes os que traen doutros lugares ( especias, teas, peles … ). Pero tamén acuden os campesiños a vender os excedentes das súas producións ( animais, cereais, produtos de horta …)

Do comercio dentro da propia cidade pásase ao comercio entre diferentes cidades de moi diversos lugares. Nacen así as rutas comerciais. as caravanas de mercaderes por terra e grandes rutas marítimas entre Norte e Sur de Europa, entre  Oriente e Occidente. De todos son coñecidas as viaxes do mercader veneciano Marco Polo ata a China. Eran longas e perigosas viaxes, polo que necesitaban ir armados. Pensa que na Idade Media podían facer xornadas de entre 30 km e, como máximo 50-60 km por camiños que non tiñan nada que ver coas calzadas romanas.

As rutas comerciais no S XIII ( Fonte kalipedia.com )

As rutas comerciais no S XIII
( Fonte kalipedia.com )

Para que o comercio se poidera desenvolver era necesario que a moeda volvera a circular. E  para iso nace a figura do cambista e banqueiro.

Cambista medievalFonte: wikipedia

Cambista medieval Fonte: wikipedia

 –  A artesanía: O artesán ( carpinteiro, ferreiro, tecedor, …) traballaba no seu pequeño obradoiro con ferramentas sinxelas ( non máquinas ) e cunha produción pequena que vendía directamente ao público.

Todos os artesáns dunha mesma cidade e oficio pertencían ao mesmo gremio ou asociación de artesáns. O gremio controlaba todo o proceso de produción, os prezos, a calidade do produto, o número de artesáns … Deste xeito evitaban a competencia. Ninguén podía traballar na cidade nun oficio sen pertencer ao gremio correspondente. Dentro deles había tres categorías de artesáns: mestre ( o dono do obradoiro ) , oficial (artesán experto que traballaba por un  salario ) e aprendiz ( que chegaba a pagar pola aprendizaxe do oficio )

https://i0.wp.com/e-ducativa.catedu.es/44700165/aula/archivos/repositorio//500/618/html/Unidad_04/imagenes/306.jpg

De todos os xeitos, debemos ter en conta que artesáns e comerciantes, é decir, burgueses son unha minoría da sociedade medieval. Os campesiños seguen a constituir unha  gran maioría.

Advertisements

Posted on 1 de Decembro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged , , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: