Arquivo do blog

D. AL-ÁNDALUS: CULTURA,CIENCIA E ARTE.

O legado de Al-Ándalus é importantísimo, tendo aportacións en moitos aspectos culturais e científicos: lingua (innumerables palabras que usamos  teñen orixe no árabe), mediciña, astronomía, filosofía ( Averroes ou Maimónides ), matemáticas ….

A arte de Al-Ándalus deixounos exemplos sobre todo en arquitectura ( o islam prohibe a representación da figura humana ). ¿Quen non coñece a mesquita de Córdoba, a Torreo do Ouro ou a Xiralda en Sevilla, ou a Alhambra de Granada ).

arquitectura andalusi

Si queres saber máis da Mesquita de Córdoba, preme na imaxe:

800px-Mosque_Cordoba

Advertisements

C. AL-ÁNDALUS: SOCIEDADE

Podemos dividir  os habitantes de Al-Ándalus en dous grandes grupos: os conquistadores e os conquistados.

  • Conquistadores: árabes e bereberes que conquistaron a península, e oseus descendentes.  Tiñan o poder político ( gobernaban ) e eran os propietarios das mellores terras.

  • Conquistados:

    • Muladíes: Antigos crisitiáns que se converteron ao Islam.

    • Mozárabes: Cristiáns.

    • Xudeos

       

    sociedade idade media pen iberica

B. AL-ÁNDALUS: ECONOMÍA

Como ocorría en toda Europa ( e resto do mundo ) a maioría dos habitantes de Al-Ándalus se adicaba á agricultura. Poducían sobre todo cereais, vide e olivo, así coma outros cultivos ( arroz, algodón, caña de azucre … ) utilizando sistemas de regadío moi eficaces, o que aumentaba a produción.

 A cidade era o centro na vida de Ál-Andalus: Córdoba chegou a ser quizáis a cidade máis importante de Europa, cuns 100.000 habitantes. Nos zocos das  medinas andalusíes había unha artesanía de alta calidade ( coiro, orfebrería, cerámica, seda … ) e unha importante actividade comercial vendendo eses produtos artesanais tanto na propia cidade coma noutros lugares do mundo.

CIDADE AL ANDALUS