Arquivo do blog

2. CARACTERÍSTICAS DAS CIVILIZACIÓNS URBANAS

  • Economía:

    • A base conómica destas civilizacións era a agricultura e a gandería ( ovellas, cabras, cabalos, porcos…) Aproveitaron as augas destes grandes ríos para desenvolver unha agricultura de regadío máis avanzada e que aumentou a produción de alimento: cereais, hortalizas, ademáis de liño e algodón, así como fibras textís.

    • Tamén practicaron a artesanía e o comercio.

    • Por outra parte, a guerra convértese nunha actividade económica máis na que se apoderaban das riquezas dos “inimigos”.

    – Sociedade: a sociedade fíxose máis complexa e xerarquizada, debido a que se diversifican as labouras económicas. A agricultores, pescadores, cazadores, pastores, incorporáronse artesáns ( carpinteiros, alfareiros, albañiles, ferreiros, canteiros, tecedores ….), comerciantes, militares, funcionarios, sacerdotes … Formáronse así grupos con diferente categoría social e económica.:

    •  Privilexiados, que teñen o poder político, económico e social: rei e familia real, altos funcionarios e militares, sacerdotes. P.ex.: o faraón e a súa familia; os escribas chegaron a ser funcionarios moi importantes debido ao seu coñecemento da escritura e do cálculo, necesario para recaudar os impostos, do que se encargaban os funcionarios apoiados no exército.

    • Maioría da poboación, que non teñen privilexios e pagan impostos: agricultores, gandeiros, artesáns e comerciantes.

    • Os escravos, básicamente individuos que son propiedade doutra persoa e traballan para ela. Pode chegar a esta situación, entre outros, por ser prisioneiro de guerra, por débedas ou por nacemento ( ser fillo de escravo).

  • Política: xurde a figura do rei. É un gobernante e un xefe militar, ademáis dun deus. Son estados teocráticos ( de theos – Deus – e kratos – gobernó ), nos que o rei é unha figura divina, o seu poder é o dun deus. Pensa na figura dun faraón exipcio: un home-rei-deus con poder absoluto.

  • Carácter urbano: a cidade é o centro político, comercial, administrativo e relixioso.  A cidade mesopotámica de Ur chegou a ter 1.200 m. de longo por 800 m. de anchura, con máis de 350.000 habitantes.

  • Usan a escritura, polo que entran xa na Historia. A escritura invéntase en Mesopotamia ( escritura cuneiforme) e tamén en forma de xeroglíficos en Exipto, os ideogramas chineses e o alfabeto fenicio, antecedente de nuestro abecedario actual, pero só contaba con 22 consonantes, ás que máis tarde os gregos agregaron as vocais.