
O continente europeo ten unha superficie de 10.510.546 km2, atópase na súa maior parte ( excepto o extremo norte ) nas latitudes medias e só ten límites terrestres con Asia ao Leste ( Cáucaso, Urais, así coma os mares Negro e Caspio ). O resto está rodeada polo Océano Atlántico ( Oeste ) e Ártico ( Norte ), así como polo Mediterráneo ( Sur ), estando separado de África polo Estreito de Xibraltar.
Podemos dividir o relevo do continente es tres tipos de unidades:
-
Macizos ou montañas vellas: ao Norte ( Montes Escandinavos ), Centro ( Macizo Central Francés ) ou Leste ( Urais )
-
Chairas, dominadas pola Gran Chaira Central europea, desde a costa atlántica ata os Urais.
-
Cordilleiras ao Sur, xurdidas polo choque coa placa africana. Son toda unha liña de cadeas montañosas novas e altas que se extenden polo sur do continente: Pireneos, Alpes, Apeninos, Alpes Dináricos, Blacáns , Cárpatos e Cáucaso. Nestas cordilleiras atópanse as dúas maiores cumbres: o Mont Blanc ( 4.807 m ) nos Alpes e o Elbrus ( 5.642 m ) no Cáucaso.
Fóra do espazo continental, destacan as illas coma Islandia, Gran Bretaña, Irlanda, Córsega, Sardeña, Chipre ou Malta.
Tamén podemos destacar as penínsulas: Escandinava, de Iutlandia, Ibérica, Itálica e Balcánica.4