Arquivo do blog

1. XURDIMENTO DAS PRIMEIRAS CIVILIZACIÓNS URBANAS

A aparición da  agricultura e gandería no Neolítico vai facer que o home pase de:

  • Ter unha economía depredadora a unha economía produtiva.

  • Ter escasos recursos a aumentalos e incluso ter excedente ( producir máis do que consume )

  • Ser nómade a ser sedentario, formar grupos humanos máis numerosos: a poboación aumenta e os poboados pasan a ser aldeas, pequeñas vilas e, nalgúns casos, verdadeiras cidades.

Isto ocorreu nas beiras de grandes ríos durante o III Milenio a.C. ( entre o 3.000 e o 2.000 a.C.) cando se desenvolveron as chamadas civilizacións fluviais  na India ( río Indo e Ganxes ), China ( Río Amarelo e Azul) e, sobre todo, en Mesopotamia ( ríos Tigris e Éufrates ) e Exipto ( río Nilo ), o chamado Crecente Fértil. Observa este mapa:

Advertisements