Arquivo do blog
AS LIÑAS IMAXINARIAS
As liñas imaxinarias son liñas convencionais que serven para localizar calquera punto da Terra sobre a superficie terrestre.
1.- EIXE TERRESTRE: 🙂
Tamén chamado eixe polar ou de rotación. É a liña imaxinaria sobre a que xira a Terra. Cruza o centro do noso planeta e toca nos polos.
2.- PARALELOS:🙂
Círculos imaxinarios e perpendiculares ó eixe terrestre, que cruzan a Terra de Oeste a Leste.
Os máis importantes son:
– Hemisferio Norte ou Septentrional ( Boreal )
– Hemisferio Sur ou Meridional ( Austral )
-
Trópicos: 🙂 están a unha distancia do Ecuador de 23º27’:
– T. de Cáncer: ó Norte.🙂
– T. de Capricornio: ó Sur.🙂
-
Círculos Polares: están a unha distancia do Ecuador de 66º33’:
– C.P. Ártico: ó Norte 🙂
– C.P. Antártico: ó Sur 🙂
3.- MERIDIANOS: 🙂
Semicírculos imaxinarios perpendiculares ó Ecuador queconverxen nos polos. O máis importante é:
-
Meridiano de Greenwich ou 0º 🙂: Xunto co seu antimeridiano, divide a Terra en 2 hemisferios:
– Hemisferio Occidental (Oeste)
– Hemisferio Oriental (Leste )
Esta imaxe preséntache un reume de todo o dito ata agora:
Estes vídeos ainda nos poden axudar un chisco máis a comprender:
VÍDEO 1
COMO DIFERENCIAR ENTRE PARALELOS E MERIDIANOS
VÍDEO 2