
A temperatura baixa a medida que se sobe en altura, a razón de 1ºC (días moi secos) e de entre 0,6ºC (cando hai condensacións e precipitacións) cada 100 metros que se sobe en altura. Isto é así porque nas baixas altitudes a calor retense mellor.

A temperatura vai baixando a medida que nos imos alonxando do Ecuador cara aos Polos.
A causa é a inclinación do eixe de rotación, que fai que a inclinación dos raios solares sexa diferente segundo o lugar da Terra:
-
Máis verticais: máis preto do Ecuador [maior temperatura
-
Máis inclinados: máis preto dos Polos [menor temperatura
-
3º factor: Estacións do ano

A inclinación da Terra con respecto ó Sol, tamén fai que nas diferentes estacións a insolación sexa diferente debido á diferente inclinación dos raios solares. Isto fará que as temperaturas sexan maiores no verán do H.N. e menores no inverno do H.N. ( ó revés no H.S.)
-
4º factor: Proximidade ó mar.

A auga necesita maior cantidade de calor que a terra para acadar a mesma temperatura, pero unha vez quente, a auga tarda máis en arrefriar.
Así, o mar rebaixa considerablemente as temperaturas extremas, e fai que os lugares sometidos á súa influencia teñan invernos maís menos fríos e veráns menos calurosos. Deste xeito, o mar actúa coma un regulador da temperatura.
As zonas máis próximas ao mar teñen unhas temperaturas máis suaves, cunha Amplitude Térmica menor. Nas zonas interiores ocorre ao revés: a amplitude térmica entre o día e a noite ou entre o verán e o inverno é maior
-
5º factor: As correntes mariñas.

As correntes mariñas teñen moita influencia sobre os climas da Terra:
-
Suavizan o clima:por exemplo a corrente do Golfo suaviza o clima de toda a costa atlántica de Europa
-
Desertizan o clima: por exemplo, o deserto costeiro de Atacama en Sudamérica está influído decisivamente pola corrente fría de Humboldt, ou o de Namibia pola corrente fría de Benguela
-
Provocan certos trazos de dureza coma fortes vagas de frío (por exemplo, na costa leste de EE.UU grazas á corrente fría de Labrador ou no Xapón pola corrente de Oya-Chivo).