Arquivo do blog

6. O DESCUBREMENTO DE AMÉRICA

Imaxe: educared

Imaxe: educared

No seu intento de circunvalar a Terra para chegar ás Indias Orientais ( Asia ), Cristóbal Colón partiu de Palo de Moguer ( Huelva ) ao mando dunha flota formada por dúas carabelas ( a Pinta e a Niña ) e unha nao ou carraca (a Santa María ) que o 12 de outubro de 1492 chegou ao que eles pensaban que era Cipango ( Xapón ) pero, en realidade,  era a Illa Guanahaní . Tes que saber que Colón tivo un erro de cálculo : pensaba que a Terra tiña uns 30.000 km no Ecuador, cando na realidade ten 40.000.

Christopher_Columbus

Cristóbal Colón ( Imaxe Wikipedia )

A primeira nova do novo decubremento chegou coa nave de Martiño Alonso Pinzón a Baiona ( Pontevedra ) en marzo de 1493. Colón orrería sen saber que as terras ás que el chegara non eran Asia, senon un “novo” continente, que recibiría o nome de Américo ( en honor ao navegante e cartógrafo Americo Vespucio ).

 A Conquista e Colonización de América.

Unha vez chegaron os españois aos novos territorios comenzou a súa conquista e colonización, proceso que se levou a cabo de xeito relativamente sinxelo e rápido grazas á superioridade militar española. Nun primeiro momento concentrouse nas chamadas Antillas ( Mar Caribe ) con contactos nas zonas de México e Florida, ata que chega a época dos grandes conquistadores  (1519 – 40)  , destacando sobre todos:

  • Hernán Cortés: imperio Azteca ( México )

  • Francisco Pizarro: imperio Inca

CONQUISTADORES

Nos seguintes anos, rematouse a conquista co que hoxe en día é Hispanoamérica ( excepto Brasil que será portugués ) e zonas da actual EE.UU.

As consecuencias da conquista son moitas, variadas e non sempre positivas. Podemos destacar:

  • Europeización do mundo: os europeos levan a súa civilización ( idioma, cultura, costumes, relixión … ) a amplos territorios antes descoñecidos. Isto conleva a desaparición das culturas tradicionais dos pobos indíxenas, así como a disminución da súa poboación debido ás guerras e a novas enfermidades que os europeos levaron ás novas terras ( a gripe, p.ex., diezmou a boa parte da poboación das illas caribeñas en poucos anos ).

  • Época de prosperidade económica para Europa : desenvolvemento comercial e artesanal debido aos intercambios entre Europa e América. De alí traían sobre todo metais preciosos ( ouro e prata ) e Europa exportaba produtos manufacturados ( artesanais ). Unha boa cantidade de produtos agrícolas americanos eran descoñecidos para nós: pataca, millo, cacao, tabaco, tomate, pemento e cacahuete, entre outros.

O comercio con América era un monopolio da Coroa de Castela a través da chamada Casa de, que só usaba o porto de Sevilla coma porta de entrada dos produtos americanos ( Pensa o porqué: a Coroa quedábase coa quinta parte de todo, incluidos os cargamentos de ouro e prata )

  • Mistura de razas: euopeos, indíxenas e negros traidos de África como man escrava

Batalla entre españoles e indios en una edición española de la conquista del Peru de Prescott.

Imaxe da conquista e explotación dos indíxenas que o frai Bartolomé de las Casas describe en 1552 no seu libro “ Brevísima relación de la destrucción de las Indias “:

“La causa por que han muerto y destruído tantas y tales e tan infinito número de ánimas los cristianos ha sido solamente por tener por su fin último el oro y henchirse de riquezas en muy breves días ( … ) por ser aquellas tierras tan felices e tan ricas, e las gentes tan humildes, tan pacientes y tan fáciles a sujetarlas; a las cuales no han tenido más respecto ni dellas han hecho más cuenta ni estima(…)no digo que de bestias (porque pluguiera a Dios que como a bestias las hubieran tractado y estimado), pero como y menos que estiércol de las plazas.(…)”