Arquivo do blog

ANTIGO RÉXIME: POLÍTICA. O ABSOLUTISMO

Luis XIV

O paradigma do réxime político do Antigo Réxime ( o absolutismo ) foi  Luis XIV de Francia: “L’Etat c’est moi”

  • Monarquía absoluta lexitimada por “dereito divino”: poder absoluto, só limitado por nobles e igrexa.

  • Excepto Gran Bretaña( revolución 1688: parlamento.) e Provincia Unidas ( Holanda ).

  • Bossuet ( 1627 – 1704 ): “Monarquía de dereito divino”: o poder do rei ven de Deus e só responde ante el, sen límites terrenais.

    Jacques Bénigne Bossuet (1627 – 1704) . Defensor da teoría da orixe divina do poder para xustificar o absolutismo de Luis XIV.


Advertisements

ANTIGO RÉXIME: SOCIEDADE ESTAMENTAL

–  Sociedade xerárquica, cunha estructura piramidal, na que as relacións entre os chanzos da pirámide está marcada pola subordinación económica, social e política do pobo cara a nobleza e clero.

–  Carácter pechado: o nacemento marca a pertenza a un grupo social ou outro, excepto ó clero.

–  3 estamentos o grupos sociais de orixe medieval, nas que os privilexios marcan o principio de desigualdade ante á lei:

  • Privilexiados:

  • Nobleza ou aristocracia(2 – 3 % ):

  • Propietarios da maioría das terras. Practican o morgado (mayorazgo):os bens transmítense directamente ó primoxénito sen dividilos nin vendelos

  • Exención de impostos

  • Sistemas xudiciais propios

  • Monopolios dos altos cargos

  • Dereitos feudais e señoriais:

    • Percepción de rendas e beneficios polo uso das súas propiedades

    • Señorío xurisdiccional e imparten xustiza.

  • Clero ( 1 % ): único estamento aberto:

  • gran riqueza patrimonial

  • relevancia e influencia ideolóxica e social

  • exentos de impostos

  • grupo heteroxéneo: enormes diferencias entre o alto clero ( bispos, abades,… ), que vivían como a nobleza, e o baixo clero ( sacerdotes, monxes,…) cunha vida modesta e sen privilexios.

 

  • Pobo ( 3º estado ) ± 95% sen privilexios: campesiños, artesáns, comerciantes, e burguesía profesional e de negocios → interese común→ lograr a igualdad de dereitos.

  • Campesiños:

  • A inmensa maioría da poboación.

  • Podían ser arrendatarios ou propietarios, pero a gran maioría non dispoñía de terras.

  • Suxeita a vínculos de dependencia cos propietarios das terras ( nobles e clero )

  • Condicións de vida precarias.

  • Pagaban a maioría dos impostos ( reais, señoriais, eclesiásticos )

  • Clases populares urbanas:

  • Traballadores manuais: artesáns e obreiros das manufacturas sobre todo.

  • Burguesía:

  • Minoría que foi gañando poder económico( actividade comercial e financieira, sobre todo ) e prestixio social, pero á que lle falta poder político, que intentará acadar a través dunha serie de revolucións ó longo do S XIX.

  • Nas súas mans estaban o comercio e as finanzas ( mercaderes, prestamistas e banqueiros, debido á necesidade de capitais )

  • Artesáns e pequenos comerciantes.

     

ANTIGO RÉXIME: ECONOMÍA

– Feudal agraria: o mundo rural supón un enorme peso: 80-90% poboación campesiña

  • Europa oriental: situación de servidume, diferenciándose pouco da escravitude.

  • Europa Occidental e Mediterránea: mellor situación, pero boa parte da súa producción quedaba en mans dos propietarios da terra ( nobles, igrexa, Estado).

  • Propietarios das 2/3 terras: nobles e clero ( señoríos polos cales recibían rendas de carácter feudal). A propiedade era vinculada, é decir, o propietario pode sacar proveito dela pero non era libre de vendela.

  • Estancamento agrícola: agricultura de subsistencia (productividade baixa, atraso tecnolóxico, autoconsumo e case nulo comercio ): crises de subsistencias.

  • Traballo en “openfields” ( campos abertos ): o terrazgo se dividía en varias follas e os costumes colectivos impedían as innovacións agrícolas.

  • Importancia das terras comunais.

Industria:

  • Artesanal e gremial.

  • S XVI – XVIII: Domestic system: industria de tipo rural que compaxinaba o traballo agrícola co traballo doméstico na “industria “ textil de lá e liño.

  • S XVIII: manufacturas

Mercantilismo  Colbert – 1619- 83 – , ministro do rei francés do S XVII, Luis XIV ): doctrina económica en boga en Europa e as súas colonias entre os S XVI – XVIII:

  • A riqueza dun país radica na acumulación de metais preciosos ( ouro e plata).

  • Proteccionismo: Aumentar as exportacións,  e limitar e reducir as importacións con taxas aduaneiras ós productos estranxeiros, para así elevar os seu prezo e ser menos competitivos que os productos nacionais.

  • Fomento das manufacturas ( instalacións industriais).

  • Economía regulada polo Estado.

–  Comercio:

  • Interior: escaso ( non hai excedentes, transportes precarios, pouca demanda) a base da celebración de feiras.

  • Colonial:

    • Obtéñense materias primas baratas nas colonias ( África, América, Asia ) a cambio de productos manufacturados, obtendo grandes beneficios.

    • Auxe da burguesía comercial ( mercaderes, banqueiros e traficantes de escravos)

    • Ao mesmo tempo estimulou a actividade industrial en Europa, unha actividade baseada na produción artesanal de manufacturas en pequenos obradoiros.

    • O comercio foi así a base dun incipiente capitalismo comercial: Denomínase capitalismo comercial á acumulación de capital procedente dos beneficios orixinados polo comercio, moi especialmente o ultramarino, que as potencias europeas tiñan con América, Asia e África entre os séculos XVI e XVIII. Basicamente supoñía a existencia nesas áreas dunha agricultura que proporcinaba enormes beneficios porque a man de obra resultaba moi barata  -escrava ou semiesclava- e polo alto prezo que algúns produtos coloniales alcanzaban en Europa. Esta expansión comercial propiciou a prosperidad de varias áreas da Europa do NW e moi especialmente de Gran Bretaaña, e permitiría máis tarde investir eses capitais na industria e na banca e dar así o paso ao capitalismo industrial e financeiro.

O ANTIGO RÉXIME. DEMOGRAFÍA

As características da poboación do Antigo Réxime corresponden a unha demografía antiga:

  • Crecemento vexetativo moi baixo: alta natalidade e alta mortalidade.

  • Frecuentes crises de subsistencias ( agicultura atrasada ): malas colleitas → fame → enfermidades, falta de hixiene → alta mortalidade.

  • S XVIII: paises como Gran Bretaña, Francia. Holanda→ comenzan a ter excedentes alimentarios debido a unha mellora na agricultura e , por conseguinte, unha disminución  da mortalidade ( aumento demográfico)

    A peste negra representada na Biblia de Toggenburg

    Para ampliar:

    Clases de Historia

    Réxime demográfico antigo

     

O ANTIGO RÉXIME. CONCEPTO

O Antigo Réxime é o conxunto de características sociopolíticas, económicas e xurídicas que conforman a Europa entre os S XVI – XVIII.

Procedía da descomposición do feudalismo medieval, e  vai ser substituido paulatinamente durante o SXIX polas propias da sociedade capitalista.

A expresión “Antigo Réxime” foi utilizada por vez primeira polos revolucionarios franceses de 1789 para referirse ao sistema político, económico e social que a Revolución pretendía abolir. A expresión implicaba a idea de decadencia, en contraposición a un réxime que desexaban establecer.

Para ampliar:

Artigo da Wikipedia

Tema do Antigo Réxime na web do INTEF

Clases de Historia

Proxecto Kairos