Author Archives: xosemaneiro

Master en Xeografía

Ata aquí chegamos!! O curso rematou, pero a viaxe continúa. Esperemos que como a viaxe de Ulises de volta á súa amada illa de Ítaca estea chea de experiencias e aventuras.

Se estás aquí é que traballaches, puxeches esforzo e gañas, superaches unha caurentena ( que contarás cando pasen os anos a nenos e nenas coma ti)… E , sobre todo, algo aprendeches…ou iso espero.

O premio non é unha viaxe ao longo do mundo, nin un coche deportivo, nin unha casa con piscina, nin siquera unhas chuches (…bueno ao mellor temos un comezo de 3ª ESO ben doce….nunca se sabe)

O premio é un título de Máster en Xeografía para que gardes como recordo (mira máis abaixo) Podes imprimir a imaxe e escribir o teu nome a boli, ou mesmo descargar o arquivo, poñer o teu nome e logo imprimir (non esqueces activar edición cando descargues o arquivo para poder escribir nel)

Ata o curso que vén!….