Arquivo do blog

1. ECONOMÍA E SOCIEDADE

Despois da terrible crise do S XIV ( Lembra aquela oración: “Da fame, a guerra e a peste, líbranos Señor ), o S.XV supuxo unha recuperación e no S XVI a poboación creceu considerablemente.

Esta poboación en crecemento, demandaba máis alimento e produtos dos artesáns. Polo tanto, afectou positivamente á economía. Ademáis, os novos descubrementos xeográficos aumentarán a actividade comercial. É unha época de prosperidade xeral. Exemplo dilo é a actividade das cidades italianas ( Xénova,Venecia ), da Hansa no Norte de Europa , ou Lisboa e Sevilla no Sur de Europa.

Na sociedade segue a ser estamental, con privilexiados ( nobreza e clero ) e non privilexiados ( o pobo ). Pero a burguesía xorde coma un grupo social con máis e máis poder económico: grandes comerciantes e banqueiros que pouco a pouco se van facendo con máis riquezas 

En Galicia, o S XVI supón o mantemento da economía agraria tradicional, con frecuentes crises de subsistencias ( malas colleitas e fame, acompañadas de epidemias e peste ).

A prosperidade económica vese reflexada no aumento demográfico e das actividades comerciais. Exemplo é o porto da cidade de Lisboa

A prosperidade económica vese reflexada no aumento demográfico e das actividades comerciais. Exemplo é o porto da cidade de Lisboa

Advertisements

C. AL-ÁNDALUS: SOCIEDADE

Podemos dividir  os habitantes de Al-Ándalus en dous grandes grupos: os conquistadores e os conquistados.

  • Conquistadores: árabes e bereberes que conquistaron a península, e oseus descendentes.  Tiñan o poder político ( gobernaban ) e eran os propietarios das mellores terras.

  • Conquistados:

    • Muladíes: Antigos crisitiáns que se converteron ao Islam.

    • Mozárabes: Cristiáns.

    • Xudeos

       

    sociedade idade media pen iberica

3. A SOCIEDADE FEUDAL: OS TRES ESTAMENTOS

Uns rezan ( oratores ), outros combaten ( pugnatores ) e outros traballan ( laboratores ).

Quen reza, solicita a protección divina para quen combate e para quen traballa.

Quen combate, da protección e seguridade a cregos e traballadores.

Quen traballa, alimenta a cabaleiros e cregos.

Guerreiros, cregos e campesiños

son as tres ordes ou estamentos básicos da sociedade crisitiá, creada por Deus.

Tanto cabaleiros coma cregos, eran privilexiados ( non pagaban impostos )

mentras que o pobo (a maioría da poboación ) non tiñan privilexios: pagaban impostos.

 

OS PRIVILEXIADOS:

1. Os nobres: A nobreza é o estamento ou grupo que está no cumio da pirámide social e o máis poderoso. Son o que reciben o encargo de defender ao resto dos membros da sociedade: son os guerreiros. Realmente a maioría das veces estaban combatindo entre eles para acadar máis poder e terras. Viven en castelos e pazos. E, como veremos, teñen lazos de vasalaxe entre eles dentro das relacións feudais.

Podemos distinguir dous grupos, que se diferencian pola súa riqueza e poder:

  • Alta nobreza: Son vasalos directos do rei:  duque, marqués, conde, vizconde, barón.

  • Baixa nobeza: son os cabaleiros ou miles, vasalos da alta nobreza.

2. O clero: A igrexa cristiá xoga un importante papel na sociedade da Idade Media. Pero debemos que distinguir entre alto e baixo clero:

  • Alto clero: son poseedores de enormes riquezas e terras. Nos seus señoríos, os bispos e abades compórtanse coma verdadeiros señores feudais. O centro do seu poder son as catedrais e os mosteiros.

  • Baixo clero: moi alonxado da vida da alta xerarquía da igrexa, ás veces sobrevive en condicións similares ao campesiñado.

Mención esepcial debe ter o clero regular: os monxes que vivían nos mosteiros. Alí, a norma era: ora et labora. Traballo e oración. Os monxes oraban, meditaban, pero tamén traballaban nas terras, pero sobre todo nas bibliotecas. Nelas gardaban as copias que facían dos libros, verdadeiras xoias. Eran os gardiáns da cultura.

 OS NON PRIVILEXIADOS:

3. O pobo: Os traballadores.

  • Os campesiños. O campo foi o gran protagonista da Idade Media europea. A agricultura e a gandería proporcionaban a maior parte dos recursos daquela época  e arredor da terra se articulaban as relacións sociais. E falar do campo é tanto como falar dos campesiños. Así os definían as Partidas de Afonso X o Sabio( 1221 – 1284 ):

    ”los que labran a terra e fazen en ella aquellas cosas por que los omes han de bivir e de mantenerse”.

    Eran ,xa que logo, a forza de traballo esencial daquela sociedade. Os campesiños -os servos- non eran escravos: tiñan moitas obrigas so señor feudal ( pagar rendas, traballar para el certos días no ano …), pero a maioría dos homes da Idade Media eran homes libres. Os servos, campesiños que estabas adscritos á terra ( non podían abandoar o señorío ), nunca chegaron a seren escravos.

  • Burgueses: habitantes dos burgos ( = cidades ). Son os artesáns e comerciantes. A partir do S.X e co renacemento urbano irán tomando importancia na sociedade medieval. Falaremos deles máis adiante.

    O castelo

    O mosteiro

    A aldea

    A cidade