O DESPIADADO TEST DA CAPACIDADE CRANEAL
PROBA DA CAPACIDADE CRANEAL ( ¡¡¡ DA TÚA !!! )
Ó mellor, pode ser que o teu profe pareza un Home de Neanderthal ( aínda que o disimule ó afeitarse a barba ) ou quizáis un Australopithecus boisei ( daqueles que decían que podían partir unha noz coa mandíbula ). Pero seguro que non o é, porque esas especies xa están extinguidas e – ¿ por desgracia ?– os profes aínda non.
Pero si podes poñer a proba a túa capacidade craneal ( en teoría duns 1.600 cm3 ) e tamén a dos teus pais, co seguinte despiadado test. :
1. ¿Cal destes grupo de obxectos é o que verdadeiramente se podía atopar nunha tumba dun home ou muller prehistóricos ?
A. Os dentes que se lle caeran durante a súa vida; un brazo arrancado,un can morto, cordas para atar os brazos e as pernas.
B. Flores, caracolas, un gato vivo ( ….. bueno xa morto, pero cando o enterraron estaba vivo).
C. Alimentos , un bebé morto e un reproductor de mp3 sen pilas.
2. Os arqueólogos poideron determinar o que comían os exipcios 11.000 anos antes da construcción das pirámides. ¿Qué descubriron?
A. Libros de cociña exipcios enterrados baixo a area.
B. Excrementos fósiles de bebé.
C. Mandíbulas prehistóricas con restos de comida entre os dentes porque os marranos non sabían lavar os dentes coma ti (¡¡ porque supoño que lavarás os dentes ¡! ,¿ou non? )
3. O home primitivo elaboraba a súa pintura con minerais de ferro pigmentados de amarelo, colorado, pardo ou negro. ¿Con que se mezclaban estas pinturas en polvo para poder pintar as paredes das cavernas?
A. Mexo de mamut. ( ¡ Que difícil conseguilo ! Calquera se arrimaba a eles )
B. Xarabe de froitas silvestres
C. Sangue
4. ¿Qué utilizaba o home primitivo enlugar de papel hixiénico?
A. Nada ( ¡¡ Que porcalláns !! )
B. Musgo
C. Pel de erizo. ( ¿¿¿ … ???)
5. En 1915 subastouse o conxunto megalítico de Stonehenge. ¿Quen o comprou e por que ?
A. O propietario dun parque de atraccións que o quería para anunciar un parque temático sobre a Prehistoria: “ Pedraworld”
B. Un norteamericano que quería exhibilo en California
C. Un home rico ( e moi namorado) que o quería para regalarllo á súa muller
6. ¿ Como conservaban frescas as patacas os homes primitivos de Bolivia que vivían nas alturas dos Andes ?
A. Cocéndoas e meténdoas en paquetes herméticos de pel de llama.
B. Sepultándoas nunha cova baixo terra.
C. Conxelándoas ( aínda que non tiñan frigoríficos nin luz eléctrica, ¡ que liiiistoooos!)
7. ¿Onde foi atopado un dente fósil dun antigo homínido chino?
A. Durante a construcción da Muralla China
B. Nun “rollito de primavera” nun restaurante chino.
C. Nunha tenda china.
8. ¿ Que era o que xa facían os homes primitivos e que os humanos modernos esquecen algunhas veces ( algúns esquécense sempre ) ?
A. Cepillar os dentes.
B. Lavar as mans despois de ir ó baño.
C. Estudiar antes de facer un exame.
9. ¿Quen inventou o bumenrang?
A. Os homes prehistóricos norteamericanos.
B. Os australianos modernos en 1822.
C. Un atleta australiano das Olimpiadas de Sidney 2.000.
10. ¿Cómo celebraban os homes primitivos as grandes ocasións ?
A. Botando “petardos “ a unha fogueira.
B. Bebendo moito viño.
C. Loitando cos osos das cavernas.
11. ¿Cómo axudaban os homes prehistóricos de Suecia ós seus mortos na súa viaxe ó Máis Alá ?
A. Facían un mapa nunha pedra paa ensinarlle o camiño.
B. Deixaban a porta da tumba aberta para que poideran saír.
C. Tirábanlle flechas ós cadáveres.
12. ¿Cómo curaban os homes da Idade de Pedra o dolor de cabeza?
A. Preparando unha pastilla con flores, sangue de dinosaurio e sesos de mona ( non de mono ).
B. Facendo un burato na cabeza.
C. Comían cerebro humano.
13. Lucy é o nome que lle deron a un conxunto de 52 ósos humanos de muller que correspondían a un Australopithecus. ¿Por qué os arqueólogos lle puxeron ese nome?
A. Porque o nome da filla do arqueólogo xefe se chamaba Lucía.
B. Porque cando atoparon os restos soaba unha canción dos Beatles: Lucy in the sky with diamonds.
C. Porque querían chamarlle coma Lucky Luke pero esquecéuselle poñer a k e quedou niso, en Lucy
14. Miguelón é o cráneo número 5 que apareceu na Sima dos Ósos, no xacemento de Atapuerca ( Burgos ). É un cráneo moi ben conservado dun Homo Heidelbergensis de 300.000 anos de antigüedade. Chamáronlle así porque …
A. … os arqueólogos estaban escoitando unha canción de Miguel Bosé.
B. … o tamaño do cráneo era tan grande coma o do ciclista 5 veces campeón do Tour de Francia Miguel Induráin.
C. … si, porque o dixo o xefe do equipo de arqueólogos: “Quen manda aquí? Eu,non? Pois iso, imos chamarlle Miguelón que é un amigo da infancia?”
15. No dolmen de Dombate apareceron restos de comida:
A. Restos de grans de cereais.
B. Un cocido galego nunha cunca.
C. Un arroz con bogavante ( un pouco reseco, iso si)
Táboa de puntuación
13 a 15 puntos: ¡ Noraboa ! ,posiblemente es un Homo sapiens
10-12 puntos: quédache pouco, Neanderthal.
6-9 puntos: polo menos xa andas erguido coma un humano: Homo erectus
4-5 puntos: Homo habilis
2-3 puntos: Australopithecus africanus ( sen comentarios )
2 punto: Ardipithecus Ramidus ( sen comentarios … ao cadrado )
1 puntos: es un chimpancé, …ou algo así.
0 puntos: tes que evolucionar aínda outro millón de anos…… polo menos.
SOLUCIÓNS
Posted on 16 de Abril de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged prehistoria, test. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0