O RELEVO DE ÁFRICA

África é un continente macizo e compacto ( realmente só ten unha gran illa – Madagascar – e  unha península destacable – Somalia ), cunha superficie de 30.284.631 km2 ( o terceiro continente máis grande ) e perfectamente delimitado polos Océanos Atlantico e Índico, os mares Mediterráneo e Vermello, e pola canle de Suez, que o separa da Península Arábiga ( Asia ). Case todo o continente localízase na zona tropical.

Ten unha altitude media de máis de 650 m., nun relevo no que destacan as chairas e depresións xunto coas mesetas. O continente reaccionou ao movemento das placas tectónicas con enormes roturas, que fixeron que se separaran a illa de Madagascar e a Península Arábiga ( que pertence a Asia ), ou que se producira unha enorme falla denominada Rift Valley ao longo da cal podemos atopar os lagos Vitoria, Tanganika e Malawi, e os volcáns xa inactivos Kilimanxaro e Kenia.

Podemos resumir o relevo africano, polo tanto en:

  • Chairas e Depresións: percorridas por ríos coma a Depresión do  Chad,a do Congo e a do Níxer.

  • Tamén desertos coma o Sahara, Kalahari e Namibia.

  • Mesetas: Katanga.

  • Macizos: Ahaggar, Tibesti, Marra, Etiopía

  • Cordileiras: o Atlas ao Norte e os Montes Drakensberg ao sur.

  • Os picos máis altos son o Kilimanxaro ( 5895 m ) e o Kenia ( 5199 ).

Posted on 23 de Novembro de 2011, in 1º ESO, xeografía and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: