Daily Archives: 1 de Decembro de 2012

8. CRISE DA BAIXA IDADE MEDIA ( S XIV – XV ): FAME – GUERRA – PESTE – REVOLTAS

“Da fame, a guerra e a peste, líbranos Señor”

Esta era a oración habitual na Europa dos S XIV – XV

 –  A guerra asolou Europa nos S XIV – XV.  Multitude de guerras afectan a amplas zonas da Europa Occidental: Escocia, Inglaterra, Francia, Portugal, castela, Aragón, as cidades italianas …. A máis coñecida e tamén longa foi a Guerra dos 100 anos ( 1337 – 1453 ) entre Francia e Inglaterra polo intento dos inlgeses de ocupar o trono francés. Nela xurdíu a figura de Xoana de Arco. En Galicia provocou moita inestabilidade o enfrontamento entre os irmanastros PedroI o cruel e Enruqe II de Trastámara.

https://i0.wp.com/3.bp.blogspot.com/_5ReEt94u6IA/RsHrLqFFo8I/AAAAAAAAAaE/sdmXxYtDQAY/s1600/aljubarrotaFROISSART.jpg

– A fame: No S XIV prodúxose un cambio climático. As condicións climatolóxicas foron moito máis duras, o clima enfriou , apareceron os “veráns podres” ( moi chuviosos con que os cultivos de cereais se perdían ). Isto provocou uns anos de malas colleitas ( sobre todo do trigo, alimento básico ) e con elas a fame a partir de 1315.

https://i0.wp.com/3.bp.blogspot.com/-Eew_N-V6iU4/TVxZxGxMIWI/AAAAAAAAA88/klYMTucZRA8/s1600/peste%2Bnegra%2B2.jpg

–  A «gran peste» asolou  Europa de 1347 a 1352. Unha poboación mal alimentada e débil foi atacada pola Peste Negra, procedente de Asia. Unha terceira parte da poboación europea desparaceu nuns  poucos anos. Nen sequera se enterraba aos mortos, simplemente se lles queimaba ou botaba en fosas comúns. Ata o S XV repetíronse novas epidemias cada 10 ou 15 anos. A poboación baixou de 73 millóns de habitantes en 1300, a 45 millóns en 1400.

evolución  poboación idade media

Danza da Morte

Danza da Morte

Yo soy quien mi nombre temen

Quantos memoran mi nombre,

Desde la más baxa tierra

Hasta las más altas torres,

Yo soy el que nadi esenta

De mis amargas pasiones,

A todos los hago iguales,

A los grandes y menores,

Desde el labrador más baxo

Al emperador más noble

Y donde el más alto Rey

A los más baxos pastores.

 As Danzas macabras ou da Morte son representacións da Morte personificada.

Nunha serie de esceas uns esqueletos van emparexándose cos vivos e bailando con eles.

– As revoltas sociais.

O grupo máis afectado pola crise foi o dos campesiños, pero os nobres viron disminuidas as súas rendas e intentaron esixir novos impostos, aumentar as rendas e incluso recurriron ao abuso e á forza. Eran os chamados “malos usos”. En Galicia podemos poñer coma exemplo as revoltas en Lugo en 1380, dirixidas por Martiño Cego e a súa muller María Castaña.

Pero quizáis a máis imprtante e coñecida é a 1ª revolta irmandiña en 1431. Nela os campesiños constituiron a Irmandade Fusquenlla ( = tola ) para loitar contra os señores, incluso atacando a cidade de Santiago, onde foron derrotados.

A crise tamén afectou á burguesía, xa que os nobres adicábanse á bandidaxe, intentaban recortar as liberdades de vilas e cidades e aumentarlle as taxas e impostos. Así, en Galicia xuntáronse campesiños e habitantes de vilas e cidades formando Irmandades. Son as Guerras Irmandiñas, a primeira en 1431 e a gran guerra irmandiña entre 1467 -69, contra os abusos dos nobres ( Andrade, Lemos, Ulloa, Soutomaior… ) e o arcebispo de Santiago, atacando as súa fortalezas ( destruiron máis de 170 ).

http://abelgalois.files.wordpress.com/2008/09/irmandinos-2007-137.jpg