3. A CIDADE
A superficie mínima dunha cidade ou vila medieval a partir do S XI podería estar arredor de 200.000 m2 (aproximadamente a extensión do casco hIstórico da Pobra do Caramiñal, incluindo o Castelo, o Caramiñal e o Areal ), tendo aproximadamente entre uns 2.000 e 5.000 habitantes, que vivían “intramuros”, é decir, dentro das murallas que tiñan as cidades pero tamén as vilas, para distinguirse das aldeas.
Nas portas da cidade cobrábanse os impopstos sobre as mercadorías que entraban nela.
A maoiría das vivendas son unifamiliares, do tamaño dun piso de hoxe en día. Nela poderían vivir unha media de 4-5 persoas, cun máximo de 7. Normalmente na zona baixa realizábase a actividade artesanal ou comercial de cara ao público.
Os materiais de construción eran a pedra ( normalmente na planta baixa ),a madeira e o adobe. Nos tellados usábase a palla, as lousas de pizarra e tamén a tella plana, de orixe romana.
Edificios importantes eran a igrexa ( nas vilas ) e a catedral ( nas cidades ), así coma os pazos dos señores e bispos.
A vida nas vilas e cidades era na maioría das ocasións insán: rúas de barro, sen sumidoiros , sen recollida de lixo, con animais domésticos polas rúas ( porcos, galiñas …)
Posted on 1 de Decembro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged cidade, Idade Media, rexurdir urbano. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0