4. O NACEMENTO DA POBRA DO DEÁN E DO CARAMIÑAL.
En tempos medievais ( hai aproximadamente 800 anos ), nace o que hoxe en día é a vila de A Pobra do Caramiñal. Primeiro coa fundación da vila da Pobra do Deán (fundada polo Deán de Santiago nalgún ano entre 1177 e 1226) e máis tarde do pobo mariñeiro do Caramiñal, que obtivo o título de vila xa no S XVI ( no ano 1554 ). Na década de 1830 a Pobra e O Caramiñal, uniranse nun só concello: A Pobra do Caramiñal.
A Pobra do Deán
No ano 1177 o Arcebispo de Santiago, don Pedro Suárez de Deza, concede ó Deán Presidente do Cabildo, as terras de Postmarcos ( o que sería a actual Barbanza )
No ano 1226, o rei de León en persoa, don Afonso IX, visita a vila e escribe:
“ Datum apud Sanctum Jacobum de la Pobla, VI Marcii era MCCLXIIII”
( Dado en Santiago da Pobra, 6 de marzo de 1274
Restamos 38 anos de error da datación en eras = ano 1226 )
Esta visita siginificaría que a vila da Pobra do Deán xa tería a súa importancia no momento do rexurdir de vilas e cidades na costa galega nos séculos XII e XIII: Pontevedra, Padrón, Noia, Muros… e, por suposto, A Pobra do Deán.
O arcebispo de Santiago delegou a administración e goberno no Deán, formando así un señorío: arrenda e afora terras, cobra rendas, impostos e multas, nomea ao goberno da vila, imparte a xustiza etc. Os Deáns conseguirían ser sendo os señores durante séculos:
“Esta villa es de los señores deanes de Santiago” ( Documento de fins do S XVII, Jerónimo del Hoyo )
“Dueño y señor de la villa que llaman del Deán con su jurisdicción civil y criminal, merom mixto imperio”
(decía de sei mesmo o Deán don Fabián Pardiñas Villardefrancos no S XVIII)
A vila de Deán chegou a ser un rico e moi populoso núcleo de poboación, tanto como as vilas de Padrón ou Noia. A prosperidade da Pobra estaba directamente relacionada coas actividades mariñeiras. En 1448 chegouse a un acordo coa vila de Padrón polo cal esta concedía un permiso de carga e descarga á Pobra do Deán:
“ … que en todo sempre posan cargar e descargar e carguen e descarguen suas mercaderias de pescados que mataren e mercaren … con condiçon que eles e qualquer deles e seus subcesores veñan a dita vila de Padron a demandas licencia para a dita carregaçon e descarregaçón … e debemos e paguemos en cada un ano por dia de navida da Nascensa de Jesu Chrito a o Concello de Padron, dentro ena dita vila, mill e oitosentos maravedís de moeda vella”
Deste xeito, se beneficiaba a pesca tanto da Pobra do Deán como da vila do Caramiñal, que poderon exportar sardiña.
A vila de O Caramiñal
Da vila do Caramiñal non se ten coñecemento da súa data de fundación, ainda que sí sabemos que non recibiu o título de vila ata
1554. Comezaría como un pequeño núcleo de mariñeiros que foi facéndose próspero e crecendo ata acadar a magnitude de vila probablemente no S XV, apoiados polo señor da Casa de Xunqueiras, en clara oposición ao Deán e o Arcebispo de Santiago.
Coma no caso do Deán da Pobra, o señor de Xunqueiras podía arrendar e aforar terras, cobrar rendas e impostos, impartir xustiza, nomear o goberno da vila ( alcalde, rexidor, escribano, ….)
Torre de Xunuqeiras Fonte. arousa-norte.es
Así, podemos decir que a Pobra do Deán era un señorío eclesiástico dependente do Arcebispo de Santiago e O caramiñal era un señorío dependente do Señor de Xunqueiras.
PARA SABER MÁIS SOBRE A POBRA DO CARAMIÑAL
Posted on 1 de Decembro de 2012, in 2º ESO, HISTORIA and tagged Caramiñal, Idade Media, Pobra do Deán. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0