6. O CLIMA DE GALICIA

Pola súa parte, Galicia está plenamente no ámbito do clima oceánico, con estas características xerais:

  • Temperaturas suaves todo o ano: inverno ( ±10oC ) , verán ( ±20oC ). Aumentan cara ao Sur (Vigo ) e ao interior( Ourense, Lugo ) no verán , e disminúen no inverno cara ao Norte ( A Coruña, Lugo )e ao interior ( Ourense, Lugo ).

  • Precipitacións abundantes todo o ano, con máximas no outono-inverno. Os ventos húmidos de compoñente Oeste ( O, NO, SO ) traen as precipitacións por frontes. Son máis copiosas cara á costa e poden ser de neve durante o inverno cara o interior e nas serras máis altas.

Nestes dous climogramas podemos observar as diferenzas entre un clima oceánico litoral ( Pontevedra ) e outro interior ( Lugo ):


A temperatura media anual  de Pontevedra (15ºC ) é superior debido ao estar mías ao Sur, sendo as temperaturas máis suaves no inverno a consecuencia de ser unha localidade costeira ( o mar regula as temperaturas ). Lugo localízase máis ao interior ( TM invernais máis baixas ) e maís ao Norte ( TM anual inferior: 11ºC) ).

Por outra banda, as precipitacións de Pontevedra son claramente máis abundantes. As chuvias por frontes procedentes dos ventos de compoñente O e SO descargan con máis intensidade as precipitacións ao entrar en contacto coa costa.

Posted on 14 de Febreiro de 2012, in 1º ESO, xeografía and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar un comentario