Daily Archives: 16 de Febreiro de 2012

A Historia nun día

A   HISTORIA   NUN   DÍA

Desde que os primeiros antepasados nosos (teus: ti es un Homo Sapiens) andaban polas terras africanas ata hoxe pasaron xa máis de 2 millóns de anos, é decir, 72 millóns de días, 1 billón 728 millóns de horas, … un montón de minutos ,… unha porrada de segundos. Pasou moito tempo!

Desde aquela o home prendeu lume, inventou a roda (e tamén a bomba atómica), aprendeu a cultivar e domesticar gando,aprendeu a ler e escribir, construiu cidades ( e botou abaixo tamén algunhas ), elevou pirámides, fixo mil e unha guerras, firmou a paz outras tantas veces, descubreu terras, navegou polos océnaos e mares (algunha vez naufragou), adorou a deuses e deusas, formou imperios …

Se todos eses anos os poidéramos reducir a 24 horas, a só un día ésta sería a súa historia.

 

“ O home ( ou a muller ) naceu ás 0 horas e andivo cazando, recolectando e pescando dun lugar a outro vivindo en chozas ou caverna sen lugar fixo onde habitar.

(PALEOLÍTICO).

Así estivo ata as 16 horas e 45 minutos daquel día.

Durante o Peleolítico o home cazaba,pescaba e recolectaba

Nesta hora, o home ( e a muller ) aprendeu a cultivar e domesticar os animais, e empezou a vivir nun lugar fixo. Así empezou a construir aldeas, pobos, cidades. 

( NEOLÍTICO )

Pero non soubo ler nen escribir ata as 8 da tarde. Empezaba o período histórico, a

IDADE ANTIGA

Desde ese momento  e durante 3 horas máis, construiu pirámides, dólmenes, castros, formáronse as civilizacións grega e romana, viviron personaxes coma Pericles, Ramsés II, Aristóteles, Alexandre Magno, Buda, Xesucristo, César, ….

A Acrópole de Atenas

Ás 11 da noite, o maior imperio mías poderoso  ( o imperio romano ) cae, desaparece , vense abaixo e comenza unha nova era: a

IDADE MEDIA

Señores e campesiños, cabaleiros medievais coas súas lanzas e armaduras, castelos e mosteiros, Carlomagono e Ricardo Corazón de León, Marco Polo, Almanzor e Alfonso X o Sabio, cristiáns e musulmáns, Mahoma, o Camiño de Santiago , a Guerra dos 100 anos,….

Sobre as 12 menos cuarto, Cristóbal Colón descubre América e os turcos conquistan Constantinopla. Comenza a

IDADE MODERNA

O home navega e conquista terras por todo o mundo: Asia, América, África. España forma un Imperio onde nunca se poñía o sol, os piratas e bucaneiros asaltaban barcos cheos de ouro, plata e xoias, a cristiandade pártese en dúas , …..

Durante a Idade Moderna, Europa “conquista” o mundo

Faltan 5 minutos para acabar o día e en Francia faise unha revolución: empeza a

IDADE CONTEMPORÁNEA

Liberdade, democracia, tecnoloxía, vacinas, máquina de vapor, motor de combustión, enerxía eléctrica, educación, coches, avións, o home pisa a lúa , xogamos ao fútbol, vemos a TV, escoitamos a radio, ordenadores, internet,….. Pero tamén a bomba atómica, matamos a máis xente nas guerras que nas 23 horas e 55 minutos anteriores, dictaduras, morren millóns de persoas de fame, …. “

A liberdade guiando ao pobo ( E. Delacroix, 1830 )

Estamos no ano 2019, son as 12 da noite. Que nos deparará o novo día ?