TAREFA
TAREFA
“ Penso,… logo actúo “ é unha revista dixital que nace coa intención de facer un traballo de divulgación na rede e cuxo fin principal é concienciar á poboación na importancia de tomar parte activa fronte ós problemas do mundo actual: pobreza, inxustizas sociais, guerras, cambio climático, ecoloxía,….
Nesta ocasión, o obxectivo é estudar a influencia do uso e consumo de recursos enerxéticos na sostibilidade do sistema.
Os contidos que se van incluir no traballo podemos dividilos en dous grandes apartados:
– A enerxia na historia:
-
Uso e consumo de recursos enerxéticos ao longo da historia.
-
Cambio producido durante a Revolución Industrial.
-
Consecuencias a nivel medioambiental deste cambio.
-
Medios de transporte coma exemplo dos cambios nos usos das fontes de enrxía ao longo da Historia.
– E ti que me dis avó? : uso e consumo de recursos enerxéticos na época da súa mocidade e a diferencia coa actualidade. ¿ Podemos apender deles, do xeito de vida que os nosos maiores tiñan ?
Formaredes un grupo de traballo no cada un ten un rol determinado:
-
Coordenador do equipo:
Principais responsabilidades: artellará a búsqueda, recollida e clasificación de información, así como a coordinación do traballo do resto de compoñentes.
-
Experto en ciencias.
Principais responsabilidades: encargado da parte científica, supervisando que as informacións de base científica estean ben sustentadas,argumentadas e ben comunicadas.
-
Especialista en historia.
Principais responsabilidades: ofrecerá unha visión histórica sobe o uso e consumo das fontes enerxéticas por parte do home ó longo da súa existencia.
-
Experto en enerxía.
Principais responsabilidades: xunto co historiador , e coa supervisión do experto en ciencias, buscará información sobre os diversos tipos de fontes de enerxía e o seu uso ó longo da historia.
-
Especialista en ecoloxía.
Principais responsabilidades: buscará información,coa colaboración do experto en ciencas, sobre as consecuencias medioambientais do uso e consumo das diversas fontes de enerxía.
A tarefa, os produtos finais que teredes que poñer no blogue serán:
-
Textos :
-
A Historia da Enerxía: o uso dos recursos enerxéticos polo home a través dos tempos. O cambio producido na Revolución Industrial. Coma exemplo poñeremos como foron evolucionando os medios de transporte.
-
As consecuencias do uso actual dos recursos enerxéticos.
-
Entrevista aos av@s.
-
Conclusión: ¿ E eu que podo facer?¿E nós como podemos actuar?
-
Multimedia:
-
Presentación ou vídeo resume. Partes:
-
A enerxía e os medios de transporte na Historia
-
O cambio: a Revolución Industrial
-
Conclusión.
-
-
Infografía resume.
-
-
Posted on 28 de Setembro de 2013, in 3ª ESO, Cambio Climático, Clima, Economía, Webquest, Xeografia and tagged enerxía. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0