INTRODUCIÓN
“Non hai pouco que non chegue nin moito que non se esgote”
¿Lembrades que esta frase nos serviu coma conclusión do traballo da auga na Escola dos Av@s cando estabamos en 1º ESO?
Preme na imaxe
Este dito de orixe popular ten moito que ver con dous conceptos da ecoloxía actual. Por unha banda, a sostibilidade do sistema: ¿ é sostible no tempo o actual sistema ?; por outra, o excesivo, compulsivo e case adictivo consumo.
Chéganos – ¿conformámonos? – con pouco ( Non hai pouco que non chegue … ), pero cando temos, consumimos sen medida ( …. nin moito que non se esgote )
A palabra sostibilidade fai referencia ó equilibrio entre os recursos que a natureza nos ofrece e o seu consumo por parte do ser humano.
Pero o home veu en romper este equilibrio, incumprindo as dúas condicións imprescindibles para mantelo:
1.- Non controla o consumo, esquilma os recursos
2.- Xera residuos que non se aproveitan e que por riba contaminan.
Como cidadáns do futuro e como persoas comprometidos, invitámosvos a participar neste proxecto que intenta poñer un pouco de luz sobre conceptos coma sostibilidade, consumo, residuos, cambio climático … e a súa relación coa enerxía e os uso que facemos dela.
O final do proceso de traballo, e entre tod@s, seremos quen de argumentar con rigor a resposta a esta pregunta:
¿ Cal é a influencia do uso e consumo dos recursos enerxéticos por parte do ser human na sostibilidade do sistema, é decir, no equilibrio entre recursos e consumo ?
Podes comenzar reflexionando sobre a pegada ecolóxica que deixas ti na túa vida diaria!
¿Imos alá?
Posted on 28 de Setembro de 2013, in 3ª ESO, Cambio Climático, Webquest, Xeografia and tagged enerxía. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0