Daily Archives: 7 de Marzo de 2013
ARQUITECTURA ROMÁNICA
-
Os edificios máis representativos son relixiosos: templos ( igrexas e catedrais) e mosteiros.
-
Elementos de soporte:
-
Muros de pedra grosos con escasas ventás e aberturas. Dan aos edificios unha imaxe pesada e robusta, ademáis de facer que nos interiores teñan unha escasa iluminación.
-
Piares e columnas con capiteis decorados.
-
Contrafortes: piares adosados ao exterior dos muros para axudar a soportar o peso das cubertas.
-
-
Elementos soportados:
-
Arco de medio punto.
-
Bóveda de canón, formada pola prolongación do arco de medio punto.
-
-
Planta:
-
Planta de cruz latina: brazo lonxitudinal máis longo que o transversal, chamado transepto. Normalmente ten tres naves: unha central máis alta que as dúas laterais.
-
Planta basilical: dun só brazo, lembrando ás basílicas romanas.
-
- Abadía Beneditina de Cluny: berce do Románico Imaxe: Wikipedia