3. O PALEOLÍTICO: CAZADORES – RECOLLEDORES
O último millóns de anos foi un periodo frío. De aí o nome que recibe esta etapa de “Idade do Xeo”. A historia dos homínidos e dos primeros seres humanos desenvolveuse entre cambios climáticos : as glaciacións.,que tiñan fases frías (glaciares: Enormes masas de xeo de ata máis de mil metros, chegaron a cubrir media Europa) e outras máis cálidas (interglaciares: fundiase parte do xeo, aumentaban as chuvias, elevándonse o nivel das aguas mariñas). Hai unha clave que explica que o ser humano fora quen de adaptarse a diferentes cambios climáticos cos correspondentes cambios na paisaxe e na fauna: a súa intelixencia e a súa capacidade para elaborar ferramentas útiles para a supervivencia.
-
¿Cómo conseguían os alimentos? Tiñan unha economía depredadora: non producían , senon que simplemente conseguían o alimento cazando ( cervos, mamuts, bisontes, … ) , pescando e recollendo froitos silvestres que atopaban na natureza. Polo tanto si querían sobrevivir tiñan á forza que ser bos coñecedores do medio natural e non romper o equilibrio ecolóxico. Por exemplo, non cazaban femias preñadas ou crías, só cazaban o necesario para alimentar ao grupo,…
-
¿Qué utensilios utilizaban? É a idade da pedra tallada. Os homínidos paleolíticos foron quen de fabricar ferramentas de pedra. Tallaban un núcleo de pedra grande e, a base de golpes son outra pedra, fabricaban bifaces, instrumentos cortantes, puntas de fecha, …. Tamén usaban a madeira ( para facer lanzas, p.ex.) ou ósos ( facían agullas, arpóns, …). Está claro que o paleolítico abrangue un período moi longo de tempo e os utensilios vanse ir perfeccionando ( no apartado da evolución humana vimos ata 4 modos distintos de ferramentas )
Un elemento fundamental na vida do home paleolítico foi o lume. É quen de usalo desde hai máis dun millón de anos, ainda que non foi capaz de facelo ata hai uns 300.000 anos. Con el obtén luz e calor, cociña os alimentos, é un arma contra os animais salvaxes, ….
-
¿Cómo eran as súas vivendas? As súas actividades ( caza, pesca, recolleita ) dependían en gran medida da cantidade de froitos que había nunha zona ou mesmo dos movementos migratorios dos animais. Polo tanto, tiñan que ser nómades, é decir, debían trasaladarse dun lugar a outro na busca de alimento, xa porque tiñan que seguir aos rabaños ou porque se esgotaran os froitos silvestres. Isto facía que os grupos non foran moi numerosos, non moito máis alá de grupos de 30-40 persoas.
As súas vivendas eran de dous tipos. Utilizaban covas nas que vivían durante un tempo non moi longo( p.ex. para pasar o inverno ) ou chozas que se podían montar e desmontar fácil e rapidamente.

Recreación da vida na Cova de Eirós ( Lugo )
-
¿Tiñan algún tipo de crenzas? Pénsase, sobre todo estudando a grupos de primitivos actuais, que as súas crenzas estaban baseadas nas forzas naturais e nos ciclos vitais da natureza. En relacióna isto, xa tiñan rituais funerarios: enterraban aos seus mortos xunto a alimentos, ferramentas de pedra e obxectos diversos.
-
¿ Tiñan manifestacións artísticas? Pénsase que en relación as súas crenzas relixiosas, os homes e mulleres do Paleolítico tiñan dous tipos de manifestacións artísticas:
-
Obxectos de ósos ou marfil. Pequenas figuras de mulleres ( chamadas Venus pola súa relación coa fecundidade ), colares, bastóns de mando, …
-
Pintura rupestre. Nas paredes das covas ( pero posiblemente tamén noutros lugares ) representaban escenas de caza. Na Península Ibérica temos magníficos exemplos de pintura rupestre:
-
Costa cantábrica: pinturas moi realistas de animais como as da Cova de Altamira en Cantabria.
-
Costa levantina: representan tamén a figuras humanas e as figuras son máis esquemáticas, xeralmente en cor negra.
-
-
Posted on 4 de Abril de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged paleolítico, prehistoria. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0