4. A REVOLUCIÓN NEOLÍTICA

Poboado Neolítico

O Neolítico é  unha etapa cálida que permitiu o desenvolvemento da agricultura.Hai uns 10 mil anos  terminou a última glaciación: a temperatura do planeta ascendeu e os xeos quedaron reducidos aos casquetes polares. Este cambio climático vai provocar un cambio tamén nas formas de vida da humanidade.

A este cambio chamámoslle revolución neolítica, xa que se vai pasar dunha economía depredadora ( durante o Paleolítico ) a unha economía produtora baseada na agricultura e na gandería. O home pasou a ser produtor de alimentos.

¿Cales van ser os cambios que se van producir?

  • Cambio climático: período máis cálido.

  • Cambio na forma de produción.

    • O home vai ter unha economía produtora baseada na agricultura ( sobre todo de cereais ) e na gandería ( ovellas, porcos, vacas, … para producir carne e leite fundamentalmente ).

    • División do traballo: agricultores, gandeiros, artesáns …

    • Hai excedente, é decir, prodúcese máis do que os grupos humanos poden consumir. Nace así o comercio, pero tamén as diferenzas sociais: os que máis teñen, os que mandan …

    Cambio nos utensilios e ferramentas:

    • Pedra puída, con utensilios máis eficaces dirixidos non só á caza senon sobre todo á agricultura ( fouces, sachos, muíños de man ….)

    • Aparece a cerámica, válida para transportar e almacenar os produtos agrícolas. Un exemplo témolo na Pen. Ibérica coa cerámica cardial, decorada con cunchas mariñas.

    • Técense roupas a base de lá, liño …

Exemplo de cerámica cardial

  • Utensilios neolíticos de pedra puída

  • Cambio na forma de vida:

    • Os grupos humanos crecen. Xa non son aqueles pequenos grupos de cazadores – recolledores que vagaban dun lado para outro na busca de alimento. Agora hai maís alimento e de mellor calidade: a poboación aumenta de xeito espectacular.

    • Os grupos humanos fanse sedentarios, é decir, viven de xeito permanente nun lugar. As vivendas fanse máis sólidas ( cabanas feitas co adobe, p.ex. ) Nacen así os poboados, aldeas e, maís tarde,as cidades.

    • Ás veces, os poboados e cidades necesitan de fortificacións defensivas para a defensa das riquezas e dos excedentes da economía produtora.


  • ¿Onde se produciron estes cambios? Catro son os lugares:

    • O Crecente Fértil: zona que vai desde o val do Nilo ( Exipto ) ata o territorio denominado Mesopotamia ( ríos Tigris e Éufrates no actual Iraq ). Aquí será onde se desenvolverán grandes civilizacións na Idade Antiga ( o Exipto do faraóns, babilonia, Asiria, o Imperio Hitita, o Imperio Persa  ….)

    • India: nos vales do Indo e o Ganxes.

    • China: val do río Amarelo ( Huang He )

    • América: lugares de América Central e Andes

Advertisements

Posted on 4 de Abril de 2012, in 1º ESO, Historia and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

%d bloggers like this: