Monthly Archives: Maio 2012
4. EXIPTO
Exipto é unha terra “atrapada” e, ao mesmo tempo, defendida polos desertos de Arabia e Sahara. Pero ten a sorte de contar cunha canle de rego, cun oasis coma é o río Nilo. Ao longo del vaise desenvolver a unha das civilizacións máis avanzadas da antigüedade, tanto na parte do Alto Exipto ( o val ) coma no Baixo Exipto ( o delta, á beira do Mediterráneo ).
Desde arrdeor do 6.000 a.C., os exipcios foron quen de controlar as crecidas do Nilo mediante canles que distribuían a auga do río nas terras de cultivo. Foron perfeccionando así unha agricultura de regadío, producindo suficiente alimento para unha poboación que foi crecendo.
Podemos dividir a historia do Antigo Exipto en varios etapas:
-
Imperio Antigo ( 3100 – 2200 a.C.): Con capital en Menfis, os faraóns crearon un estado poderoso e construiron as grandes pirámides ( Keops, Kefrén e Micerinos )
-
Imperio Medio ( 2055 – 1795 a.C. ): Con capital en Tebas, o imperio estendeuse cara o Sur ( Nubia )
-
Imperio Novo ( 1550 – 1069 a. C ): Os exipcios conquistan Siria e Palestina. É a época do gran faraón Ramsés II ( que reinou durante máis de 60 anos), de Amenofis IV ou de Tutankamón.
-
Baixa Época ( 750 – 323 a.C. ): Exipto entra en decadencia e foi conquistado por Asiria, Babilonia e os persas.
-
Época helenística ( 323 – 30 a.C.): Comenza coa invasión por parte de Alexandre Magno e remata coa invasión romana na época de Marco Antonio e Cleopatra.
Na civilización exipcia, o personaxe máis importante era o faraón. Ostentaba todo o poder ( político, militar, relixioso ) e era a encarnación do Horus ou fillo do deus Ra. Estaba axudado nas súa tarefas por gobernadores e funcionarios que sobre todo se adicaban á recaudación de impostos e a facer cumprir as leis.
Como podemos concluir pola figura do faraón, a relixión era un aspecto moi importante da vida no Antigo Exipto. Coma en Mesopotamia era unha relixión politeísta: Ra ( deus do sol), Osiris ( deus dos mortos ), Horus ( deus da guerra), Isis ( deusa da fertilidade ) e moitos máis. Crían na vida do “ Máis alá”, onde Osiris levaba aos corpos incorruptos ( polo que embalsamaban os mortos para convertilos en momias ).
Igual que os mesopotámicos, os exipcios coñecían a escritura. Representaban as palabras mediante debuxos e símbolos diversos: os xeroglíficos.
¿Queres escribir o teu nome en xeroglificos exipcios? Pincha aquí
A arquitectura exipcia era plana ( arquitrabada: non usaban nin o arco nen a bóveda ), sendo a columna e os muros os elementos máis destacados. As edificacións máis sobresaíntes eran:
-
Templos: de enormes dimensións, estaban concebidos como a casa dos deuses. Os exemplos máis sobresaíntes son os de Karnak, Luxor e Abu Simbel.
-
Tumbas:
-
Mastaba: pequeñas pirámides truncadas.
-
Pirámides: tumba onde se enterraba ao faraón con numerosos tesouros. Por iso están cheas de galerías, cámaras falsas, … para evitar a entrada de ladróns. As máis coñecidas son as de Keops, Kefrén e Micerinos.
-
Hipoxeos: tumbas escavadas na rocha, coma o famoso do faraón Tutankamón.
-
Máis sobre pirámides
-
En canto á escultura e pintura destaca a lei da frontalidade:
-
Na escultura podemos dividir o corpo en dúas metades iguais ( simétricas ) seguindo unha liña polo nariz e embigo. Repfreséntanse faráons, deuses e personaxes coma os escribas.
-
Na pintura representa a cabeza e as pernas de perfil, mentras que o ollo e o tronco están de frente. Representan esceas da vida cotiá nas paredes de templos e tumbas.
-

Libro dos mortos
Texto funerario que consistía nunha serie de sortilexios que axudaban aso mortos a superar o xuizo de Osiris
Actividades interactivas para coñecer a arte exipcia
Momias de animais
Preme na imaxe