A ILUSTRACIÓN. ECONOMÍA

Éntrase en oposición ó mercantilismo:

A.- Fisiócratas ( Quesnay – 1694-1774):

  • A riqueza provén directamente da terra, da agricultura.

  • A economía ten leis naturais: Non intervención do Estado na actividade económica.

B.- Liberalismo: Adam Smith ( 1723-90) → fundamentos teóricos do liberalismo económico  (“ Investigación sobre a natureza e as causas da riqueza das nacións “ – 1776 ):

  • Individualismo: a busca do interés individual aumenta a riqueza colectiva.

  • O traballo é a principal fonte de riqueza: o valor e o prezo das mercadorias procedian do traballo.

  • Libre mercado ( librecambismo): Liberalización dos factores de producción: capital, terra e traballo.

  • Lei da oferta e da demanda: o prezo de oferta é fixo, e que é únicamente a demanda a que fai que o prezo suba ou baixe.

  • É unha crítica ó sistema económico do Antigo Réxime baseado na propiedade da terra coma primeiro valor.

    Adam Smith

Posted on 17 de Setembro de 2012, in 1º Bacharelato, Historia do Mundo Contemporáneo, Ilustración and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar un comentario