A ILUSTRACIÓN. SOCIO-POLÍTICA
A.- Precursores ingleses do S XVII:
-
John Locke ( 1632 – 1704 ) e o parlamentarismo inglés:
- Monarquía limitada por un parlamento: A revolución inglesa de 1688, restaura o “contrato social” entre gobernantes e gobernados, establecendo un sistema político pactado pola sociedade sen existencia de poder aboluto.
- Dous poderes que deben estar separados: lexislativo e executivo.
- Dereito á resistencia ante a tiranía ou poder arbitrario, clara xustificación da revolución.
- Considerado pai do liberalismo.
-
Hobbes (1588 . 1679 ):A soberanía está no rei, pero o seu poder non veu de Deus.
B.- Voltaire (1694- 1778):
-
Liberdade política e de pensamento e tolerancia relixiosa: “Non estou de acordo co que dis, pero defendería ata a morte o teu dereito a decilo”
-
Aboga por substituir as relixións reveladas polo deismo, unha nova relixión.
-
Gran divulgador das ideas ilustradas.
C.- Montesquieu (1685 – 1755) e a separación de poderes: “O espíritu das leis “( 1748):
-
Sistema monárquico constitucional
-
Separación dos 3 poderes: lexislativo, executivo e xudicial, para evitar a tiranía, completando así o pensamento de Locke.
D.- Rousseau ( 1712 – 78 )e a soberanía popular ( precursor da democracia ):
“Discurso sobre a orixe e os fundamentos da desigualdade entre os homes” ( 1754) e “ O contrato social”( 1762):
-
Goberno coma un contrato suma das vontades individuais ( soberanía popular ), na que os gobernantes non son máis que representantes do pobo a través do seu voto.
-
Pecursor da democracia: crítica á propiedade e defensa da igualdade entre todos os seres humanos.
E.- Despotismo Ilustrado ( ou absolutismo ilustrado ): monarcas que foron influidos polas ideas ilustradas no seu goberno, en contra da igrexa e a nobleza. Gobernan para o pobo pero sin o pobo ( medo á revolución ).
-
Características
-
Absolutismo
-
Racionalizar a administración.
-
Fomento da educación.
-
Modernización económica e facilitan a liberdade de comercio.
-
Federico II de Prusia, Catalina II de Rusia, Xosé II de Austria, Carlos III de España, Gustavo III de Suecia.
-
Resultado limitado, xa que a burguesía buscaba unha maior cuota de poder e o pobo non melloraba as súas condicións de vida, preparándose así o camiño ás revolucións liberais de finais do S XVIII ( Francia ) e do S XIX en toda Europa.
-
Posted on 17 de Setembro de 2012, in 1º Bacharelato, Historia do Mundo Contemporáneo, Ilustración and tagged Ilustración. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0