Daily Archives: 15 de Setembro de 2012

8. CULTURA E ARTE CLÁSICAS.O LEGADO ROMANO.

É indubidable que a arte e cultura romanas teñen unha mloi clara influencia da Grecia Clásica. Non podemos esquecer que o sur da península italiana e a illa de Sicilia  era unha zona de profunda colonización grega: a Magna Grecia ( colonias coma Neapolis, Sybaris, Taras … ). Á sesibilidade  artística grega uníronlle o seu temperamento práctico, dándolle a arte ( sobre todo á arquitectura ) un carácter utilitario.

Utilizando materiais baratos e sólidos coma o ladrillo, pedra, mármore e cemento ( mistura de auga, area, pedra e cal ), os romanos pasaron da arquitectura arquitrabada ou adintelada grega ao uso do arco, a bóveda e a cúpula.

A cidade era o centro da vida romana e un axente moi importante para a romanizacióin dos territorios conquistados. Planificábanse coma os campamentos militares, con dúas rúas principais que actuaban de eixes: o cardo ( Norte – Sur ) e o decumano ( Leste- Oeste ). No lugar onde se cruzaban, estaba o foro: praza central que era o centro da vida urbana, arredorda cal se localizaban a maioría dos edificios públicos.

Foro romano

 Xunto co edificio relixiosos máis salientable ( o templo ), os romanos construiron edificios públicos para actividades moi diversas: termas ( baños públicos ), teatros, monumentos conmemorativos ( columnas, arcos … ) , anfiteatros ( loitas de gladiarores e animais ) e circos ( carreiras de carros ), basílicas ( edificio adicado a actividades comercais e para xulgado ). Importantes son tamén as obras de enxenería: acueductos ( para o abstecemento de auga potable ás ciudades ) , as calzadas e as pontes.

Templo de Xúpiter no foro romano

Termas de Caracalla

Teatro romano de Mérida

Arco de Constantino

Acueducto de Segovia

Calzada romana

Calzada romana

Ponte romana de Alacántara ( Toledo )

En canto á escultura romana, tamén ten as súas raíces na grega, copiando e imitando modelos anteriores. Pero os romanos son menos idealistas que os gregos, máis terrenais: son os inventores do retrato ( moi realista: era moi común entre os patricios facer máscaras de cera aos difuntos ) e son moi do gusto de relevos históricos ( relatan batallas ou feitos históricos ).

Polo que respecta á pintura, utilizaban os fresco ( pintura sobre paredes dos palacios e vilas ) polo que é fundamentalmente de carácter decorativo.

Tamén realizaban mosaicos para decorar o chan .

Mosaico “Coidado do can “, de Pompeia

Mosaico romano de Tarragona