6.- A AUGA NO MUNDO: PROBLEMAS E DESAFÍOS.

O futuro é voso, dos xoves… e sodes vós os que vos veredes máis afectados polos problemas que teñen relación co cambio climático e a degradación do medio ambiente, os alimentos, a enerxía, e o desafío continuo que supón a pobreza no mundo. As decisións que agora se tomen sobre eles, influirán na vosa vida, e ¡ incluso poderían determinar canto tempo ides vivir ! 1

Imos analizar a situación con respecto á auga no mundo, e que está moi en relación con eses problemas.

 Deterioro do medio ambiente.

En moitas rexións, o medio ambiente está tendo un profundo deterioro e temos moitas especies animais e vexetais en perigo de extinción ( máis de 10.000 no ano 2011 ). Continuamente se verten contaminantes ao medio acuático, produto da agricultura, a industria, as augas residuais non tratadas – que non pasan por depuradoras – produto do uso doméstico, …

O exemplo máis claro témolo moi preto de nós: nas Rías galegas, en 2011, detectáronse máis de 450 puntos onde hai vertidos contaminantes ( máis de 150 na ría de Arousa )2

Por outra parte a auga e o cambio climático están estreitamente relacionados: desertización nunhas zonas, inundacións noutras, aumento da temperatura media do planeta …

A baixada no nivel de grandes ríos en África afecta a países tan pobres coma Ghana , Guinea, Mali ou Nixeria, que dependen deses ríos para auga potable, agricultura ou transporte. Outras veces, coma na conca do río Zambeze, as inundacións provocan numerosos problemas. Na imaxe anterior vemos o lago Chad, inmerso nun proceso de desecado pola falta de precipitacións.3

Acceso a auga potable = Saúde

Unha persoa necesita, segundo a ONU, un mínimo de 50 litros de auga potable todos os días para satisfacer as súas necesidades alimenticias, hixiénicas e domésticas. Sen auga potable, a xente non pode levar unha vida sana. 4

Dúas de cada tres persoas sen acceso a auga potable sobreviven con menos de 2 € ao día e unha de cada tres faino con menos de 1 € diario. Máis 1.000 millóns de persoas no planeta non teñen acceso a auga potable ( = limpa) e case a metade da poboación mundial non ten saneamento adecuado. Isto supón ter que camiñar longas distancias cada día na búsqueda para beber – potable ou non – co único propósito de sobrevivir, ou sufrir malnutrición ou enfermedades evitables causadas por sequías, inundacións o un saneamento inadecuado

¿Consecuencias? Só a diarrea mata a 5.000 nenos ¡ cada día ! No 2011 xa se levan rexistrados 85.000 casos de cólera. A falta de acceso a auga potable provocou a rápida expansión da enfermidade. 5

No mundo morren ao ano máis de 5 millóns de persoas por enfermidades relacionadas coa auga: ¡ 10 veces máis que as causadas pola guerra!

 Compartir os recursos hídricos

As augas, tanto superficiais coma subterráneas, non distinguen as fronteiras políticas: un tercio de todas as concas son compartidas entre máis de dous países.

Nos últimos 50 anos, rexistráronse máis de 500 conflitos internacionais.

Auga, alimentos e agricultura

A agricultura é o maior consumidor de agua do mundo. O riego consume cerca do 70 % de todo a auga doce apta para o consumo humano. Polo tanto, calquera crise da auga xenera unha crise de alimentos. Preto de 1.000 millóns de persoas no mundo carecen de acceso a unha alimentación suficiente, sufren malnutrición.

Algúns datos son ben significativos:

*  A produción dun kilo de tenreira require 16.000 litros de auga.

*  Para producir unha taza de café necesítanse 140 litros de auga.

*  Un kilo de cereais necesita para a súa produción 3.000 litros de auga.6

 Enerxía

A maior parte da enerxía que producimos na actualidade procede de fontes non renovables coma o petróleo, o gas natural e o carbón. A enerxía hidráulica é unha das formas máis limpas de xenerar electricidade. Sen embargo, é importante que as obras hidráulicas se leven a cabo respetando o medio ambiente.

 Aumento da poboación

A cantidade de auga no noso planeta é finita. O número de habitantes está crecendo rapidamente e a utilización da auga crece ainda en maior medida.

O número de habitantes do planeta pasou en 50 anos de 2.500 a 7.000 millóns no ano 2011. Hoxe en día, ademáis, máis da metade da poboación vive en zonas urbanas ( vilas, cidades ) que necesitan suministro de auga e saneamento da mesma. Agora pensa: ¿Nun slam ( barrio de chabolas ) dun país pobre, contarán con estas dúas cousas?

Temos que reflexionar sobre este dato: o consumo de agua creceu a un ritmo que duplica o do aumento da poboación mundial. 7

Sen embargo, conseguir o acceso universal ao mínimo de 50 litros diarios/persoa só significa o 1% da cantidade de auga que se usa hoxe no mundo. ¿Reparto desigual?¿Solucións?¿Cal pensas que é o desafío máis importante relacionado coa auga?8

Agora podes reflexionar sobre os problemas e desafíos aos que nos enfrontamos. Pensa arredor diso intentando contestar ás seguintes cuestións:

1 ¿Por qué cres que eses problemas vos van afectar máis a vós no futuro que na actualidade?

2¿Pensaches algunha vez onde van as augas que usas a diario e si se tratan nalgunha depuradora?¿Que pensas ao respecto?

3¿Poderá afectar o cambio climático á nosa vida diaria? ¿ E ás persoas que viven nos países que no texto se nomean? ¿Afectaranos por igual?¿Por que?

4¿Parécenche moito 50 litros? Mira a gráfica: ¿ onde se usa máis e onde menos? ¿Queres saber cantos usas ti  a diario? Calcúlao premendo aquí

.5¿Usarías auga non potable para beber ou cociñar?¿Por que? Entón, ¿Por qué cres que hai tantas mortes por enfermidades relacionadas coa auga?

6¿Teñen algunha importancia estes datos? Intenta explicalo.

7¿Qué consecuencias pode ter este dato? ¿ En que tipo de países terá consecuencias máis negativas?

8¿Reparto desigual?¿Solucións?¿Cal pensas que é o desafío máis importante relacionado coa auga?

Pode axudarvoa a reflexionar sobre estes temas este cómic sobre a auga: De quen é a auga ? ( Consello da Cultura Galega )

 Por último visita esta web no que de seguro aprenderás un montón sobre a biosfera: Proxecto Biosfera

Fontes: www.bbc.co.uk ; WWAP UNESCO ( ONU ); elaboración propia.

Posted on 28 de Decembro de 2011, in 1º ESO, Sen clasificar, xeografía and tagged . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: