1. A ATMOSFERA
A atmosfera 🙂 é unha capa de gases ( nitróxeno – 78% – e osíxeno- 21%- principalmente, ademáis de ozono, dióxido de carbono – CO2– e outros ) duns 1.000 km de espesor que envolve o Planeta Terra. Como podemos observar na imaxe, podemos distinguir varias capas:
Por varias razóns, a atmosfera ten unha importancia definitiva para a a vida na Terra:
-
Os seres vivos necesitan dos seus gases – fundamentalmente osíxeno – para vivir.
-
A capa de ozono actúa como a un filtro que protexe aos seres vivos dos raios ultravioletas.
-
Na atmosfera hai uns gases que reciben o nomes de “gases de efecto invernadoiro “ (CO2, vapor de auga, metano,…) que reteñen parte da enerxía solar na atmosfera, conseguindo que haxa unha temperatura media de 15oC. Este chamado “efecto invenadoiro” é beneficioso para a vida no noso planeta, pero que nos últimos tempos o home está a acelerar, facendo que aumente a temperatura atmosférica, contribuindo polo tanto ao cambio climático.
-
Por último, na capa máis próxima á superficie terrestre – a TROPOSFERA – prodúcense os fenómenos meteorolóxicos relacionados co clima ( precipitacións, vento,…)
Posted on 12 de Febreiro de 2012, in 1º ESO, xeografía and tagged atmosfera, capas atmosfera. Bookmark the permalink. Deixar un comentario.
Deixar un comentario
Comments 0