5. A CRISE DA MONARQUÍA HISPÁNICA NO S XVII

A monarquía dos Habsburgo – chamados tamén Casa de Austria – iniciada no S XVI con Carlos I e Filipe II, continua no S XVII con Filipe III e Filipe IV, e remata en 1700 con Carlos II. Si no século anterior Carlos I e Filipe II mantiveron a hexemonía hispánica en toda Europa, entre 1698 e 1700 os seguintes tres monarcas van participar en numerosas guerras que deixan a hexemonía europea en mans de Francia.

MONARQUIA HISPANICA  SXVII

Podemos resumir  a crise da monarquía hispánica entre 1600 e 1700, en 4 grandes apartados:

  • OS VALIDOS: Ao contrario que os seus antecesores, os monarcas españois do S XVII se desentenderon das labouras diarias de goberno en favor duns pesonaxes ( nobres ) que gozaban da súa total confianza e tomaban as decisións polo monarca. Os exemplos máis salientables son O Duque de Lerma ( valido de Filipe III ) e o Conde-Duque de Olivares ( valido de Filipe IV )

  • A DECADENCIA DA MONARQUÍA HISPÁNICA NO EXTERIOR: Si no S XVI a hexemonía da monarquía hispánica en Europa era incontestable, no S XVII instalouse unha nove orde internacional debido a unha serie de conflitos en época de Filipe IV contra Holanda, os protestantes alemáns , Inglaterra e Francia na chamada Guerra dos 30 anos ( 1618 – 48 ) . A morte de Carlos II sen descendencia desencadenou a Guerra de Secesión ( 1701- 13 ) cuxo Tartado de Paz de Utech ( 1714 ) significou o dominio en Europa de Francia e a fin definitivo do dominio di imperio español. En España remata dinastía dos Austria e comeza a dos Bornóns ( francesa ) co rei Filipe V ( 1700 – 46 ).

  • A CRISE INTERNA DA MONARQUÍA HISPÁNICA ( 1640 ): Esta crise tivo a súa orixe na chamada Unión de Armas ( 1625 ) , realmente un intento do Conde Duque de olivares ( valido de Filipe IV ) reforzo da autoridade do monarca ( monarquía autoritaria ):

    • Unificando de xeito real os reinos hispánicos: intentando quitarlle os seus privilexios forais e impoñendo as mesmas leis e os mesmos impostos en todo o territorio da coroa

    • Formación dun exército permanente

    • Esta política de centralización do poder tivo unha forte oposición sobre todo pola presión que se exerceu sobre os reinos debido ás guerras en Europa ( máis impostos e homes para o exército ).Cataluña e Portugal rebeláronse en 1640. Pouco máis tarde tamén o fixeron Andalucía, Aragón, Navarra, Nápoles e Sicilia . As rebelións foron sofocadas, excepto a de Portugal, que conseguiu a independencia en 1668.

    • A POBOACIÓN. No S XVII houbo un descenso da poboación de entre un 15 e un 25% . A peste e a fame eran crónicas, con continuas crises de subsistencias: “malas colleitas – fame – enfermidades – morte”. Nunha España do S XVII que tiña arredor de 8 millóns de habitantes, chegou a haber ata 1,5 millóns de mortes debidas a episodios de fame e peste. Un exemplo claro foi a peste de 1647 que fixo perder 60.000 habitantes a Sevilla ( case a metade da súa poboación total ).A isto debemos sumarlle a expulsión dos moriscos en 1609 ( arredor de 300.000 ), a emigración a América ( uns 5.000 ao ano ) ou as guerras ( con Portugal A partir de 1640 ou a Guerra dos 30 anos entre 1618 e 1648 )

EVOLUCIÓN DA POBOACIÓN EN ESPAÑA NO S XVII

( MILLÓNS DE HABITANTES )

Fonte: isaacbuzo.com

Fonte: isaacbuzo.com

Posted on 28 de Maio de 2013, in 2º ESO, HISTORIA and tagged , . Bookmark the permalink. Deixar un comentario.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: